Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo da produción literaria española do século XVIII e da primeira metade do século XIX, da Ilustración e do Romanticismo, enmarcada no seu correspondente proceso histórico (social, político, ideolóxico, cultural, estético), a través da lectura, explicación e análise das obras e textos máis representativos dos autores fundamentais indicados no PROGRAMA.
I.-PROGRAMA DA PARTE TEÓRICA
A) O século XVIII. A Ilustración:
TEMA I. Introdución. Historia, Arte e Cultura no século XVIII. A literatura española no século XVIII: temas e problemas.
TEMA II. A prosa
Lectura 1: Selección de textos de FEIJOO, Teatro Crítico Universal. Cartas Eruditas y Curiosas; CADALSO, Cartas marruecas; JOVELLANOS, Memoria [...] para espectáculos y diversiones públicas.
TEMA III. A poesía
Lectura 2: Selección de poesía española do século XVIII (ed. Reyes Cano, Cátedra).
TEMA IV. O teatro
Lectura 3: FERNÁNDEZ DE MORATÍN, El sí de las niñas (ed. Pérez Magallón, Crítica).
B.- A primeira metade do século XIX. O Romanticismo
TEMA V. O Romanticismo na cultura europea. A literatura romántica española: temas e problemas.
TEMA VI. A prosa
Lectura 4: LARRA, selección de Artículos (ed. Pérez Vidal, Crítica); GIL Y CARRASCO, El señor de Bembibre (ed. Rubio Cremades, Cátedra; Picoche, Castalia).
TEMA VII. O teatro
Lectura 5: RIVAS, Don Álvaro o la fuerza del sino (ed. Lama, Crítica).
TEMA VIII. A poesía
Lectura 6: ESPRONCEDA, selección de textos (ed. Ynduráin, Cátedra).
II.- PARTE PRÁCTICA
--As clases interactivas terán como contido a análise e comentario de textos doctrinais e e de creación, e inclúen controles de lectura (ver sistema de avaliación infra), asociados aos temas do programa, e traballos puntuais na aula.
1.- BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
*Recoméndase a consulta das seguintes obras, sen perxuizo das seleccións bibliográficas específicas de cada tema, que se facilitarán oportunamente na aula ou na aula virtual.
AGUILAR PIÑAL, F., Introducción al siglo XVIII, en R. de la Fuente (dir.), Historia de la Literatura Española, Madrid: Júcar, 1991.
ALBIAC BLANCO, María-Dolores, Razón y sentimiento. El siglo de las Luces (1692-1800), en IV, Historia de la Literatura española, Carlos Mainer, (dir,), Barcelona, Crítica, 2011.
ALBORG, J. L., Historia de la Literatura Española. III. Siglo XVIII, Madrid: Gredos, 1975.
_____. Historia de la Literatura Española. IV. El Romanticismo, Madrid: Gredos, 1980.
CARNERO, G. (ed.), Siglo XVIII (I). Siglo XVIII (II), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 6 e 7, Madrid: Espasa Calpe, 1995
______ (ed.): Siglo XIX (I), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 8, Madrid: Espasa Calpe, 1997.
CASO GONZÁLEZ, José, Ilustración y Neoclasicismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 4, Barcelona: Crítica, 1983.
CATENA, Elena, “Características generales del siglo XVIII”, en Historia de la literatura española, III, J. M. Díez Borque, coord., Madrid, Taurus, 1980.
DÍEZ BORQUE, José María, Historia del teatro en España. Siglo XVIII. Siglo XIX, Madrid, Taurus, 1988.
GIES, D. T. e Russell P. SEBOLD, Ilustración y Neoclasicismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española. Suplemento 4/1, Barcelona: Crítica, 1992.
GLENDINNING, N., El siglo XVIII, en R. O. Jones (coord.), Historia de la Literatura Española, 4, Barcelona: Ariel, 1973.
GONZALEZ HERRÁN, José Manuel y ERMITAS PENAS VARELA: Cronología de la literatura española. Siglos XVIII y XIX(Cátedra).
ROMERO TOBAR, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.
ZAVALA, I. M. (ed.), Romanticismo, en F. Rico (dir.), Historia yCrítica de la Literatura Española, 5, Barcelona: Crítica, 1983.
_____ (ed.), Romanticismo. Primer Suplemento, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 5/1, Barcelona: Crítica, 1994.
2.- BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AGUILAR PIÑAL, Francisco, dir., Historia literaria de España en el siglo XVIII, Madrid, Trotta-CSIC, 1996.
ALONSO, Cecilio, Hacia una literatura nacional 1800-1900, Historia de la literatura española, 5, Barcelona, Crítica, 2010.
AMORÓS, Andrés, Antología comentada de la Literatura española. Siglo XVIII, Madrid, Castalia, 1999.
_____, Antología comentada de la Literatura española. Siglo XIX, Madrid, Castalia, 1999.
AZAUSTRE GALIANA, Antonio e JUAN CASAS RIGALL, Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
DOMÍNGUEZ CAPARRÓS, J., Métrica española, Madrid, Síntesis, 1993.
HORMIGÓN, J. A.(dir.), Autoras en la historia del teatro español. Vols.II-IV; Madrid, Publicaciones de la ADE, 2000.
MARCO, Joaquín, Literatura popular en España e los siglos XVIII y XIX, Madrid, Taurus, 1971.
NAVAS RUIZ, Ricardo, El romanticismo español, Madrid, Cátedra, 1990.
PEDRAZA, Felipe e Milagros RODRÍGUEZ, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.
PLATAS TASENDE, Ana María: Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa Calpe, 2000.
QUILIS, A., Métrica española, Barcelona, Ariel, 1996.
ROMERO TOBAR, Leonardo, Panorama del romanticismo español, Madrid, Castalia, 1994.
-Distinguir os distintos mecanismos de produción e recepción literaria que lles afectan aos dous periodos da Modernidade estudados: Ilustración e Romanticismo.
-Relacionar os textos estudados coas tendencias literarias nas que se encadran.
-Apreciar o funcionamento do eixe da simultaneidade dialecticamente enfrontado a descontinuidades e rupturas.
-Establecer estilos e personalidades literarias en función das lecturas correspondentes a os séculos XVIII e primeira metade do XIX.
-Amosar coñecemento preciso da terminoloxía teórico-crítica.
-Saber ler: descubrir nos textos literarios o seu contido e a súa forma expresiva.
-Redactar con claridade, corrección e precisión terminolóxica.
No ámbito da docencia, aplicarase unha metodoloxía teórico-práctica. As clases teóricas fundamentaranse na lección expositiva na aula: explicaranse os contidos teóricos, históricos e críticos dos temas e analizaranse as claves fundamentais dos textos -poéticos, xornalísticos, narrativos e teatrais- propostos. As exposicións teóricas terán unha aplicación práctica reflectida no manexo deses textos concretos. As clases prácticas basearanse no comentario de textos, debates e o controis das lecturas obrigatorias e/ou traballos breves (máximo 1.100 palabras), pautados e programados con antelación.
Os alumnos, desde principio de curso, terán ao seu dispor no Campus Virtual os materiais que se utilizan para as clases teóricas e interactivas ao longo do mesmo: 1.1. guións / esquemas de cada tema teórico 1.2. guión / esquemas correspondentes aos autores e obras de obrigada lectura, que orienten a análise crítica das obras, acompañados dunha bibliografía básica. 1.3. Selección de textos para comentario nas clases interactivas; 1.4. Textos críticos ou/ e programáticos que serven de apoio ás clases teóricas e interactivas.
No dominio discente, a actitude participativa dos alumnos concretarase na realización de comentarios de textos, controis de lectura escritos e/ou traballos escritos, breves (2/3 folios), pautados e programados, que realizará fora da aula, cuxo número e prazos supedítanse aos escenarios previstos no Plan de Contingencia (ver Observacións).
A asignatura está constituída polas clases teóricas e as interactivas e a súa cualificación farase por un sistema de avaliación continua, que supoñerá un 60% da cualificación global. A tal fin, terase en conta a asistencia participativa nas sesións de clase, a realización de tarefas puntuales, así como os controis das lecturas obligatorias e, asemade, os traballos escritos realizados fora da aula e programados con antelación.
A nota da avaliación continuada (60% da cualificación global) mantense na segunda oportunidade.
O 40% da nota final da asignatura reservase para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como na segunda oportunidade. De modo que a cualificación final da materia será o resultado da media obtida en ambas partes (60% e 40%), tanto na primeira como na segunda oportunidade
A asistencia a clase é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar, que supere o 25% das horas de docencia, implicará o suspenso final.
No caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumno/a haberá de presentar unha "Exención" de docencia para que así conste aos efetos oportunos. Nese caso será avaliado nun Exame final que dea conta da parte práctica e teórica da materia (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-Sesións expositiavas: 32 horas.
-Sesións de seminario: 16 horas.
-Sesións de titoría programada: 3 horas.
-Sesións de avaliación: 3 horas.
-Traballo autónomo do alumno: o tempo de estudo estimado para o alumno /-a, organizase de acordo coa seguinte distribución:
40 / 20 / 20 / 20 horas sobre 100.
-Asistencia obrigatoria, activa e participativa ás sesións presenciáis para seguir o desenvolvemento da materia.
-Planificación das lecturas e do traballo persoal para un axeitado aproveitamento das sesión presenciáis.
-Consultar a bibliografía recomendada.
-Concorrer ás titorías para clarexar calquera tipo de dúbidas.
-Facer unha primeira lectura -informativa- dos textos propostos e outra segunda complementaria -non total- guiada polas explicacións histórico-críticas da clase.
-Levar os textos de lectura obrigatoria á aula.
- Considérase requisito o dominio da lingua española oral e escrita (para os alumnos de intercambio recoméndase o nivel B2).
PLAN DE CONTINXENCIA:
–ESCENARIO 2 (Distanciamento)
Metodoloxía do ensino: a docencia presencial manterase como tal ou pasará a ser virtual (tanto síncrona como asíncrona), seguindo as directrices das autoridades universitarias. Accesibilidade aos materiais docentes por vía telemática (Aula virtual). Ver supra apartado Metodoxía.
Sistema de avaliación: A forma de obter a cualificación que depende da avaliación continua (60%) non experimentará máis variacións que as que poidan derivar da decisión das autoridades universitarias sobre docencia presencial ou virtual. A proba que outorga ata o 40% da cualificación final, pasarán a realizarse de xeito virtual.
–ESCENARIO 3 (Peche de instalacións):
Metodoloxía do ensino: a docencia presencial pasará a ser virtual (tanto síncrona como asíncrona). Accesibilidade aos materiais docentes por vía telemática (Aula virtual). Ver supra Metodoloxía.
Sistema de avaliación: A forma de obter a cualificación que depende da avaliación continua (60%) non experimentará máis variacións que as que poidan derivarse do feito de pasar a un sistema de docencia enteiramente virtual. A proba que outorga ata o 40% da cualificación final, pasarán a realizarse de forma virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Margarita Santos Zas
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811808
- Correo electrónico
- margarita.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iria Isabel Pin Moros
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- iriaisabel.pin [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D09 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D09 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D12 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D12 |
28.05.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
01.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
01.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
01.07.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |