Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Situar axeitadamente o estudo do compoñente fónico. Recoñecemento dos órganos e funcións concretas no aparato fonador. Descrición e familiarización coas unidades da análise fonética.
2. Coñecer e empregar os símbolos fonéticos do Alfabeto Fonético Internacional. Aplicar a transcrición fonética a textos do español nas súas diversas variedades.
3. Estudar e reflexionar sobre os conceptos básicos da fonética articulatoria e da fonética acústica. Descrición dos trazos segmentais e suprasegmentais articulatorios e acústicos dos sons do español.
4. Comprender as relacións e diferenzas entre os sons do español actual, así como entre grafemas e sons.
5. Describir e comprender a estrutura silábica e os fenómenos de coarticulación en español.
6. Asimilar uns principios de análise fonolóxica e coñecer os conceptos fundamentais da fonoloxía desde un punto de vista funcional.
7. Familiarizarse coas unidades fonolóxicas do español actual: Sistema e subsistemas fonolóxicos, unidades fonemáticas e variantes.
TEMA 1. Introdución ó estudo do compoñente fónico.
1.1. Presentación. O compoñente fónico. Fonética e fonoloxía.
1.2. Ramas da fonética. A análise fonética e as súas aplicacións.
1.3. A transcrición fonética.
TEMA 2. Fonética articulatoria.
2.1. O aparato fonador. Os trazos articulatorios. Clasificación articulatoria dos sons.
2.2. Os sons do español desde o punto de vista articulatorio.
2.3. Combinación de sons. A sílaba, o grupo acentual e o grupo fónico en español.
TEMA 3. Fonética acústica
3.1. O lugar do estudo acústico: obxecto de estudo e relación con outras ramas da fonética.
3.2. A onda sonora. A representación gráfica do son. A fonación. Os trazos acústicos.
3.3. Propiedades dos sons do español desde o punto de vista acústico.
3.4. A análise do acento e a entonación do español.
TEMA 4. Fonoloxía do español
4.1. Conceptos fundamentais do estudo fonolóxico. As oposicións fonolóxicas. Conmutación e segmentación. Unidades fonolóxicas segmentais mínimas e alófonos.
4.2. Oposición e contraste. Trazos fonolóxicos inherentes e suprasegmentais. Trazos pertinentes e trazos redundantes.
4.3. Funcionalidade e neutralizabilidade de oposicións fonolóxicas. O fonema e o arquifonema.
4.4. O sistema fonolóxico do español.
LECTURAS OBLIGATORIAS
Gil, Juana: “Fonética”, en Gutiérrez-Rexach, Javier (ed.): Enciclopedia de Lingüística Hispánica, London/New York, Routledge, 2016, págs. 64-80.
Martínez-Gil, Fernando: “Fonema I: Contraste y materia fónica” y “Fonema II: Análisis fonémico y morfofonémico”, en Gutiérrez-Rexach, Javier (ed.), págs. 595-619.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Alarcos Llorach, Emilio: Fonología Española, Gredos, Madrid, 1971.
Borrego Nieto, Julio y José Jesús Gómez Asencio: Prácticas de Fonética y Fonología, Salamanca, Universidad de Salamanca, 1989.
Clegg, J. Halvor y Willis C. Fallis: Manual de fonética y fonología españolas, London/New York, Routledge, 2018.
Crystal, David: Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994 (traducción y adaptación de Juan Carlos Moreno Cabrera de la 1ª ed., 1987). Parte IV.
Fernández Planas, Ana M.ª: Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española, Barcelona, Horsori, 2005.
Gil Fernández, Juana: Los sonidos del lenguaje, Madrid, Síntesis, 1988.
Hidalgo Navarro, Antonio y Mercedes Quilis Merín: La voz del lenguaje: Fonética y Fonología del español, Valencia, Tirant lo Blanch, 2012.
Martínez Celdrán, Eugenio: El sonido en la comunicación humana. Introducción a la fonética, Barcelona, Octaedro, 2003 (2.ª ed. revisada, 1.ª ed. 1996).
Martínez Celdrán, Eugenio y Ana M.ª Fernández Planas: Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español, Barcelona, Ariel, 2007.
Navarro Tomás, Tomás: Manual de pronunciación española, Madrid, CSIC, 1985 (22.ª ed., 1.ª ed. 1918).
Navarro Tomás, Tomás: Manual de entonación española, New York, Hispanic Institute in the United States, 1944. Manual de entonación española, Madrid, Guadarrama, 1974.
Quilis, Antonio: El comentario fonológico y fonético de textos, Madrid, Arco/Libros, 1988.
Quilis, Antonio: Principios de fonología y fonética españolas, Madrid, Arco/Libros, 1997.
RAE y ASALE: Nueva gramática de la lengua española. Fonética y Fonología, Madrid, Espasa, 2011.
Veiga, Alexandre: “El funcionamiento de las oposiciones fonológicas”, Moenia 11, 2005. Apartados 0 a 6, págs. 81-103.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Canellada, M.ª Josefa y John Kuhlmann Madsen: Pronunciación del español, Madrid, Castalia, 1987.
Gil Fernández, Juana: Panorama de la fonología española actual, Madrid, Arco/Libros, 2000.
Gil Fernández, Juana: Fonética para profesores de español: de la teoría a la práctica, Madrid, Arco/Libros, 2007.
Hidalgo Navarro, Antonio: Aspectos de la entonación española, Madrid, Arco/Libros, 2006.
Hualde, José Ignacio (et al.): “Los sonidos de la lengua: fonética y fonología”, en José Ignacio Hualde, Antxon Olarrea y Anna María escobar (eds.): Introducción a la Lingüística hispánica, Cambridge, Cambridge University Press, 2010 (2.ª ed., 1.ª ed. 2001), págs. 45-122.
Malmberg, Bertil: La fonética, Buenos Aires, EUDEBA, 1986.
Martínez Celdrán, Eugenio: Fonética (con especial referencia a la lengua castellana), Barcelona, Teide, 1984.
Martínez Celdrán, Eugenio: Fonología general y española. Fonología funcional, Barcelona, Teide, 1989.
Martínez Celdrán, Eugenio: Análisis espectrográfico de los sonidos del habla, Barcelona, Ariel, 1998.
Veiga, Alexandre: El subsistema vocálico español, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
Veiga, Alexandre: Estudios de fonología funcional, A Coruña, Toxosouto, 2002.
Veiga, Alexandre: El componente fónico de la lengua, Lugo, Axac, 2009.
1. BÁSICAS E XERAIS DO GLLE
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
2. ESPECÍFICAS DO GLLE
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
3. ESPECÍFICAS DA MATERIA
CEM1. Capacidade para o estudo dos sons de calquera lingua a partir dun coñecemento sólido das realizacións fónicas do español.
CEM2. Identificación dos principais métodos de caracterización acústica e capacidade para interpretar os seus resultados.
CEM3. Adquisición e comprensión das liñas teóricas que sustentaron a fonoloxía clásica e as do estruturalismo continental, e con iso habilidade para a análise estrutural doutros compoñentes da lingua (como o lexicolóxico).
CEM4. Manexo da bibliografía sobre fonética e fonoloxía xerais e do español.
CEM5. Utilización das TIC aplicadas á descrición e investigación en fonética.
Nas sesións expositivas presentaranse os puntos máis relevantes de cada tema con material didáctico e de apoio, o que non excluirá a formulación de preguntas para a discusión, tomando como referencia as lecturas ou exercicios propostos, para os que se espera unha actitude dos alumnos participativa, ao tempo que se insiste na importancia dun seguimento regular da materia en calquera dos escenarios posibles. Pola contra, as sesións interactivas incluirán varios exercicios relacionados cos temas explicados, exercicios que se realizarán, xa sexa durante a sesión en cuestión, ou un traballo máis elaborado fóra do tempo de clase (en grupo ou individualmente).
O ensino será presencial, semipresencial ou completamente en remoto, dependendo dos tres escenarios posibles (1, 2 e 3), segundo as condicións sanitarias. As titorías realizaranse sempre logo de solicitude de cita e serán presenciais ou virtuais en relación coas condicións sanitarias: unha vez solicitada a cita, a profesora dará as instrucións pertinentes para que a titoría teña lugar. No ensino desta materia utilizarase a aula virtual en calquera dos tres escenarios. Materiais, actividades e, sobre todo, indicacións sobre o seguimento da docencia recolleranse na aula virtual no caso de que sexa necesario pasar do escenario 1 ao 2 ou 3. Por iso é moi importante que todos o alumnado comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual da materia.
O uso do campus virtual aumentará, loxicamente, de pasarmos aos escenarios 2 e 3. O desenvolvemento do ensino será telemático, xa sexa de xeito sincrónico (no mesmo horario que a docencia presencial), ou asíncrono (preferentemente para as diferentes actividades propostas). Nestes casos, está previsto o uso da plataforma Teams ademais da aula virtual. É tamén moi importante, polo tanto, que o alumnado se una aos equipos creados para a materia, coa máxima dilixencia posible.
En calquera dos tres escenarios, a comunicación por medios remotos realizarase a través de correo electrónico institucional, mensaxería de Campus Virtual ou, especialmente nos escenarios 2 e 3, chat de Microsoft Teams.
O profesorado garante a accesibilidade aos materiais que forman a base para o estudo da materia: presentacións, bibliografía básica e materiais multimedia. Todos os materiais estarán dispoñibles gradualmente na aula virtual, sempre cumprindo a normativa en materia de propiedade intelectual e protección de datos.
Detalle da metodoloxía segundo cada escenario
Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia será presencial (3 horas semanais), combinada co seguimento da materia a través da aula virtual, do traballo autónomo (lecturas e actividades). É moi importante que cada estudante comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual da materia.
Situación prevista para o escenario 2 - distanciamento
A docencia expositiva realizarase de xeito virtual con mecanismos síncronos e asíncronos, distribuídos nun 50% (sesión sincrónica de 50 minutos semanais). A docencia interactiva será presencial. É moi importante que cada estudante comprobe canto antes que ten acceso á aula virtual da materia e que revise regularmente as mensaxes electrónicas que se envían ao seu enderezo institucional da USC. Para o desenvolvemento das sesións sincrónicas de exposición, é moi importante que o alumnado se una aos equipos creados para este propósito.
Situación prevista para o escenario 3: peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva realizaranse de xeito virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos, distribuídos nun 50% para a parte expositiva (unha sesión sincrónica de 50 minutos por semana) e cun control remoto asíncrono do 100% da parte interactiva. É moi importante facer o seguimento semanal a través da aula virtual, participando activamente nos foros e nas actividades propostas.
Calendario orientativo
Semana 1: Presentación, Tema 1
Semanas 2-3: Tema 1
Semanas 4-6: Tema 2
Semanas 7-11: Tema 3
Semanas 12-15: Tema 4
1. Sistema de avaliación na primeira oportunidade. Os estudantes poderán escoller entre dous procedementos:
a. Primeiro procedemento.
A avaliación será continua e terá en conta a resolución dunha serie de actividades e exercicios e unha proba final complementaria. Os exercicios serán probas prácticas que representarán o 40% da nota da materia (10% para cada TEMA). O 60% corresponderá á proba final. No escenario 1, esta modalidade implica asistencia a clase obrigatoria, polo que só se poderá escoller cunha asistencia mínima do 80 %. En cada tema farase unha actividade, exercicio ou proba de tipo práctico (probas presenciais, cuestionarios ou tarefas na aula virtual) segundo o escenario no que nos atopemos, que pode, por outra parte, variar ao longo do curso.
b. Segundo procedemento.
A avaliación realizarase mediante un exame final (o 100 % da nota), que terá lugar na mesma data e no mesmo lugar que o exame do primeiro procedemento.
2. Sistema de avaliación na segunda oportunidade.
Consistirá en facer un exame final.
3. Para os estudantes que obteñan a exención de asistencia á clase e acrediten debidamente, a avaliación limítase ao exame final, que será do 100% da nota e realizarase nas datas oficiais fixadas pola facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
En calquera escenario, cómpre salientar que nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no "Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
O traballo autónomo repartirase entre as seguintes actividades (indícase o tempo de dedicación máximo):
• Estudo, lecturas e actividades programadas nas clases expositivas (39 h)
• Realización de exercicios e traballos avaliables / incorporables á web da materia (32,5 h)
• Preparación das titorías (4,5 h)
• Preparación do exame (26 h)
Total horas presenciais: 48
Total horas non presenciais: 102
Trátase dunha asignatura cun alto compoñente práctico, polo que é absolutamente imprescindible o traballo continuado co fin de adquirir a necesaria destreza na aplicación dos coñecementos á resolución de problemas concretos relacionados coa produción do son articulado, coa análise do produto acústico e coa organización do sistema fonolóxico do español. Recoméndase levar a lectura e a materia ao día.
Un requisito previo para cursar esta materia é o dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos recoméndase, como mínimo, nivel de español B2).
Na actual situación de incerteza sobre como terá que desenvolverse a docencia, é preciso insistir na necesidade de asegurar que se pode acceder á aula virtual da materia, así como de atender con regularidade ás comunicacións da profesora a través do correo institucional, a mensaxería da aula virtual, os foros ou a ferramenta Microsoft Teams.
PLAN DE CONTINXENCIA
Como se indica con máis detalle nos apartados correspondentes, no caso de que se precise un período académico de docencia semipresencial (escenario 2) ou que todas as actividades académicas se suspendan debido á crise COVID-19 (escenario 3), as actividades de ensino continuarán realizándose de xeito semipresencial, combinando ambas as posibilidades (presencial e en liña) segundo a situación sanitaria, ou só en liña. Nestes casos, aumentará o uso da aula virtual (Moodle), así como doutras plataformas de comunicación institucional e ensino virtual (Microsoft Teams e correo electrónico institucional). Estas ferramentas utilizaranse tamén como medio de comunicación e atención (titorías) entre profesorado e estudantes. Non se prevén modificacións no contido, planificación, avaliación ou bibliografía, pero se fose necesario, sempre serían reducións ou simplificacións que se lles comunicarían aos estudantes co tempo necesario. De ser necesario, no escenario 3, a proba final realizaráse a través da aula virtual.
Inmaculada Mas Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811768
- Correo electrónico
- inmaculada.mas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Castelán | D10 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Castelán | D08 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Castelán | D08 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C07 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C08 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C08 |
19.01.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C08 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C07 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |
14.06.2022 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |