Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender o multilingüismo e a multiculturalidade como fenómenos propios do noso mundo
- Tomar conciencia da relación entre a distribución das linguas no mundo e os procesos sociopolíticos históricos.
- Tomar conciencia dos dereitos lingüísticos das persoas no marco dos DDHH
- Tomar conciencia da importancia das linguas no modo de interpretar as experiencias
- Tomar conciencia da influencia do contorno cultural na construción de expectativas na relación interpersonal que inciden na comunicación
- Coñecer os factores e estratexias que posibilitan unha comunicación intercultural eficaz
- Comprender a diferenza entre tipos de variedades lingüísticas
- Comprender os conceptos de ‘política lingüística’ e ‘planificación lingüística’
- Comprender os principais modelos de xestión lingüística en contextos multilingües.
1. Introdución á diversidade lingüística e cultural.
Panorama das linguas no mundo actual
Os conceptos de lingua, comunicación e cultura
Competencia lingüística vs. Competencia comunicativa
Relación entre linguaxe e cultura. Universais e variación no léxico e na interacción comunicativa
2. Comunicación intercultural
Factores que inflúen na comunicación intercultural eficaz
Diferenzas de cultura comunicativa e estereotipos etnolingüísticos
Estratexias de cortesía, distancia e indirección nas relacións interpersoais
A xestión da conversación.
Proxémica e xestualidade
3. Os dereitos lingüísticos das persoas
O concepto de ‘dereitos lingüísticos’ e o seu recoñecemento legal.
Dereitos lingüísticos e políticas educativas.
Tipoloxía xeral de lexislación lingüística
4. A xestión lingüística no mundo actual
A variación lingüística. Tipoloxía de variedades lingüísticas.
Política lingüística e planificación lingüística.
A planificación do corpus e a planificación do status
Algúns exemplos de contextos multilingües e xestión da diversidade.
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
BERNÁRDEZ, Enrique (2016): Viaje lingüístico por el mundo. Madrid: Alianza Editorial
BHATIA, TEJ K. E WILLIAM C. RITCHIE (eds.) (2013): The Handbook of Bilingualism and Multilingualism. Chichester: Blackwell.
BLOMMAERT, JAN (2010): The Sociolinguistic of Globalization. Cambridge: Cambridge University Press.
CALVET, LOUIS JEAN (1996): Les politiques linguistiques. Paris: Que sais je? Presses Universitaires de France.
COOPER, ROBERT L. (1997[1989]): La planificación lingüística y el cambio social. Cambridge: Cambridge University Press.
COOPLAND, NIKOLAS (2010): The Handbook of Language and Globalization. Chichester: Wiley Blackwell.
CRYSTAL, DAVID (2001): La muerte de las lenguas. Madrid: Cambridge University Press.
FASOLD, RALPH (1996[1984]): La sociolingüística de la sociedad. Introducción a la sociolingüística. Madrid: Visor libros.
FERNÁNDEZ VÍTORES, David (2010): La Europa multilingüe: problemas y perspectivas de una Unión ampliada. Madrid: Fundamentos.
GARCÍA MARCOS, FRANCISCO (2005): La divinidad políglota. Madrid: Octaedro.
GRUPO CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN, CARLOS (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
KONTRA, MIKLÓS, ROBERT PHILLIPSON, TOVE SKUTNABB-KANGAS E TIBOR VÁRADY (eds.) (1999): Language, a right and a resource : approaching linguistic human rights. Budapest: Central European University Press.
KOTTHOFF, HELGA & HELEN SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
KAPLAN, ROBERT B. E RICHARD B. BALDAUF (eds.) (2005): Language Planning and Policy in Europe. Clevedon: Multilingual Matters.
LUQUE DURÁN, JUAN DE DIOS (2004): Aspectos universales y particulares del léxico de las lenguas del mundo. Granada: Impredisur [versión en rede: http://elies.rediris.es/elies21/]
MARTI, FELIX ET ALIA. (2006): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria.
MAY, STEPHEN (2001): Language and Minority Rights: Ethnicity, Nationalism and the Politics of Language. Harlow: Longman.
MAY, STEPHEN E NANCY HORNBERGER (eds.) (2008): Language Policy and Political Issues in Education [Encyclopedia of Language Education]. Dordrecht: Springer.
MORENO CABRERA, JUAN CARLOS (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas: contra la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
RAGA GIMENO, FRANCISCO (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RICENTO, THOMAS (2006) (ed.): An Introduction to Language Policy: Theory and Method. Malden, MA: Blackwell Pub.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2015): The Routledge Handbook of language and culture, London/N. York: Routledge.
SIGUAN, MIQUEL (1996): La Europa de las lenguas. Madrid: Alianza editorial.
SIGUAN, MIQUEL (2001): Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza.
SCOLLON, RON, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SUE, WRIGHT (2004): Language Policy and Language Planning, from Nationalism to Globalization. Houndmills: Palgrave Macmillan
TOLLEFSON, JAMES W. (1996): Planning Language, Planning Inequality: Language Policy in the Community. Londres: Longman.
WIERZBICKA, ANNA (2003): Cross-cultural pragmatics: The semantics of human interaction. Berlin/N. York: Mouton de Gruyter.
Recursos:
- http://www.unesco.org/new/es/communication-and-information/access-to-kn…
- Centro de Lingüística Aplicada: http://www.cal.org/who-we-are
- LinguaPax: http://www.linguapax.org/es/
- World Atlas of Language Structures: http://wals.info
- http://www.ethnologue.com/
- http://guide.culturecrossing.net/about_this_guide.php
- https://www.hofstede-insights.com/product/compare-countries/
G2. Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
G3. Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes
G5. Adquisición de habilidades para fomentar e garantir o respecto aoss Dereitos Humáns e aos principios de accesibilidad universal, igualdade, non discriminación e aos valores democráticos da cultura da paz.
G7. Capacidade de comunicar conclusións e coñecementos e razóns últimas que as substentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
T1. Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
T2. Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
T4. Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva.
T5. Habilidade na comunicación escrita e oral.
T9. Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
E21. Capacidade de comprensión doutras culturas; recoñecemento da diversidade e o seu reflexo nos usos lingüísticos e literarios.
E25. Adquisición das competencias pragmáticas e discursivas necesarias para xestionar a comunicación intercultural
E26. Coñecemento das políticas de xestión da diversidade lingüística nas sociedades multiculturais
Nesta modalidade semipresencial o proceso de ensinanza e aprendizaxe desenvolverase a distancia e segundo as características da formación on-line. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docente e alumnado, realizarase a través do campus virtual da materia coa Plataforma Moodle. Nesta plataforma proporcionaráselle ao alumnado material de apoio e guía na súa adquisición dos contidos (presentacións en PowerPoint, referencias bibliográficas de lectura obrigada ou de lectura recomendada, documentos de interese, enlaces, vídeos, etc.), establecerase un calendario coas tarefas que debe realizar para a avaliación continua e abriranse foros para o debate e a resolución de dúbidas. Haberá unha sesión presencial á semana, que poderá seguirse na propia aula ou a través de streaming. Todos os recursos didácticos ou materiais que puidesen ser entregados na aula ao alumnado asistente na sesión presencial estarán accesibles no campus virtual.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e exame final complementario.
Os criterios de avaliación, coa súa correspondente ponderación, serán estes:
1. Tarefas e actividades prácticas programadas e entregadas a través da plataforma virtual no prazo establecido no calendario de tarefas: 30%
2. Breve traballo escrito a entregar no prazo establecido: 30%
3. Participación activa nas canles de comunicación establecidas (foros, mensaxería,…) e seguimento regular do curso: 10%
4. Exame de realización obrigatoria na data fixada pola Secretaría do centro: 30%
CALENDARIO DE ENTREGA DE TAREFAS (a través do campus virtual):
- Tema 1: Tarefa 1 (Documento escrito de 1000 palabras), antes do 10 de outubro. Tarefa 2 (Recensión de 1800 palabras), antes do 18 de outubro.
- Tema 2: Tarefa 1 (Análise práctica de 1000 palabras), antes do 8 de novembro. Foro para a participación aberto entre o 20 de outubro e 8 de novembro.
- Tema 3: Tarefa 1 (Reseña orixinal de PATTEN, ALAM E WILL KYMLICKA (2003): “Introduction: Language Rights and Political Theory”), antes do 22 de novembro. Tarefa 2 (Exercicio de reflexión crítica sobre o tratamento legal das linguas de España e as súas implicacións na concepción dos DDLL), antes do 6 de decembro.
- Tema 4: Tarefa 1 (Reseña orixinal dos capítulos 1, 2, 5 e 6 de COOPER, ROBERT L. (1998): La planificación lingüística y el cambio social), antes do 22 de decembro.
Breve traballo escrito (7000 palabras): entrega límite na data fixada para o exame final nas dúas oportunidades.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Os criterios de avaliación, coas súas correspondentes ponderacións, serán os mesmos da primeira oportunidade, cun exame de obrigada realización. Ofrecerase a posibilidade de volver entregar, ou facer por primeira vez, SÓ UNHA das tarefas e actividades prácticas programadas co obxectivo de poder mellorar a puntuación obtida respecto deste criterio na primeira oportunidade.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado que non superase a materia nas dúas oportunidades da convocatoria do curso no que se matriculou por primeira vez e que volva matricularse neste curso será avaliado nas dúas oportunidades segundo os seguintes criterios:
Breve traballo escrito a entregar no prazo establecido: 50%
Exame na data fixada pola Secretaría do centro: 50%
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Sesións presenciais: 13 horas (non obrigatorias)
Tempo dedicado ás lecturas e ao estudo persoal: 65 horas
Realización das tarefas e traballos programados: 50 horas
Actividades de aprendizaxe virtual e de participación en actividades da aula virtual: 21 horas
TOTAL: 150 HORAS
Na modalidade de docencia semipresencial será indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ao longo de todo o cuadrimestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados polos profesores, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización en prazo das tarefas programadas será o modo máis eficaz de acadar os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión semanal de carácter presencial será moi útil para clarexar os contidos máis complexos da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
En previsión das posibles continxencias sociosanitarias que se poidan producir ao longo do curso académico 2020-2021, seguindo instrucións reitorais contemplanse as seguintes modificacións para un cambio de escenario.
Escenario 2 (Distanciamento)
Ao ser unha materia semipresencial, a organización da actividade docente e os recursos online xa están adaptados a este escenario.
As sesións de clases presenciais impartiranse ou ben na aula e a través de streaming ou unicamente por streaming a través do MS Teams, en virtude da decisión que adopte o centro no seu momento.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades que requiran elaboración escrita serán entregadas a través da actividade tarefa do campus virtual.
O exame de realización obrigatoria será por vía telemática, a través dunha proba do campus virtual. En prevención de posibles fallos ou dificultades de acceso á rede, a proba estará accesible durante un período razoable, pero, unha vez aberta, os alumnos terán un tempo de entrega limitado, tal como sucede nun exame presencial.
Escenario 3 (Peche das instalacións)
A docencia desenvolverase online, de forma asíncrona, utilizando o campus virtual e síncrona, mediante Teams. No campus virtual poranse a disposición dos alumnos presentacións en power-point, gravacións de clases, resumos dos contidos temáticos e enlaces a recursos e artigos en pdf necesarios para preparar a materia. A clase presencial substituirase por unha clase online a través de Teams, impartida no horario que o centro lle asignou a esta materia.
Tanto as titorías coma o exame final serán telemáticos. Para as titorías poderase usar o correo electrónico, o foro do campus virtual ou videoconferencias con Teams. O exame realizarase a través dunha proba no campus virtual, seguindo o mesmo procedemento do escenario 2.
En todos os escenarios a bibliografía obrigatoria estará dispoñible para o alumnado a través do Campus Virtual.
NOTA: A detección de plaxio nos traballos académicos será penalizada segundo indica o art. 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e Revisión de Cualificacións.
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monserrat Recalde Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- montserrat.recalde [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 14 |
14.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
29.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |