Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obtención, polo alumnado, dun bo coñecemento das culturas e procesos históricos da Antigüidade, con especial referencia á evolución cronolóxica e política das culturas antigas do Próximo Oriente e Grecia e ás distintas formas de organización económica, política, social e cultural que coñeceron as devanditas sociedades.
ORIENTE
Tema 1: Mesopotamia: de Sumer á 3ª Dinastia de Ur.
Tema 2: Babilonios e Hititas
Tema 3: Exipto
Tema 4: Hebreos e Fenicios
Tema 5: Asirios e Persas
MUNDO HELENICO
Tema 6: A Creta Minoica
Tema 7: A Grecia Micénica
Tema 8: A Época Escura e a Sociedade Homérica
Tema 9: A Época Arcaica
Tema 10: A Época Clásica
Tema 11: Alexandre o Grande e o Mundo Helenístico
Manual para Ha Grecia:
Gomez Espelosín, FJ. Introducción a la Grecia Antigua. 2a ed. Alianza Ed. Madrid 2014.
TEMA 1-
Klima, J. Sociedad y cultura en la Antigua Mesopotamia, Madrid, 1980.
Margueron, J-C. Los mesopotámicos. Madrid: Cátedra 1996.
TEMA 2
Lévêque, Pierre. Las primeras civilizaciones: de los despotismos orientales a la ciudad griega. Madrid: Akal, 1991.
Liverani, M. El antiguo Oriente. Historia, sociedad y economía. Barcelona: Critica, 1995.
TEMA 3
Donadoni, Sergio e outros. El hombre egipcio. Madrid: Alianza Editorial, 1991.
Grimal, Nicolas. Historia del Antiguo Egipto. Madrid: Akal, 1996.
TEMA 4
Finkelstein, I e Silverman, N. A. La Bíblia desenterrada. Una nueva visión arqueológica del antiguo Israel y de los orígenes de los textos sagrados. Madrid: Siglo XXI de España editores, 2003.
Wagner, C. G. Los fenicios. Madrid: Akal, 1989.
TEMA 5
Liverani, M. El antiguo Oriente..., p. 583-655.
TEMA 6
Dickinson, O. The Aegean Bronze Age, Cambridge, 1994.
Mastorakis, M. y van Effenterre, M. Les minoens. L’âge d’or de la Crète, París, 1991.
Marinatos, N. Minoan Religion. Ritual, Image, and Symbol, Columbia/S.Ca., 1993.
TEMA 7
Chadwick, J. El Mundo Micénico, ed. Alianza, Madrid, 1985.
Mylonas, G. Mycenae and the Mycenaean Age, Princeton, 1966.
Musti, D. (ed.). Le origini dei Greci. Dori e Mondo Egeo, Roma-Bari, 1986.
TEMA 8
Finley, M.I., El mundo de Odiseo. Madrid: F.C.E., 1982.
Foxhall, L. y Davies, J.K. The Trojan War. Its historicity and context. Papers of the First Greenbank Colloquium, Liverpool, 1981, Bristol, 1984.
Snodgrass, A.M. Arqueología de Grecia. Barcelona: Crítica, 1980.
TEMA 9
Boardman, J. Los griegos en ultramar. Comercio y expansión colonial antes de la Era Clásica, ed. Alianza, Madrid, 1975.
Malkin, I. Religion and Colonization in Ancient Greece. Leiden, 1987.
Detienne, M. «La Phalange, problèmes et controverses», in J-P. Vernant, ed. Problèmes de la guerre en Grèce Ancienne, París, 1968.
De Polignac, F. La naissance de la cité grecque, Cultes, espace et société VIIIe-VIIe siècles av. J.C. París, 1984.
Osborne, Robin. La formación de Grecia, 1200-479. Barcelona: Critica, 1998.
Cartledge, P. The Spartans. The World of the Warrior-Heroes of Ancient Greece. New York: Random House, 2004.
Oliva, Pavel. Esparta y sus problemas sociales. Madrid: Akal, 1983.
Lévêque, P., Vidal-Naquet, P. Clisthène l’Athenien, Paris, 1964.
Cambridge Ancient History, 2ª ed., vol. 4, Persia, Greece and the Western Mediterranean, c. 525 to 479 B.C., ed. John Boardman et al. Cambridge: CUP, 1988).
Cook, J. M. The Persian Empire. New York: Schocken, 1983.
TEMA 10
Stockton, D. The Classical Athenian Democracy. Oxford: OUP, 1990.
Ostwald, M. From Popular Sovereignity to the Sovereignity of Law: Law, Society, and Poli¬tics in Fifth-Century Athens. Berkeley: Univ. of California Press, 1986.
Bowra, C.M., La Atenas de Pericles. Madrid: Alianza Ed., 1974.
Placido, D. La sociedad ateniense. La evolución social en Atenas durante la guerra del Pelo-poneso. Barcelona: Crítica, 1997.
Leduc, C. e Lissarrague, F. Historia de las mujeres. 1. La Antigüedad. Madrid: Taurus,1991.
Garlan, Y. Les esclaves en Grèce ancienne. Paris: Maspero, 1982.
Hornblower, S. El mundo griego, 479-323 a.C.. Barcelona: Crítica, 1985.
TEMA 11
Green, Peter. Alexander of Macedon, 356-323 B.C.: A Historical Biography. Berkeley-L.A.: Univ. of California Press, 1991.
Will, E., Mossé, C. e Goukowsky, P. El mundo griego y el oriente
ESPECÍFICAS:
1.- Coñecer, analizar, interpretar e transmitir a Historia Antiga do Próximo Oriente e Grecia.
2.- Coñecer e analizar a problemática obxecto do debate historiográfico sobre as sociedades antigas do Próximo Oriente e Grecia.
3.- Coñecemento das principais claves explicativas das sociedades do pasado antigo do Próximo Oriente e Grecia.
4.- Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos sobre as sociedades antigas do Próximo Oriente e Grecia.
5.- Desenvolver unha conciencia crítica con relación ás sociedades e culturas do Próximo Oriente e a Grecia antigas.
XERAIS:
1.- Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da Historia.
2.- Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
3.- Coñecer e desenvolver habilidades no uso dos instrumentos de recompilación da información (catálogos bibliográficos, repertorios electrónicos, etc.)
TRANSVERSAIS:
1.- Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos en ciencias sociais
2.- Aprender a usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas.
3.- Favorecer a aplicación de pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
4.- Fomentar o traballo, tanto individual e autónomo como en equipa, con responsabilidade e iniciativa.
5.- Ensinar a comunicar información e ideas en público dunha forma clara e efectiva.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da cadeira usarán-se as seguintes técnicas:
-- Aulas expositivas nas que se farán as explicacións dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula. 32 horas por grupo. Desenvolverase en función da situación sanitaria. Se se entrar nunha fase de semipresencialidade ou de suspensión da presencialidade entón o manual de Ha. de Grecia cobraría unha importancia moito maior para a preparación dos temas correspondentes a esa sección do temario.
-- Aulas interactivas na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. 16 horas por grupo. Desenvolverase en función da situación sanitaria.
Dada a natureza da cadeira, non se contempla a realización de prácticas de campo.
-- Tutorización personalizada. 3 horas por grupo.
Tamén se utilizará a aula virtual para complementar as explicacións dadas nas aulas e para facer posíbel a preparación dalgunhas aulas interactivas, asi como para manter a relación entre profesor e estudantes da materia.
A avaliación constará de tres partes: proba escrita, asistencia ás aulas e traballos persoais ou colectivos.
1) A proba escrita será o 80% da cualificación fina. Para aprobar será necesario obter como mínimo un 5/10 na proba escrita. Se non se obtén un mínimo de 5, non se aprobará, independentemente das notas obtidas no resto dos items da nota.
2) Probas de xeografia do mundo oriental antigo e helénico: 1 ponto.
3) Unha exposición oral e colectiva dun tema asignado polo profesor: 1 ponto. Dadas a volátil situación sanitaria actual, no caso de ter que suspender a actividade presencial, os non avaliados ainda pasarían a ser avaliados por outra(s) probas deseñadas en función da situación sanitaria e conforme ás directrices das autoridades académicas.
Dado que a MGHA prescrebe o sistema de avaliación contínua, e que isto supón que o alumno é avaliado pola a sua actividade académica no decurso das aulas presenciais da cadeira, en todas as convocatórias correspondentes ao mesmo período de matrícula as cualificacións de avaliación contínua ( seminários e traballos persoais ou colectivos) serán loxicamente as obtidas durante as aulas xa que son o resultado actividade presencial nas aulas no decurso da matéria. Por outras palabras, a parte correspondente á nota prática en convocatórias diferentes à de Xaneiro/Febreiro será a mesma que nesta, sendo só diferente a do exame final. Denovo, nas actuais circunstancias fica supeditado á evolución da situación sanitária.
Os mecanismos que serán utilizados para o seguimento serán o proba escrita no caso dos contidos teóricos da cadeira. No caso da docencia interactiva o seguimento se fará pola participación nas aulas asi como o material (traballos, p. ex.) que estexan obrigados a apresentar. A ausencia xustificada ás aulas non eximirá da realización dos traballos, apresentación de material, etc.
Non haberá, polo teor da matéria, prácticas de campo.
Canto a aqueles aos que se lles concedeu dispensa de asistencia, serán avaliados polo exame, que no seu caso se calificará sobre 10 puntos.
De acordo coa MGH, a distribución de horas dedicadas polo estudante à cadeira son:
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo, isto é, de exposición teórica 32 horas
Actividades en grupo reducido, isto é, de práticas 16 horas
Tutorias en grupo moi reducido, isto é, de tutorias personalizada 3 horas
Subtotal 51 horas
Estudo autónomo, individual ou en grupo..............60 horas
Lecturas, actividades de biblioteca, etc................. 25 horas
Preparación de presentacións, debates, etc.......... 14 horas
Subtotal de horas de dedicación persoal......99 horas
TOTAL 150 horas
Tal como aparece na MGH, o grao de História é presencial, co cal o desenvolvimento da cadeira deseñouse pensando que os estudantes asisten regularmente ás aulas. Por tanto, nelas darase información que non hai noutros sítios, estableceranse/modificaranse aspectos de traballos ou actividades que houver que realizar ou se darán solución a calquer imprevisto que se apresentar durante o curso.
Dado que este grau é de tipo presencial e, por tanto, a sua avaliación é tamén presencial, recoméndase que no seu horário non interfiran outro tipo de actividades.
Hai un par de hábitos de conduta que tradicionalmente se daban por supostas e que, actualmente, parece que hai que especificar:
1) Durante as aulas non se pode ter o teléfono prendido, e, ainda menos, estar tweeteando, intercambiando SMS ou usar calquer tipo de mensaxaria. O mesmo vale dicir para os ordenadores. O fin de asistir ás aulas é o de atender e tirar proveito das actividades que nelas se realizan, non ter unha mera presenza corporal.
2) O pláxio ou cópia de traballos académicos ou de exames constituen actos de deshonestidade académica suxeitos a penalizacións polas autoridades académicas e con unha forte influéncia negativa na nota. Que o pláxio se realice con material obtido na I-net non dimiue a gravidade do feito.
Jose Angel Fernandez Canosa
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812560
- Correo electrónico
- anxo.canosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nerea Terceiro Sanmartin
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Correo electrónico
- nerea.terceiro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Dolores Fontan Amoedo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Correo electrónico
- mariadolores.fontan [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
17:15-19:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
Mércores | |||
17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
Venres | |||
15:15-17:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
17:15-19:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
11.01.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
30.06.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |