Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega, Filoloxía Latina
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Reflexionar sobre o papel da cultura clásica na historia da educación e no mundo actual.
Aprender a programar desde un punto de vista curricular a materia de Cultura Clásica
Coñecer os recursos e mecanismos ao dispor para profesores e alumnos de cara ao ensino e a aprendizaxe da materia.
Confeccionar un proxecto docente no ámbito da cultura clásica.
1. A Cultura Clásica no Ensino Secundario Obrigatorio.
1.1. Antecedentes
1.2. Lexislación vixente.
1.2. O Deseño Curricular Básico de Cultura Clásica: obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
2. Ensinar Cultura Clásica no século XXI: por que, para que?
2.1. A nosa visión do pasado, as diferentes visións do pasado.
2.2. Utilizacións e reutilizacións do antigo: da estética á política.
2.3. O papel do "mundo clásico" na educación de Occidente.
3. Recursos e materiais para o ensino da Cultura Clásica.
3.1.O carácter optativo da materia e o axeitamento da súa ensinanza á realidade particular de cada centro e dos seus alumnos.
3.2. O libro de texto. Textos e lecturas. O papel da lectura adaptada dun clásico.
3.3. Soportes audiovisuais: películas, series, óperas. Obradoiros didácticos.
3.4. Cultura Clásica e TIC.
4. O traballo por proxectos. Realización dun proxecto orixinal vencellado ao entorno.
Bibliografía básica:
Assmann, J., Das kulturelle Gedächtnis. Schrift, Erinnerung und politische Identität in frühen Hochkulturen, München 1999.
Beard, Mary and John Henderson, El mundo clásico. Una breve introducción, trad. española Alianza Editorial, Madrid 2016.
Brague, R., Europa, la vía romana, trad. española Madrid, 1995.
Curtius, E.R., Literatura Europea y Edad Media Latina, trad. española México-Madrid, 1981-84 (reimpresión).
Eliot, T.S., La unidad de la cultura europea: notas para la definición de la cultura, trad. española, Madrid 2003
Grafton, A., Most, G., Settis, S., The classical Tradition, Cambridge MAS, 2010.
Ordine, N., La utilidad de lo inútil. Manifiesto, Barcelona , Acantilado, 2014 (4ª reimpr).
Settis, S., El futuro de lo clásico, trad. española, Madrid 2006.
Signes Codoñer,J., Antón Martínez, B., Conde Parrado, P, González Manjarrés,M.A., Izquierdo, J.A. (eds.), Antiquae Lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Francesa, Madrid, 2005.
A bibliografía complementaria irase engadindo e especificando na Aula Virtual conforme se desenvolva o curso.
- manexo da bibliografía básica de utilidade para preparación de clases de secundaria.
- coñecemento de outro tipo de recursos on line nos que se difunde a experiencia adquirida por outros profesores.
- habilidade para elaborar materiais persoais aptos para o traballo dos alumnos de secundaria.
Alternancia de clases teóricas e prácticas. Nas clases teóricas exporanse os puntos fundamentais nos que se debe insistir para que os alumnos recapaciten sobre a importancia do legado clásico na cultura actual. Nas clases prácticas proporcionarase material de todo tipo: libros, xogos, material audiovisual e de soporte informático para que os alumnos poidan elaborar unidades didácticas relacionadas cos temas teóricos.
Esixirase a presentación por parte dos alumnos dun proxecto docente artellado arredor dun núcleo temático proposto polas profesoras. O proxecto será elaborado en grupo. O traballo será supervisado polas profesoras, que proporcionarán materiais bibliográficos, recursos informáticos e suxestións para encauzar a súa elaboración.
Empregarase a aula virtual para subir materiais de traballo.
Avaliación continua. Terase en conta tanto a asistencia e participación activa nas sesións expositivas e interactivas (40% da nota final), como o proxecto elaborado coa supervisión e seguimento das profesoras (60%).
O sistema de avaliación é o mesmo nas dúas oportunidades.
Os alumnos con exención de docencia presencial serán avaliados unicamente por un traballo final que será acordado co profesor a principio do cuatrimestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten 6 créditos ECTS, xa que logo 150 horas de traballo do estudante que se concretan en 21 horas de docencia nas aulas, das cales 9 serán de carácter expositivo e 12 de carácter interactivo. O resto das horas divídense entre as dedicadas a actividades non presenciais dirixidas polas profesoras (lectura de artigos específicos, prácticas con textos na casa), e as horas restantes, dedicadas ao estudo autónomo por parte do alumno.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19:
O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 (“normalidade adaptada”) descrito nas bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2021-2022 aprobada pola USC o 30 de abril de 2021.
Detállanse a continuación, as adaptacións que terán lugar no caso de se dar os Escenarios 2 e 3.
-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios)
-Toda a docencia posible será presencial. A que non, será telemática vía Teams
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía Teams).
-Escenario 3 (peche das instalación)
-A docencia e titorías serán virtuais vía Teams.
- Usarase a aula virtual para colgar os materiais necesarios e para a entrega de traballo mediante Tarefas.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Amado Rodriguez
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- mariateresa.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
23.05.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
06.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |