Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Escenario 1:
Preténdese que o alumno adquiera coñecementos nas principais ferramentas e métodos de computación-programación usados na actualidade nos experimentos de física nuclear e de partículas. O nivel alcanzado polos alumnos permitiralles entender sin dificultade os programas escritos por especialistas e diseñar por si mesmo programas sinxelos. Espérase que o finalizar o curso terá os coñecementos suficientes para ser capaz de aprender a usar, de forma autónoma, o software utilizado nos grandes experimentos de física nuclear e de partículas.
Escenario 2 e 3: Sen cambios
Escenario 1:
Aplicacións da Programación Orientada a Obxetos ao tratamiento de datos en física nuclear e de partículas. Implementacións en lenguaxes de alto nivel.
Métodos estadísticos de análise de datos. Separación de sinal e fondo nun espacio n-dimensional.
Técnicas de simulación con GEANT4.
Técnicas de análise de datos con ROOT.
Escenario 2 e 3: Sen cambios
Escenario 1:
Data Analysis Techniques for High-Energy Physics. R. Frühwirth et al. Cambridge Monographs on Particle Physics, Nuclear Physics and Cosmology.
Numerical Recipes in C++. The Art of Scientific Computing. William H. Press et al. Cambridge University Press, 2002.
Scientific and Engineering C++. John J. Barton, Lee R. Nackman, Lee R. Nackman. Addison Wesley Professional, 1994.
Learning Python. Mark Lutz, David Ascher. O'Reilly, 1999.
http://geant4.web.cern.ch/geant4. Geant4 is a toolkit for the simulation of the passage of particles through matter.
http://root.cern.ch. An Object Oriented Framework For Large Scale Data Analysis
Escenario 2 e 3: Sen cambios
Escenario 1:
BÁSICAS E XERAIS:
CG01 - Adquirir a capacidade de realizar traballos de investigación en equipo.
CG02 - Ter capacidade de análise e de síntese.
CG03 - Adquirir a capacidade para redactar textos, artigos ou informes científicos conforme aos estándares de publicación.
CG04 - Familiarizarse coas distintas modalidades usadas para a difusión de resultados e divulgación de coñecementos en reunións científicas.
CG05 - Aplicar os coñecementos á resolución de problemas complexos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade para interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés, idioma científico por excelencia.
CT02 - Desenvolver a capacidade para a toma de decisións responsables en situacións complexas e/ou responsables.
ESPECÍFICAS
CE07 - Adquirir a capacitación para o uso das principais ferramentas computacionais e o manexo das principais técnicas experimentais da Física Nuclear e de Partículas.
CE08 - Adquirir un coñecemento en profundidade da estrutura da materia no réxime de baixas enerxías e a súa caracterización.
Escenario 2 e 3: Sen cambios
Escenario 1:
As clases divídense en sesións expositivas, nas que se lles presenta aos alumnos os conceptos esenciales por medio de diapositivas, sesións nas que os alumnos resolverán supostos prácticos no ordenador ca axuda do profesor e sesións tutoriais nas que, individualmente ou en grupos moi reducidos, atenderase a cada alumno.
Intentarase que as clases presenciais sucedan en aulas dotadas de ordenadores; de non ser posible impartiranse as clases presencialmente en aulas con aforo axeitado pero con ordenadores portátiles propiedade dos alumnos (para casos especiais pode solicitarse á USC o préstamos de portátiles).
Escenarios 2 e 3 : Ver o plan de continxencia no apartado de observacións.
Escenario 1:
Farase unha avaluación continua do alumno para garantir unha progresión axeitada na
adquisición dos coñecementos e habilidades. Para eso, o profesor discutirá nas clases
interactivas as soluciones propostas polos alumnos aos casos prácticos plantexados con
anterioridade.
Asistencia e atención nas clases %40
Entrega de traballos %60
Excepcionalmente poderase realizar un exámen final da materia.
Escenario 2 e 3: Sen cambios
Escenario 1:
Docencia teórica: 15 horas (100% presencialidade)
Docencia práctica de laboratorio: 15 horas (100% presencialidade)
Tutorización individual do alumnado: 5 horas (100% presencialidade)
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 40 horas (0% presencialidade)
Escenario 2 e 3: Sen cambios
Situation 1:
It is very important to acquire a systematic and regular plan of study, so that a certain percentage of every week working time is reserved to this course. The attendance to all teaching lessons and an active participation in the discussions is, of course, the best attitude.
Situation 2 and 3: No change
PLAN DE CONTINXENCIA ante un posible cambio de escenario:
1) Obxetivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2:
De ter problemas, por limitación de aforo, a que as clases presenciais sucedan en aulas dotadas de ordenadores, de ser posible impartiranse as clases presencialmente en aulas con aforo axeitado pero con ordenadores portátiles propiedade dos alumnos (para casos especiais pode solicitarse á USC o préstamos de portáitiles). Se aínda logo de considerar esa opción a limitación de aforo ditado polas autoridades sanitarias non permite que todo o alumnado asista as clases interactivas simultáneamente:
1) se a situación do centro o permite, parte do alumnado seguiría as clases simultáneamente noutro espazo docente. De xeito que parte dos alumnos traballarían na Aula de informática ou outra similar asignada e os outros nun espazo de nova asignación.
2) Se o centro non dispón dese espazo, parte dos alumnos seguirían as clases telemáticamente no seu domicilio.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, e requerirán de cita previa.
Escenario 3:
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa.
6) Sistema de avaliación da aprendizaxe: sen cambios
7) Tempo de estudos: sen cambios
Hector Alvarez Pol
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Teléfono
- 881813544
- Correo electrónico
- hector.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Angel Hernando Morata
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Teléfono
- 881814024
- Correo electrónico
- jose.hernando [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
Martes | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Sala de Xuntas - Bloque II |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala de Xuntas - Bloque II |
26.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
12.07.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |