Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo é proporcionar ao alumno os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan:
a) A correcta interpretación das linguas funcionais non adscritas á etapa actual do español.
b) A adquisición de técnicas de estruturación, organización e desenvolvemento do comentario filolóxico.
c) A identificación da interface gramática-discurso e a subseguinte distinción entre fenómenos gramaticais e pragmáticos.
d) A posta en práctica dos coñecementos adquiridos sobre a base dos textos medievais e clásicos.
Primeira sección. Sesións expositivas
1. Fenómenos sintácticos na historia do español
1.1. O verbo: as formas verbais románicas
1.2. A cláusula: os seus constituintes funcionais
2. Fenómenos discursivos na historia do español
2.1. Os adverbios locativos anafóricos
2.2. Os pronomes átonos de 3.ª persoa
2.3. Os enunciados impersoais
2.4. A tematización de constituintes clausais
2.5. A polaridade negativa
2.6. Os valores sintácticos e pragmáticos das conxuncións
Segunda sección. Sesións interactivas
3. O comentario filolóxico: cuestións teóricas
3.1. Cuestións fonéticas, fonolóxicas, morfolóxicas e sintácticas
3.2. Entre a oración e o enunciado
3.3. Organización do comentario filolóxico: disposición, estruturación e conclusións
4. A práctica do comentario filolóxico
4.1. O castelán medieval
4.1.1. Textos da época de Gonzalo de Berceo
4.1.2. Textos da época de Afonso X o Sabio
4.1.3. Textos do século XIV
4.2. O español preclásico: textos do século XV
4.3. O español clásico: textos dos séculos XVI e XVII
A) Obras xerais.
Cano Aguilar, R., El español a través de los tiempos, Madrid, Arco/Libros, 1988.
-----, "Pragmática lingüística e historia de la lengua", Cauce, 18-19, 1995-96, 703-719.
----- (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, Ariel, 2004.
Lapesa, R., Historia de la lengua española, Madrid, Gredos, 1981.
Rivas, E. & M.ª J. Rodríguez Espiñeira, La cláusula en castellano medieval: constituyentes funcionales, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
Torrens Álvarez, M. J., Evolución e historia de la lengua española, Madrid, Arco/Libros, 2007.
B) Dicionarios do castelán medieval.
Gutiérrez Tuñón, M., Diccionario de castellano antiguo, Cuenca, Alfonsípolis, 2002.
Herrera, M.ª T. (dir.), Diccionario español de textos médicos antiguos, Madrid, Arco/Libros, 2 vols., 1996.
Kasten, L. A. & F. J. Cody, Tentative Dictionary of Medieval Spanish, 2.ª ed. muy ampliada, Nueva York, Hispanic Seminary of Medieval Studies, 2001.
Menéndez Pidal, R., "Cantar de Mio Cid". Texto, gramática y vocabulario, Madrid, Espasa-Calpe, 3 vols., 1944-46.
C) Recompilacións de textos.
González Ollé, F., Lengua y literatura españolas medievales (Textos y glosario), Madrid, Arco/Libros, 1993.
Menéndez Pidal, R., Crestomatía del español medieval, Madrid, Seminario Menéndez Pidal/Gredos, 2 vols., 1971-76.
Real Academia Española, Corpus diacrónico del español (CORDE), accesíble en http://corpus.rae.es/cordenet.html.
D) Modelos de comentario filolóxico.
Ariza, M., El comentario filológico de textos, Madrid, Arco/Libros, 1998.
----- et al., Comentario lingüístico y literario de textos españoles, Madrid, Alhambra, 1981.
Cano Aguilar, R., Análisis filológico de textos, Madrid, Taurus, 1991; reed. co título Introducción al análisis filológico, Madrid, Castalia, 2000.
-----, Comentario filológico de textos medievales no literarios, Madrid, Arco/Libros, 1998.
Folgar, C., "Toledo, ciudad productora y receptora de cultura: notas lingüísticas sobre La fazienda de ultramar", en C. Baliñas Pérez & G. F. Fernández Suárez (eds.), Sub Urbem. Historia, sociedade e cultura da cidade, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2012, 125-140.
Girón Alconchel, J. L., Comentario de textos de clerecía: Alexandre y Apolonio, Madrid, Arco/Libros, 2002.
Marcos Marín, F., El comentario lingüístico. Metodología y práctica, Madrid, Cátedra, 1977.
Montero Cartelle, E., "Comentario filológico de un texto de la Estoria de España", en I. Carrasco & G. Fernández Ariza (eds.), El comentario de textos, Málaga, Universidad de Málaga, 1998, 15-35.
Sánchez-Prieto Borja, P. (coord.), Textos para la historia del español, Alcalá de Henares, Universidad de Alcalá, vols. 1 e 2, 1991-95.
Urrutia Cárdenas, H. et al., Comentario filológico-lingüístico de textos castellanos, Bilbao, Universidad de Deusto, 1995.
Competencias básicas:
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
Competencias xerais:
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso,
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
Competencias específicas:
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
Competencias específicas da materia:
Ao fin da impartición desta materia o estudante deberá estar preparado para:
a) A leitura comprensiva de textos -especialmente os redactados en prosa, non necesariamente literaria- pertencentes ás etapas medieval e clásica da lingua española.
b) A realización dun comentario filolóxico dun texto, que atenda, polo menos, ás características ortográficas, fonéticas, gramaticais e discursivas do texto, e que permita establecer, aínda que sexa de maneira aproximada, a súa datación.
c) O manexo de bibliografía complementar que lle poida ser útil para a análise filolóxica dos textos.
Para o curso 2022-23 esta materia non será impartida na Facultade de Humanidades. Mantéñense as datas de exames para os alumnos que non a aprobasen en convocatorias anteriores.
Exame global (100 % da cualificación) na(s) data(s) prevista(s) pola dirección do centro para as dúas oportunidades.
Alejandro S Veiga Rodriguez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 982824755
- Correo electrónico
- a.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
20.05.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 11 |
24.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 11 |