Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Consonte a memoria do Máster, os obxectivos específicos da materia son:
1. Valorar o significado das linguas na formación da cidadanía.
2. Analizar o papel que se lles asigna a estes saberes na educación secundaria.
3. Coñecer cal é a orientación que os actuais currículos da ESO e do Bacharelato lle conceden a estas materias.
4. Comprender cal é o traballo que, partindo da lexislación vixente, debe desenvolver a persoa docente para realizar o seu labor.
1. As linguas e as literaturas nas leis educativas. Historia e actualidade.
2. O currículo das materias de linguas e literaturas na Educación Secundaria e no Bacharelato.
3. A programación das materias de linguas e literaturas na Educación Secundaria e no Bacharelato.
4. Os libros de texto de lingua e literatura no ensino secundario e no Bacharelato. Historia e actualidade.
5. Criterios para a selección de materiais e recursos educativos en lingua e literatura. O tratamento integrado de linguas (TIL).
Bibliografía básica:
Textos legais:
Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. Boletín Oficial del Estado. Suplemento en galego. En https://www.boe.es/boe_gallego/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886-G…
Decreto 86/2015, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo de educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 29 de xuño do 2015. A parte dispositiva do decreto está entre as páxinas 25436 e 25490. Despois aparecen os anexos coas especificacións para cada materia. En https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioG0164-260615-….
Outros textos:
APRAIZ JAIO, M. V. / PÉREZ GÓMEZ, M. / RUÍZ PÉREZ, T. (2012): “La enseñanza integrada de las lenguas en la escuela plurilingüe”, en Revista Iberoamericana de Educación, 50 (2012), pp. 119-137. Tamén en https://rieoei.org/RIE/article/view/459.
BOMBINI, G. (2006), Reinventar la enseñanza de la lengua y la literatura, Bos Aires, Libros del Zorzal (Formación docente, 1).
CASSANY, D., M. LUNA e G. SANZ (2002), Enseñar lengua, Barcelona, Graò.
COSTA RICO, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo:Xerais.
DÍAZ, T., I. MAS e L. ZAS (Coords.) (2009), Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas, Santiago de Compostela, TresCtres (Nós-outros, ).
“La programación didáctica. Componentes y realización”, en https://www.logoss.net/file/104/download?token=6j7Z7Lcf.
LOMAS, C. (Comp.) (2002), El aprendizaje de la comunicación en las aulas, Barcelona, Paidós.
LOMAS, C. (2004), "Los libros de texto y las prácticas de la educación lingüística", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 36, pp. 15-32.
LÓPEZ HERNÁNDEZ, A. (2007): “Libros de texto y profesionalidad docente”, en Avances en Supervisión Educativa, 6. Consulta en https://avances.adide.org/index.php/ase/article/view/282/244
LUIS GÓMEZ, A. (1983): La geografía del bachillerato español (1836-1970): historia de una crisis. En https://repositorio.unican.es/xmlui/bitstream/handle/10902/1593/6de6.AL….
MARTÍNEZ BONAFÉ, J. (2002): Políticas del libro de texto escolar. Madrid: Morata.
RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, X. (Coord.) (2003): Materiales curriculares e diversidade sociocultural. Tórculo: Santiago.
Bibliografía complementaria.
CAMPS, A. e F. ZAYAS (Coords.) (2006), Secuencias didácticas para aprender gramática, Barcelona, Graò (Serie Didáctica de la lengua y de la literatura, 221).
CARBONELL, J. (2001): La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Madrid: Morata.
REQUEJO, J. (2003), "Por una didáctica de las habilidades orales en la educación secundaria obligatoria", Textos de didáctica de la lengua y la literatura, nº 32, 2003, pp. 69-87.
4.1. Competencias xerais
De tódalas sinaladas na memoria do Máster, aquelas que deben conseguir nesta materia son:
(CG1) Coñecer os contidos curriculares das materias da especialización.
(CG4) Buscar, obter, procesar e comunicar información, transformala en coñecemento e aplicala ós procesos de ensino e aprendizaxe.
(CG5) Contextualizar o currículo nun centro docente participando na súa planificación colectiva.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación.
(CG17) Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ó longo da vida profesional.
4.2. Competencias específicas
De tódalas sinaladas na memoria do Máster, aquelas que se deben conseguir nesta materia son:
(CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes.
(CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas disciplinas.
4.3. Competencias transversais
De tódalas sinaladas na memoria do Máster, aquelas que se deben conseguir nesta materia son:
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, vieiros alternativos e identificando erros na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contextos cooperativos e pluridisciplinarios.
Cunha presencialidade de 20 horas de clase, a dedicación será de 10 horas para sesións teórico-expositivas e 10 horas para clases de carácter interactivo. Nas sesións expositivas promoverase o contraste de perspectivas sobre os aspectos tratados e a valoración de diferentes metodoloxías de aprendizaxe. Nas sesións interactivas fixaranse os conceptos expresados nas clases expositivas e procederase á aplicación práctica das distintas metodoloxías por medio de traballos en equipo.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución.
Para obter esa información utilizaranse os seguintes instrumentos: a participación nas sesións de clase, as tarefas ou traballos que se encarguen e un traballo final individual. A ponderación de cada un na cualificación final será a seguinte:
- Seguimento e participación: 10%
- Traballos de aula: 40%
- Traballo final: 50%
SEGUNDA OPORTUNIDAD
Conservaranse as cualificacións obtidas nos apartados “participación” e “traballos de aula” da primeira oportunidade e realizarase un novo traballo final coa mesma ponderación.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
De haber algún alumno/a con dispensa de asistencia a clase en aplicación de normativa superior, a súa avaliación realizarase da seguinte maneira:
- Traballos de aula, que deberán realizar de xeito individual: 40%
- Traballo final: 60%
Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para concretar o plan de traballo correspondente. Nese plan, que deberá ser asinado por ambas as dúas partes, deberá constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
Este sistema de avaliación manterase en calquera dos escenarios previstos para o curso 2020-2021.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Segundo a Memoria do Mestrado, a materia ten asignados 3 créditos repartidos en 10 horas expositivas, 15 horas interactivas e 10 horas de titorías grupais.
As horas de traballo persoal requiridas son 85.
PLAN DE CONTINXENCIA para o curso 2020-2021:
ESCENARIO 2. A docencia teórica será telemática e síncrona a través da plataforma institucional Teams. O alumnado disporá na súa aula virtual institucional antes do desenvolvemento da sesión telemática do material escrito relativo ós temas que se tratarán. A conexión telemática farase o día e a hora establecida no horario oficial.
A docencia interactiva será presencial. No caso ter que rotar, o grupo ausente conectarase telematicamente a través de Teams coa aula presencial e despois, en salas independentes da plataforma para cada grupo, realizará a actividade correspondente.
ESCENARIO 3. A docencia teórica será telemática tal e como se indica para o escenario 2.
A docencia interactiva tamén será telemática e síncrona a través da plataforma institucional. Preténdese manter o traballo grupal en salas específicas de Teams.
O sistema de avaliación será o mesmo en calquera das circunstancias consideradas.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
CORREO ELECTRÓNICO:
É recomendable o emprego do correo institucional rai.usc.es.
PROTECCIÓN DE DATOS:
Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
USO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
María Do Carme Hermida Gulías
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881812002
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
22.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |