Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Como competencias específicas, canto a coñecementos, o alumnado deberá caracterizar o proceso de produción da voz, así como identificar e diferenciar os segmentos fónicos e elementos suprasegmentais do español; deberá coñecer as normas ortográficas, os mecanismos de composición de textos e as fontes de consulta sobre aspectos descritivos e normativos de fonética, gramática e léxico do español. Canto a habelencias, o alumnado deberá adquirir unha expresión correcta e fluída en varios rexistros e estilos informativos. Por último, canto a actitudes, o alumnado deberá saber avaliar e analizar textos informativos, tanto orais coma escritos, desde unha perspectiva crítica.
Esta é unha materia básica de 6 créditos que se cursa no segundo nivel do grao (ECTS Semestral 3).
Estudo da lingua española e os seus estándares, con especial énfase no seu uso na produción da información xornalística e audiovisual, tanto na súa forma falada coma escrita. Análise da terminoloxía para a expresión das ideas e contidos. Estudo da lingua nas prácticas, contextos e técnicas xornalísticas e do audiovisual
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Léxico e dicionarios de español
1.1 Revisión de nocións de léxico
1.2 Cuestións normativas relativas ao léxico
1.3 A información léxica nos dicionarios monolingües
1.4 Tipos de dicionarios e a súa explotación
1.5 Os préstamos
TEMA 2. Expresión oral en español
2.1 Proceso de produción da voz
2.2 Os sons do español
2.3 Combinación de sons e estrutura da sílaba en español
2.4 Acento e entoación en español
2.5 A pronunciación do español e os seus estándares
TEMA 3. Expresión escrita en español. Ortografía e puntuación
3.1 Ortografía da letra. Transgresións ortográficas
3.2 Ortografía da palabra
3.3 Ortografía e ortotipografía
3.4 A puntuación en español
TEMA 4. Expresión escrita en español. A composición do texto
4.1 Proceso de composición do texto
4.2 Adecuación, cohesión, coherencia
4.3 Da oración ao parágrafo
4.4 Técnicas de escritura. Listaxe de comprobación
CONTIDOS PRÁCTICOS
Tema 1: Exercicios con léxico xornalístico, formación de palabras, préstamos e anglicismos innecesarios. Análise e explotación de dicionarios.
Tema 2: Exercicios de produción oral, con énfase nos vulgarismos e coloquialismos frecuentes do español, nos grupos consonánticos cultos, no acento e a entoación en español. Deseño e preparación por grupos dun debate radiofónico, con gravación no estudo de radio e análise e avaliación do resultado. Breve exposición oral individual opcional.
Tema 3: Exercicios de revisión de dificultades ortográficas do español (nomeadamente combinacións de vogais tautosilábicas, o acento ortográfico e a escritura dos prefixos) e exercicios de puntuación.
Tema 4: Desenvolvemento e práctica de diversas técnicas de escritura. Elaboración dunha listaxe de comprobación individualizada.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Lecturas
Tema 1: García Platero, J. M. (2006). El léxico de los medios de comunicación. E-Excellence (Liceus)
Tema 2: Briz, A. (Coord.) (2008). Saber hablar (pp. 107-130). Aguilar.
Tema 3: Fundéu BBVA (2016). Novedades de la Ortografía de la lengua española (2010). Fundéu BBVA
Dicionarios de lingua
Academia, Real __ Española (2014). Diccionario de la lengua española. Espasa-Calpe. Actualización 2021: https://dle.rae.es
Alvar Ezquerra, M. (coord.) (1995). Diccionario ideológico de la lengua española. Biblograf.
Bosque, I. (2004). Redes: diccionario combinatorio del español contemporáneo. SM.
Bosque, I. (2006). Diccionario combinatorio práctico del español contemporáneo: las palabras en su contexto. SM.
Moliner, M. (1998). Diccionario de uso del español. 2 vols. Gredos.
Seco, M., Andrés, O. & Ramos, G. (1999). Diccionario del español actual. Aguilar.
Seco, M. (2004). Diccionario fraseológico documentado del español actual: locuciones y modismos españoles. Aguilar.
Dicionarios de dúbidas
Academia, Real __ Española (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Santillana.
Martínez de Sousa, J. (2008). Diccionario de usos y dudas del español actual. 4.ª ed. corr. e aum. Trea.
Seco, M. (2011). Nuevo diccionario de dudas y dificultades de la lengua española. Espasa.
Manuais de español correcto
Academia, Real __ Española (2013). El buen uso del español. Espasa.
Garrido, J. (2009). Manual de lengua española. Castalia.
Gómez Torrego, L. (1995). El léxico en el español actual: uso y norma. Arco Libros.
Gómez Torrego, L. (2011). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual.2 vols. 4ª edición actualizada. Arco Libros.
Gramáticas
Academia, Real ___ Española (2011). Nueva gramática básica de la lengua española. Espasa.
Academia, Real ___ Española (2010). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Espasa.
Gómez Torrego, L. (1998). Gramática didáctica del español. SM.
Libros de exercicios
Alcoba, S. (1998). Léxico periodístico español. 2ª edición. Ariel.
Gómez Torrego, L. (1996). Ejercicios de gramática normativa. Arco Libros.
Rodríguez Espiñeira, M. J. & López Meirama, B. (1998). Ejercicios de análisis sintáctico. Universidade de Santiago de Compostela.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Academia, Real __ Española (2010). (Ponente S. Gutiérrez Ordóñez) Ortografía española. Espasa.
Hidalgo Navarro, A. (2006). Aspectos de la entonación española: viejos y nuevos enfoques. Arco Libros.
Mancera Rueda, A. (2011). ¿Cómo se «habla» en los cibermedios?: el español coloquial en el periodismo digital. Peter Lang.
Yus, F. (2010). Ciberpragmática 2.0: Nuevos usos del lenguaje en Internet. Ariel.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habelencias de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1- Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE1 - Técnicas de expresión oral nos medios de comunicación audiovisuais, incluíndo técnicas de locución e redacción para os medios non escritos
CE2 - Correcto emprego da lingua española
A impartición da materia levarase a cabo a partir dos desenvolvementos teórico-descritivos que sobre cada aspecto tratado realizará cada semana a profesora nas sesións expositivas, que tenrán carácter en xeral de lecións maxistrais. O material teórico estará previamente a disposición do alumnado, que terá que consultalo con anterioridade ás explicacións. O explicado nestas clases será, xunto a, en determinados casos, bibliografía proposta, a base inicial de coñecemento. Os conceptos explicados aplicaranse nas sesións prácticas semanais, por medio de estudos de casos e exercicios orientados fundamentalmente a que o alumnado poda comprobar a pertinencia e o alcance descritivo dos conceptos introducidos. Os exercicios, ben serán propostos e realizados en clase, ben propostos en sesións prácticas ou expositivas previas, e corrixidos despois en clase. A aprendizaxe orientada a proxectos será a referencia para prácticas de campo (charlas e/ou visitas a centros), a partir das que se desenvolverán tamén traballos prácticos en agrupamento por parellas ou pequenos grupos, que serán tidos en conta na avaliación. Haberá unha aula virtual operativa con foros e actividades programadas para cada tema.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación terá en conta os resultados de comentario ensaístico de textos (50%) e un exame final na data prevista pola Facultade (50%), sendo a participación nas dúas probas obrigatoria.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Utilizarase o mesmo criterio que na 1.ª oportunidade (comentário ensaístico de textos, 50%, e exame escrito teórico-práctico cun peso do 50%).
• No caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas
• Clases interactivas (traballos con textos e exercicios varios): 15 horas
• Exame final: 3 horas
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
• Lecturas recomendadas: 25 horas
• Preparación de presentacións orais, debates etc.: 5 horas
• Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio etc.) Planificación e execución da práctica: 12 horas
Inmaculada Mas Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811768
- Correo electrónico
- inmaculada.mas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Carmen Sampedro Mella
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Seminario 2 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Seminario 2 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Seminario 1 | Castelán | Aula 2 |
10:00-11:00 | Seminario 1 | Castelán | Aula 2 |
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 2 |
20.12.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
12.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |