Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Interpretación e aplicación das normas xurídicas tributarias
Análise e resolución de supostos de feito reais
Redacción de documentos xurídicos
Utilización de novas tecnoloxías no campo xurídico-tributario
Traballo colaborativo.
Profundización no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
Coñecer a incidencia do Sistema Tributario sobre os negocios xurídicos.
Coñecer e comprender as consecuencias tributarias das opciones negociais que ofrece o ordenamiento xurídico
Coñecementos das fontes para:
o Argumentar loxicamente.
o Profundizar no coñecemento.
o Actualizar e auto-xestionar o propio coñecemento.
Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento.
Plasmación práctica das soluciones aos problemas (escritos, formularios, etc.)
O sistema tributario español: evolución e estrutura
A tributación sobre a renda no Dereito español:
Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Imposto sobre Sociedades
Imposto sobre a Renda de Non Residentes
A imposición patrimonial no Ordenamento español
Imposto sobre o Patrimonio: regras de valoración.
Imposto sobre Sucesións e Doazóns
Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados
A tributación sobre o consumo no Dereito Español
Imposto sobre o Valor Engadido
Impostos Especiais
Impostos das alfándegas
Os tributos autonómicos. En especial, os tributos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os tributos locais.
MANUAIS RECOMENDADOS.
-MERINO JARA e LUCAS DURÁN, Derecho Financiero y Tributario Parte Especial: lecciones adaptadas al EEES,Tecnos, Madrid, ultima edición.
- FERREIRO LAPATZA, CLAVIJO HERNÁNDEZ, MARTÍN QUERALT, PÉREZ ROYO e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Tributario, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición.
- CAYON GALIARDO, A. (dir.), Los Impuestos en España, Aranzadi, Pamplona, última edición.
- GARCÍA AÑOVEROS y otros, Manual del sistema tributario español, Civitas, Madrid, 2005.
- MARTÍN QUERALT/LOZANO SERRANO/POVEDA BLANCO, Derecho Tributario, Thomson-Aranzadi, Pamplona, última edición.
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS (última edición):
- Código Tributario, Aranzadi, Pamplona, ultima edición
- Derecho Financiero y Tributario español. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid, ultima edición
- Legislación básica del sistema tributario español, Civitas, Madrid, ultima edición
- Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Barcelona, ultima edición
Direccións de interese:
http://www.agenciatributaria.es/ Agencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial del Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
http://www.europa.eu.int/ Información sobre la Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Derecho de la Unión Europea
Competencias xerais
Capacidade de comprensión, análise e síntese
Capacidade de organización e planificación
Capacidade de obtención e xestión da información
Capacidade de resolución de problemas
Capacidade de decisión
Razoamento crítico
Compromiso ético e deontolóxico
Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
Liderado
Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
Aprendizaxe autónoma
Adaptación a novas situacións
Creatividade
Iniciativa e espírito emprendedor
Motivación pola calidade e a excelencia profesional
Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
Espírito de superación
Competencias específicas:
Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
Adquirir a capacidade de redatar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluida e técinica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
Adquirir a capacidade de analisar e resolver os problemas que xere a practica e a aplicación do Dereito
A actividade docente presencial a desenvolver na aula consistirá fundamentalmente en:
Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección maxistral para:
-Introdución teórica de cada tema.
-Presentación de supostos prácticos a resolver.
-Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar..
-Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.
Procurarase desenvolver un programa de titorías personalizado en grupos reducidos.
A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
-Ofreceranse materiais docentes referidos aos contidos e a supostos prácticos.
Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
Realizaranse probas de autoavaliación
Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
Aplicación de novas tecnoloxías específicas da materia
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións
A AVALIACIÓN Realizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-proba de contidos teóricos
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 2,5 puntos
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación: ata 1 puntos.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas: ata 1 punto.
• Asistencia ás sesións: ata 0,5 puntos.
3. Valoración global da actividade do alumno: 0,5 puntos. Terase en conta a participación activa na aula e a pertinencia das intervencións.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como a avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (6 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (4 puntos), realizarase a través da resolución dun conxunto de supostos prácticos que serán encargados polo profesor. Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións
ademais do traballo na aula, calcúlase que o alumno deberá investir
- 60 horas en actividades de estudo persoal ou en grupo;
-15 horas na resolución de casos practicos ou outros traballos
-5 horas en realizar as lecturas recomendadas
-5 horas en preparar debates, intervencións orais, seminarios ou similares
-5 horas para realizar outras actividades propostas polo profesor
Resulta recomendable coñecer os conceptos xurídicos básicos, especialmente os do campo do Dereito Público e do Dereito Privado (especialmente civil e mercantil) e os fundamentos económicos da Facenda Pública.
Resulta recomendable facer cursado as asignaturas Derecho Financeiro e Procedementos tributarios.
É aconsellable o traballo diario do alumno para o seguimento adecuado das actividades presenciais
PLAN DE CONTINXENCIA
Se conforme ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura fose necesario actuar nos escenarios 2 ou 3 alí deseñados, produciríanse as seguintes especialidades:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
Docencia: En función das disposicións que adopte o centro, a docencia expositiva realizarase de forma presencial ou non presencial (ou alternando ambos os sistemas), conforme ao horario que no seu caso se estableza polo centro, utilizando, segundo se adapten ao contido temático afectado, mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, tamén conforme coas disposicións do centro, impartirase de modo presencial polo menos o 50% da docencia e a través de mecanismos virtuais a restante.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa que terá un valor do 70% da cualificación da materia, mentres que o 30% restante obterase a través da realización dunha proba final, que será presencial en tanto sexa posible no marco das medidas adoptadas polas autoridades académicas e sanitarias e, se non fose posible, por vía telemática. Na cualificación correspondente á avaliación continua (70% do total), manterase a ponderación existente con carácter xeral na valoración da parte correspondente á docencia expositiva (70%) e interactiva (30%).
En todo caso, é necesario superar ambas as partes da avaliación (avaliación continua e proba final) para aprobar a materia.
Escenario 3: peche das instalacións.
Docencia: tanto a docencia expositiva como a interactiva serás completamente virtuais, combinando mecanismos síncronos ou asíncronos en función dos diferentes contidos, con mantemento dos horarios que, para o caso, aprobe o centro.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa que terá un valor do 70% da cualificación da materia, mentres que o 30% restante obterase a través da realización dunha proba final telemática. Na cualificación correspondente á avaliación continua (70% do total), manterase a ponderación existente con carácter xeral na valoración da parte correspondente á docencia expositiva (70%) e interactiva (30%).
En todo caso, é necesario superar ambas as partes da avaliación (avaliación continua e proba final) para aprobar a materia
Cesar Garcia Novoa
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814678
- Correo electrónico
- cesar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luz Maria Ruibal Pereira
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814768
- Correo electrónico
- luzmaria.ruibal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Iglesias Casais
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo B1 - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:30 | Grupo B2 - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:30 | Grupo B1 - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:30 | Grupo B2 - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
09:00-10:00 | Grupo C1 - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
09:00-10:00 | Grupo C2 - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
15:00-16:00 | Grupo A1 - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
15:00-16:00 | Grupo A2 - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
15:00-16:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
16:00-17:00 | Grupo B1 - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
16:00-17:00 | Grupo B2 - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
16:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
10:30-12:00 | Grupo C1 - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
10:30-12:00 | Grupo C2 - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
15:00-16:30 | Grupo A1 - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo C1 - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
10:30-12:00 | Grupo C2 - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Sala de Conf. Lete del Rio |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
15:00-16:30 | Grupo A1 - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 3 |
27.05.2021 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
27.05.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
27.05.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 9 |
01.07.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 9 |
01.07.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 9 |