Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Medicina Legal e Forense, Toxicoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O Odontólogo debe coñecer e comprender as responsabilidades morais involucradas na prestación sanitaria individual e comunitaria, así como as leis vixentes aplicables á práctica profesional. Así mesmo, debe coñecer o seu papel como perito, colaborando e asesorando á administración de xustiza.
Por todo iso pretendemos:
- Formar ao alumno nos aspectos ético-deontolóxicos e legais que deben regular o exercicio da súa profesión
- Capacitar ao alumno na elaboración dos distintos documentos médico-legais
- Instruír ao alumno na resolución dos principais problemas médico-legais que se lle poden suscitar como odontólogo
I. INTRODUCIÓN
Concepto, contidos e obxectivos da materia.
II. ÉTICA, DEREITO E DEONTOLOXÍA PROFESIONAL
Exercicio profesional e natureza xurídica do acto odontolóxico.
Ética e Deontoloxía profesional: Principios de Ética Biomédica. Os Colexios profesionais. O Código Deontolóxico.
O consentimento informado.
A confidencialidade.
Historia clínica en Odontoloxía.
Outros documentos médico-legais de interese en Odontoloxía.
A responsabilidade profesional en Odontoloxía.
III. A PROBA PERICIAL EN ODONTOLOXÍA
Concepto, método e obxectivos. O informe pericial.
A Identificación odontolóxica: Identificación comparativa e Identificación reconstructiva.
A Valoración médico-legal das lesións. Marcas de mordida. Maltrato.
MEDICINA LEGAL Y TOXICOLOGÍA. E.Villanueva Cañadas. Ed. Masson. Barcelona 2004.
TRATADO DE ODONTOLOGÍA. A.Bascones Martínez 3ª ed. Av.Médico-Dentales. Madrid 2000.
ODONTOLOGÍA LEGAL Y FORENSE. V.Moya Pueyo, B.Roldán Garrido y J.A.Sánchez Sánchez. Ed.Masson, Barcelona 1994.
METODOLOGÍA PARA LA VALORACIÓN DEL DAÑO BUCODENTAL. B. Perea Pérez, B. Roldán Garrido, J.A.Sánchez Sánchez. Fundación Mapfre Medicina. 1996.
CÓDIGO PENAL y LEGISLACION VIGENTE
ANTROPOLOGÍA Y PALEONTOLOGÍA DENTARIAS. B. Perea Perez. Fundación Mapfre Medicina. Madrid, 2002
A COLOR ATLAS OF FORENSIC DENTISTRY. D.K. Whittaker, D.G McDonald. Wolfe Medical Publications Ltd. 1989.
DENTAL ANTHROPOLOGY. FUNDAMENTALS, LIMITS AND PROSPECTS. Ed. Springer Wien NewYork. 1998.
FORENSIC DENTAL EVIDENCE.AN INVESTIGATOR´S HANDBOOK. C. Michael Bowers. Elsevier Academic Press. S.Diego. 2004
FORENSIC DENTISTRY. P.G Stimson, C.A.Mertz. CRCPress, Boca Raton, 1997.
PRACTICAL FORENSIC ODONTOLOGY. Derek H. Clark. Wright. Oxford. 1992.
FORENSIC ODONTOLOGY: PRINCIPLES AND PRACTICE. J Taylor, J Kieser. Wiley-Blackwell.Oxford. 2016
GRACIA D, JÚDEZ J. Ética en la práctica clínica. Triacastela, Madrid 2004
SÁNCHEZ GONZÁLEZ MA. Bioética en Ciencias de la Salud, Elsevier Masson, Barcelona. 2013
COMPETENCIAS XERAIS (Competencias da titulación ás que contribúe a asignatura):
CG.01. Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
CG.02. Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
CG.03. Saber identificar as inquietudes e expectativas do paciente, así como comunicarse de forma efectiva e clara, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
CG.06. Comprender a importancia de desenvolver unha práctica profesional con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas e cultura.
CG.07. Promover a aprendizaxe de xeito autónomo de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
CG.08. Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
CG.09. Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros coa información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
CG.10. Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
CG.18. Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria
CG.31. Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, así como os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CEMII.21. Coñecer os preceptos ético-deontolóxicos, lexislativos e administrativos que regulan a profesión odontolóxica e a súa aplicación na xestión e na práctica clínica, así como coñecer a organización, competencias e funcións das corporacións profesionais. Cumprimentar todo tipo de documentos e rexistros medico-legais.
CEMII.22. Coñecer o papel do dentista dentro das profesións sanitarias e traballar con outros profesionais sanitarios e outros membros do equipo odontolóxico.
CEMII.23. Recoñecer que o paciente é o centro de atención e que todas as interaccións, incluíndo prevención, diagnóstico, planificación e ejecución do tratamento e mantemento, deben buscar o seu mellor interese, evitando calquera tipo de discriminación e respectando a confidencialidade.
CEMII.24. Identificar os signos e actitudes que suxiran a posible existencia de malos tratos.
- Coñecer e saber resolver as principais cuestións forenses que se lle poden suscitar a un odontólogo.
Os contidos impartiranse en clases teóricas, complementadas con seminarios e casos prácticos onde os estudantes deberán participar activamente e aplicar os coñecementos adquiridos.
Desenvolveranse traballos en grupo sobre temas relacionados coa materia e propostos polos/as profesores/as ou polos/as propios/as alumnos/as.
Existirá material de apoio para a realización destas actividades, que estará dispoñible para os alumnos a través da aula virtual.
En previsión da evolución da situación xerada por la propagación da COVID 19 contemplanse os seguintes escenarios:
ESCENARIO 1:
A) Docencia expositiva: Durante o cuatrimestre impartiranse as horas correspondentes de clases expositivas.
B) Docencia interactiva (seminarios): Impartiranse 20 horas, nas que os alumnos realizarán traballos, xeralmente en grupo, e poderanse realizar probas de evaluación sobre alguna das sesions
C) Clases prácticas: Son 10 horas nas que os alumnos realizarán tareas, dirixidos por los profesores, sobre casos propostos en relación coa materia
D) Tutorías: 3 horas por alumno e cuatrimestre, en grupos reducidos. Proponense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, e aclaración de dudas sobre a teoría o as prácticas, casos, lecturas u outras tareas propostas.
ESCENARIO 2
Docencia Expositiva: Docencia telemática síncrona (TEAMS)
Docencia Interactiva de seminario y Tutorías: Presencial na aula
Clases prácticas: 50% Prácticas síncronas presenciales y 50% Prácticas asíncronas virtuales (TEAMS), por grupos.
ESCENARIO 3:
Docencia Expositiva: Docencia telemática síncrona/asíncrona (TEAMS, USC VIRTUAL)
Docencia Interactiva de seminario y Tutorías: Docencia telemática síncrona/asíncrona (TEAMS, USC VIRTUAL)
Clases prácticas: 100% telemáticas (síncronas o asíncronas o una combinación de ambas)
A cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final
1. AVALIACIÓN CONTINUA: suporá un 20% da nota final. Valorarase a participación nas clases expositivas, nos seminarios, nas prácticas e noutras actividades propostas (que poderán ser presenciais ou non presenciais segundo as “Directrices para o desenvolvimiento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” e as “Bases para o desenvolvimiento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”)
2. PROBA OBXECTIVA FINAL (pode incluir preguntas das clases expositivas, dos seminarios e das prácticas): Suporá un 80%* da nota final. Esta proba poderá ser presencial o no presencial segundo os escenarios contemplados nas “Directrices para o desenvolvimiento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” e as “Bases para o desenvolvimiento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”
*Para aprobar a materia será necesario superar o exame teórico (cualificación igual ou superior a 5)
O estudante terá que acadar o 50% da valoración global.
Pódese levar a cabo unha proba adicional para outorgar as Matrículas de Honra.
Se as circunstancias asi o indican, e hai que situarse nos ESCENARIOS 2 ou 3 (de acordo cos escenarios contemplados nas “Directrices para o desenvolvimiento ducha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” e as “Bases para o desenvolvimiento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”) a ponderación da evaluación continua e a proba obxetiva final pasarán a ser da seguinte maneira:
1. EVALUACIÓN CONTINUA: suporá un 40% da nota final. Valorarase a participación nas clases expositivas, nos seminarios, nas prácticas e outras actividades propostas, que poderán ser presenciais ou non presenciais
2. PROBA OBXECTIVA FINAL (pode incluir preguntas das clases expositivas, dos seminarios e das prácticas): Suporá un 60%* da nota final. Esta proba poderá ser presencial o no presencial
*Para aprobar a materia será necesario superar o exame teórico (cualificación igual ou superior a 5)
O estudante terá que acadar o 50% da valoración global.
Pódese levar a cabo unha proba adicional para outorgar as Matrículas de Honra.
ACTIVIDADES FORMATIVAS CO SEU CONTIDO EN HORAS DO ALUMNO
Actividade Horas
Clases expositivas 27
Prácticas de laboratorio 10
Prácticas de encerado/seminarios 20
Tutoría en grupos reducidos-individualizadas 3
Total horas presencial 60
Estudo individual 60
Elaboración de memorias de prácticas 3
Elaboración de traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares 12
Total horas non presencial 90
Asistencia regular a clase, con participación activa na mesma. Consulta da bibliografía recomendada, e resolución das dúbidas que lle poidan xurdir ao alumnado nas tutorías.
Maria Victoria Lareu Huidobro
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812230
- Correo electrónico
- mvictoria.lareu [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Angelines Cruz Landeira
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Teléfono
- 881812317
- Correo electrónico
- angelines.cruz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Salas Ellacuriaga
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812230
- Correo electrónico
- antonio.salas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Maria Freire Aradas
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Correo electrónico
- ana.freire [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Maria Jesús Tabernero Duque
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Medicina Legal e Forense
- Teléfono
- 881812451
- Correo electrónico
- mj.tabernero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
18.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
18.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
29.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
29.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |