Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O propósito deste curso é propoñer unha serie de antecedentes ás cuestións de sostenibilidade, conservación, e os límites do materialismo para a humanidade na era do antropoceno. O curso sigue o entramado crítico proposto por autores como Jeremy Cohen, quen estableceu un diálogo entre literaturas premodernas e teoría crítica contemporánea reflexionando sobre a necesidade ética de pensar en términos de axencia non humana. Neste senso, o curso discute as Historias Naturais, como xénero que propón unha descrición, definición e taxonomía de prantas e animais en última instancia para facilitar a súa utilización e consumo polo ser humano. Esta función utilitaria e extractivista é evidente no ámbito das relaciones de colonialidade e é por isto que o curso toma como marco de referencia a experiencia en América Latina propoñendo un vínculo entre obras como el Sumario de la Natural Historia de las Indias, de Fernández de Oviedo e accións concretas levadas a cabo hoxe en día, ás veces dende o ámbito da defensa dos recursos como a loita polos dereitos da auga, e ás veces dende o ámbito do sensorial e estético, como é o caso da alta gastronomía e a tendencia de recoñecidos chef’s latinoamericanos a iniciar proceso de búsquedas de novas especies. Como se definen os recursos naturais? Que impacto ten o saber tradicional sobre as novas estratexias de consumo? Como afectan os procesos de clasificación de especies ao seu consumo? Que tipo de relación de poder se establece entre o home e o recurso? Como pode esa relación de poder dotar de axencia a seres vivos inanimados? Estas son algunhas de las preguntas que o curso presenta e tenta resolver.
1. Historias Naturais en procesos coloniais. Coñecer é usar.
2. Vexetal, animal ou cosa. Taxonomías e axencia do non humano.
3. Ética da conservación. Dereitos sobre os recursos
4. Estéticas da conservacion. Novas taxonomías.
5. Cheira que alimenta. Historias naturais e fenomenoloxía dos sensos.
*O seguinte é unha aproximación bibliográfica baseada nunha investigación en curso, non é exhaustiva e debe entenderse como un intento de definir o campo en que se vai integrar este curso entre a Historia da Ciencia, a Teoría Crítica do humano e o non humano e a Ecopoética no contexto hispano.
Fontes primarias
Acosta, José de. Historia natural y moral de las Indias: en que se tratan las cosas notables del cielo y elementos, plantas, y animals dellas y los rito, y ceremonia, leyes y gobierno, y guerras de los indios. Sevilla:Juan de León, 1590
Atala, Alex. Com Unhas, Dentes & Cuca. Editora Senac, 2008
Aridjis, Homero. Selección poética
Beli, Gioconda. Waslala: Memorial del futuro
Darwin, Charles. What Mr. Darwin saw in his voyage round the world in the ship "Beagle"1880 http://darwin-online.org.uk/biography.html
Dioscórides / Pseudo Dioscórides (1998). Plantas y remedios medicinales. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos
Fernández de Oviedo, Gonzalo. Historia general y natural de las Indias, islas y Tierra Firme del mar Océano. Sevilla: Juan Cromberger, 1535.
Inca Garcilaso de la Vega: Primera parte de los Comentarios Reales. Lisboa, 1609. (Selección)
Martinez, Virgilio. Mater Iniciativa https://materiniciativa.com/nosotros/
Plinio Segundo, Cayo. Historia Natural. (selección Libro III, IV, XII, XIX, XX, XXIII
Linnaeus’ Philosophia botanica. trans. Stephen Freer. Oxford: Oxford University Press (2003) [1751 Stockholm].
Quer, José. Flora Española, ó Histoira de las plantas que se crían en España
Lagasca, Mariano. Testamento del botánico Don Mariano Lagasca. (anotado)
Riechmann, Jorge.(Selección poética)
Sapúlveda, Luís. Selección.
Vicuña, Cecilia (Selección poética)
Fontes secundarias
Acosta-Echeverría, M. & Guerra, J. 2007. Plantae, plantas y vegetales: Ciencia, lingüística y diccionarios. Anales de Biología 29: 111-113.
Alaimo, Stacy. Bodily Natures: Science, Environment, and the Material Self. Indiana UP, 2010
Arber, A. 1987. Herbals. Their Origin and Evolution. A Chapter in the History of Botany 1470-1670. Cambridge University Press
Bennet, Jane. Vibrant Matter: A Political Ecology of Things. Duke UP 2010
Colmeiro, Miguel, "La botánica y los botánicos de la Península Hispano-Lusitana : estudios bibliográficos y biográficos", Madrid, imprenta y Estereotípa de M. Rivadeneyra, 1858 Rivadeneyra
Heise, Ursula. Sense of Place and Sense of Planet: The Environmental Imagination of the Global. Oxford UP, 2008
Huff, Toby (2003). The Rise of Early Modern Science: Islam, China, and the West. Cambridge University Press
Latour, Bruno. We Have Never Been Modern. Harvard up, 1993
Merchant, Carolyn. The Dearh of Nature: Women, Ecology and the Scientific Revolution. Harper Collins, 1990
Morton, Timoty. Ecology without Nature: Rethinking Environmental Aesthetics. Harvard UP, 2009
Nixon, Rob. Slow Violence and the Environmentalism of the Poor. Harvard UP. 2013
Ogilvie, B.W. 2003. «The Many Books of Nature: Renaissance Naturalists and Information Overload». Journal of the History of Ideas, Vol. 64, No. 1 pp. 29-40
Ogilvie, Brian W. The Science of Describing: Natural History in Renaissance Europe. Chicago: University of Chicago Press, 2006.
Ghosh, Amitav. The Great Derangement: Climate Change and the Unthinkable. Chicago UP, 2016.
Solnit, Rebecca. Savage Dreams: A Journey into the Hidden Wars of the American West. UCP, 2014.
Wall Kimmerer, Robin. Braiding Sweetgrass: Indigenous Wisdom, Scientific Knowledge and the Teachings of Plants. Milkweed Books, 2014.
Williams, Raymond. The Country and the City. Oxford UP, 1975.
Competencias xerais:
- CG1: Poseer, comprender e saber aplicar os coñecementos que achegan oportunidade de ser originais no desenvolvemento e a aplicación de ideas, nun contexto de investigación.
- CG2: Que o estudantada saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo, a literatura universal.
- CG3: Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
- CG4: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que os sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
- CG5: Que os estudantes posúan as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais:
- CT1: Que o estudantado teña unha una visión actualizada dos sistemas teóricos e metodolóxicos no campo dos Estudos Literarios e culturais.
- CT2: Que o estudantado poida profundizar nos coñecementos xa adquiridos, enriqueciéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.
- CT3: Que o estudantado saiba manexar as ferramentas metodolóxicas e técnicas para conseguir postos en distintas institucións nacionais e internacionais nos grandes grupos de comunicación, na administración e na xestión da información dos bens culturais e recursos humanos.
- CT4: Que o estudantado posúa os instrumentos metodolóxicos que sirvan para desenvolver un espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico cara a distintos fenómenos culturais.
Competencias específicas:
- CEA7: Que o estudantado adquiera unha ampla comprensión dos fenómenos literarios desde unha perspectiva comparada en relación cos seus particulares contextos historiográficos e xeoculturais.
- CEB2: Que o estudantado sex a quen de ampliar a noción de literatura a través da súa relación con novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cine, as artes, así como a diversidad xenérica, social, cultural, en definitiva.
- CEB5: Que o estudantado abordan o concepto de texto e textualidad dun modo aberto, dando cabida a outras formas culturais, non estrictamente literarias, atendendo a distintas artes a á irrupción dos novos medios.
O seminario sigue unha estratexia pedagóxica que combina unha presentación xeral por parte da profesora, actividades grupais de análise e discusión y debate aberto.
A profesora é un axente facilitador e en ningún caso se debe considerar transmisora de coñecementos.
O obxectivo é que os estudnates teñan o control da súa propia aprendizaxe a través da comprensión, análise, achegamento crítico e debate sobre os materiais.
Avaliación continua formativa (segundo a Normativa de asistencia a clase en el EEES).
Para obter unha cualificación mínima de suficiente, débese:
• participar nas discusións do seminario acudindo a todas as sesións previa preparación coidadosa do material;
• participar nas actividades orais/escritas, individuais/colectivas que se programen; e realizar satisfactoriamente o ensaio final.
Na avaliación das convocatorias ordinaria e da segunda oportunidade, o 100% da avaliación continua formativa desglósase da seguinte forma:
* 50% participación (en líña e nas clases mediante intervencións informadas);
* 50% ensaio académico.
As intervencións informadas na discusión dos temas do seminario faranse en liña (a través da Aula Virtual) e nas propias clases. Consisten na formulación de preguntas, explicacións, análises baseadas nas lecturas primarias e secundarias do seminario, a razón dunha intervención por sesión (300/500 palabras) rexistrada na Aula Virtual.
Polo que atinxe ao ensaio académico, o tema debe ser previamente aprobado mediante proposta de 200/300 palabras no prazo fixado e o seu desenvolvemento pode contar con supervisión académica.
O ensaio estruturarase como unha comunicación de congreso e contará cunha extensión aproximada de 2.000 palabras (as “Obras citadas” non computan). A cualificación se fundamentará no grao de claridade, concisión e minuciosidade con que se realice o ensaio. En cada apartado débese demostrar habilidade interpretativa e crítica. En ningún caso o ensaio poderá consistir nun resumo dos materiais, senón na súa análise crítica.
Para a realización do ensaio pode escollerse unha dos siguientes tres enderezos baixo unha perspectiva comparativa (no marco dun dos tres eixos da disciplina): a) realismo máxico “convencional”, b) realismo máxico ibérico o c) realismo máxico periférico.
Os criterios de corrección do ensaio son:
• corrección ortográfica e claridade expositiva: 1,5 puntos;
• adecuación ás normas formais e estilísticas da escritura académica: 1,5 puntos;
• profundidade de análise e interrelación argumental, pensamento crítico e argumentación personal: 3,5 puntos;
• dominio teórico-conceptual e aplicabilidade literaria orixinal: 3,5 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións.
Cronograma
Sesión 1 Presentación do curso. Primeiras lecturas do tema 1
Sesión 2 Discusión de Historia Natural: xénero entre a ciencia, a historia e a auto-ficción.
Sesión 3 Vexetal, animal ou cousa. Taxonomías e axencia do non humano
Sesión 4 Especismo, o antropoceno e a condición post-humana.
Sesión 5 T3. A ética da conservación.
Sesión 6 T3 Poética e activismo medioambiental.
Sesión 7 T4 Estéticas da conservación.
Sesión 8 T4 Prácticas museolóxicas, coleccionismo, arte.
Sesión 9 T5 Cheira que alimenta.
Sesión 10 T5 Novas especies e os heroes da gastrobotánica. A historia natural e as estratexias de comunicación social.
Convocatoria ordinaria: ensaio (entrega telemática en Campus Virtual).
Convocatoria de segunda oportunidade: ensaio (entrega telemática en Campus Virtual).
Na medida do posible, intentarase realizar algunha actividade fóra do salón de clase. O tipo de actividade pode ser unha visita-charla con axentes na rama da gastrobotánica o ao Museo de Historia Natural da USC. Aclararase este punto ao inicio do curso.
Con respecto ao traballo persoal, 1 ECTS equivale a 25 horas de traballo por parte do/a estudante.
As clases impartiranse en castelán. A orientación metodolóxica e as esixencias bibliográficas fan imprescindible, polo menos, a competencia lectora en inglés.
Plan de continxencia
1. Escenario 2: distanciamento
1.1. Metodoloxía do ensino
As clases impartidas pola profesora manteranse presencialmente ou pasarán a desenvolverse virtualmente de maneira síncrona a través da plataforma Teams en función das disposicións das autoridades universitarias.
1.2. Sistema de avaliación
Mantense o previsto para o desenvolvemento normal do curso.
2. Escenario 3: peche das instalacións
2.1. Metodoloxía do ensino
As clases impartidas pola profesora pasarán a desenvolverse virtualmente de maneira síncrona a través da plataforma Teams.
2.2. Sistema de avaliación
Mantense o previsto para o desenvolvemento normal do curso.
Sacramento Roselló Martínez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Estudos da Literatura e da Cultura
- Categoría
- Profesor/a área externa
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C04 |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C04 |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C04 |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C04 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C04 |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C04 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C04 |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C04 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C04 |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C04 |