Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia contribúe ao coñecemento fundamental das bases antropolóxicas da construción sociocultural da infancia así como da análise antropolóxica das institucións familiar e escolar. Dende as achegas da antropoloxía, esta materia fai unha especial contribución ao coñecemento e valoración da diversidade, facendo fincapé no compromiso coa diversidade cultural, sexo/xenérica, a diversidade na infancia, a diversidade familiar así como propoñerase a perspectiva intercultural como paradigmas de traballo no futuro desenvolvemento profesional do noso alumnado. Por tanto, a materia oriéntase a dotar ao alumnado cunhas bases antropolóxicas e unha perspectiva crítica imprescindible dende o primeiro ano de formación.
- Comprender a infancia, a familia e a escola, así como as súas interrelacións, como construcións socioculturais suxeitas a unha gran variabilidade histórica e cultural, dende unha perspectiva antropolóxica.
- Comprender a variedade de factores, históricos, políticos, económicos e culturais que determinan estas variacións e coñecer distintas manifestacións da diversidade cultural.
- Propoñer unha óptica intercultural que propicie o distanciamento crítico dos modelos culturais dominantes así como propostas inclusivas e non discriminatorias, que tomen en conta os contextos tanto local como global na comprensión da infancia, da educación e dos distintos modelos familiares.
1. A natureza cultural do ser humano
- Cultura, sociedade e a importancia da aprendizaxe
- A socialización e os procesos de transmisión/adquisición da cultura
- Un exemplo: a socialización diferencial de xénero
2. A visión intercultural da infancia, da familia e da escola
- “nos” e “outrxs”: etnocentrismo, racismo e relativismo metodolóxico na escola
- Diversidade cultural e modelos de xestión da diversidade na escola
- O enfoque intercultural nas escolas
3. Infancias
- Antropoloxía da infancia: a infancia como construción socio-cultural
- A infancia e as familias na historia: percorrido pola arqueoloxía da infancia, mundo clásico, idade media e modernidade
- A infancia na actualidade: variabilidade e problemáticas emerxentes
4. Familias
- As maternidades e paternidades a debate
- Diversidade familiar na actualidade: modelos familiares e estilos educativos
Bibliografía básica:
ARIÈS, Philippe (1986) “La infancia”. Revista de Educación, 281: 5-17.
CARRASCO PONS, Silvia (1997) Usos y abusos del concepto de cultura. Cuadernos de Pedagogía, 264: 14-18.
PACHÓN CASTRILLÓN, Ximena (2009) ¿Dónde están los niños? Rastreando la mirada antropológica sobre la infancia. Maguaré, 23: 433-469.
MOSCOSO, María Fernanda (2009) “La mirada ausente: Antropología e infancia”. Aportes Andinos, 24. http://hdl.handle.net/10644/1038
SPINDLER, Gerorge D. (2007) “La transmisión de la cultura”. En H. M. Velasco y F. J. García Castaño (eds.) Lecturas de antropología para educadores. El ámbito de la antropología de la educación y de la etnografía escolar. Madrid: Trotta. Pp. 205-241
Bibliografía complementaria:
AGUIRRE, Ana María, CARO, Carmen; FERNÁNDEZ, Sergio e SILVERO, Marta (2016) Familia, escuela y sociedad. Manual para maestros. Logroño: Unir.
ARIÈS, Philippe (1962) Centuries of Childhood: A Social History of Family Life. NY: McGraw-Hill
ARIÈS, Philippe (1989-93) Historia de la vida privada. Madrid: Taurus.
BATALLÁN, Graciela y CAMPANINI, Silvana (2007) “El “respeto a la diversidad” en la escuela: atolladeros del relativismo cultural como principio moral”. Revista de Antropología Social, 16: 159-174.
BERGER, Peter L. E LUCKMANN, Thomas (2001) La construcción social de la realidad. BsAs: Amorrortu.
BENSO CALVO, Carmen e PEREIRA, Carmen (Coord.) (2007) Familia y escuela. El reto de educar en el siglo XXI. Ourense: Concellería de educación.
BOLIVAR, Antonio (2006) “Familia y escuela: dos mundos llamados a trabajar en común”. Revista de Educación, 339: 119-146.
BOURDIEU, Pierre (2007) “Los poderes y su reproducción”. En H. M. Velasco y F. J. García Castaño (eds.) Lecturas de antropología para educadores. El ámbito de la antropología de la educación y de la etnografía escolar. Madrid: Trotta. Pp. 389-429.
BRUNET, Juan José (2014) Familia y escuela: encuentro necesario. Madrid: San Pablo.
CARRASCO, Silvia, PÀMIES, Jordi y BERTRAN Marta (2009) “Familias inmigrantes y escuela: desencuentros, estrategias y capital social”. Revista Complutense de Educación, 20 (1): 1-28.
CASTRO, Xavier (2008) “Historia da infancia na Galicia contemporánea”, Minius XVI: 63-101.
COMELLAS CARBÓ, María Jesús (2009) Familia y escuela: compartir la educación. Barcelona: Graó.
COSTA RICO, Antón (2004) Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX). Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo. Vigo: Xerais.
De MAUSE, Lloyd (1991) Historia de la infancia. Madrid: Alianza.
DOWLING, Emilia y OSBORNE, Elsie (1996) Familia y escuela: una aproximación conjunta y sistémica a los problemas infantiles. Barcelona: Paidós.
GONZÁLEZ, M. Mar (2009) “Nuevas familias, nuevos retos para la investigación y la educación”. Cultura y Educación, 21 (4): 381-389.
GARCÍA CASTAÑO, Javier y PULIDO, Rafael (1994) Antropología de la Educación. El estudio de la transmisión-adquisición de cultura. Madrid: Eudema
GIROUX, Hernry y MCLAREN, Peter (1998) Sociedad, cultura y educación. Madrid: Miño y Dávila Eds.
GONZÁLEZ, M. Mar (2009) “Nuevas familias, nuevos retos para la investigación y la educación”. Cultura y Educación, 21 (4): 381-389.
GOTTLIEB, Alma (1998) Do infants have religion? The spiritual lives of Beng babies. American Anthropologist, 100 (1): 122-135.
GOTTLIEB, Alma (2000) Where have all the babies gone? : Toward an anthropology of infants (and their caretakers). Anthropological Quarterly, 73: 121-132.
GUTIÉRREZ GUTIÉRREZ, Aurora (2004) Historia de la infancia: itinerarios educativos. Madrid: UNED.
HIRCHFELD, Lawrence (2002) “Why Don’t Anthropologists Like Children?”, American Anthropologist, 104 (2): 611-627.
JAMES, Allison e PROUT, Alan (eds.) (1997) Constructing and Reconstructing Childhood: Contemporary Issues in the Sociological Study of Childhood. NY: Routledge.
JOCILES, María Isabel (2007) “Panorámica de la antropología de la educación en España: estado de la cuestión y recursos bibliográficos”, Revista de Antropología Social, 16: 67-116.
KEHILY, Mary Jane (ed.) (2009) An introduction to Childhood Studies. Glasgow: McGraw-Hill.
LA FONTAINE, Jean (1986) “An Anthropological Perspective on Children in Social Worlds”, en M. Richards (ed.) Children of Social Worlds: Development in a Social Context. Cambridge: Polity Press. pp. 10-30.
LAHIRE, Bernard (2007) “Infancia y adolescencia: de los tiempos de socialización sometidos a constricciones múltiples”. Revista de Antropología Social, 16: 21-37.
LAVE, Jean y WENGER, Etienne (1991) Situated Learning. Legitimate peripheral participation. New York, Cambridge University Press.
LEVINE, Robert (2007) “Ethnographic Studies of Childhood: A Historical Overview”. American Anthropologist, 109 (2): 247-260.
LEVINE, Robert y NEW, Rebecca S. (eds.) (2008) Anthropology and child development: a cross-cultural reader. Wiley-Blacwell.
MEAD, Margaret (1955) Childhood in contemporary cultures. Chicago: University of Chicago Press.
MONTGOMERY, Heather (2008) An introduction to Childhood: Anthropological Perspectives on Children’s Lives. Oxford: Whiley-Blackwell.
POLITIS, GUSTAVO G. (1998) Arqueología de la infancia: una perspectiva etnoarqueológica. Trabajos de prehistoria, 55 (2): 5-19.
SEGALEN, Martine (1992) Antropología histórica de la familia. Madrid: Taurus.
SCHEPER-HUGHES, Nancy (1997) La muerte sin llanto: violencia y vida cotidiana en Brasil. BCN: Ariel.
SCHEPER-HUGHES, Nancy; SARGENT, Carolyn F. (eds.) (1999) Small Wars: The Cultural Politics of Childhood. University of California Press.
STAINTON ROGERS, Rex e STAINTON ROGERS, Wendy (1992) Stories of Childhood: Shifting Agendas of Child Concern. Toronto: University of Toronto Press.
WOLCOTT, Harry F. (2007) “El maestro como enemigo”. En H. M. Velasco y F. J. García Castaño (eds.) Lecturas de antropología para educadores. El ámbito de la antropología de la educación y de la etnografía escolar. Madrid: Trotta. Pp. 243-258.
Acceso á bibliografía:
http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/pJim{226}enez+Esquinas%2C+Guadalupe/pjimenez+esquinas+guadalupe/-3%2C-1%2C0%2CB/frameset&FF=pjimenez+esquinas+guadalupe&3%2C%2C3
Competencias Básicas:
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, pero que adoita atoparse a un nivel que se apoia en libros de texto avanzados e inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. (EI/EP)
CB2- Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. (EI/EP)
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. (EI/EP)
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. (EI/EP)
Competencias Transversais:
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras. (EI/EP)
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega. (EI/EP)
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.(EI/EP)
Competencias Xerais:
G3- Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá. (EI/EP)
G4- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia y saber reflexionar sobre eles. (EI/EP)
G5- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia. (EI)
G6- Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende seu funcionamento. Desenvolver as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e súas familias, con atención ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. (EP)
G7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa. (EP)
G8- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas. (EI/EP)
G10- Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias. (EI)
G12- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos. (EI)
Competencias específicas:
E10- Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. (EI)
E11- Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar. (EI)
E12- Promover e colaborar en accións dentro e fora da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. (EI)
E14- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.(EI/EP)
E20- Amosar habelencias sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. (EP)
E21- Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar na xeira 6-12 anos. (EP)
E22- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.(EP)
Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas. En función das características da materia as aulas desenvolveranse de xeito presencial ou ben de xeito virtual en función da situación sanitaria, en sesións síncronas/asíncronas empregando as canles telemáticas provistas pola universidade.
Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia. Proponse a realización de tres traballos curtos individuais por parte do alumnado así como un traballo de investigación básica grupal e colaborativa, que deberá expoñerse na aula.
Os tres traballos individuais entregables elaboraranse a partir de distintos materiais que propoñerán as docentes e que estarán previamente dispoñibles no campus virtual. Nas aulas traballarase no debate dos materiais, posta en común, corrección por pares e avaliación formativa dos entregables empregando as ferramentas do campus virtual de forma preferente.
O traballo de iniciación á investigación básica grupal xirará en torno a unha pregunta de investigación en relación aos contidos traballados nos temas 3 ou 4. Para familiarizar ao alumnado co tipo de exercicio que se lle esixirá no TFG, este traballo contará cos apartados habituais neste tipo de exercicios: obxectivos, metodoloxía, estado da cuestión, análise e bibliografía (mín. 2-3 referencias). Características formais: min 10 páxinas, TNR12, interlin 1.5. Acompañarase dunha presentación oral que seguirá os mesmos apartados e tamén será avaliada por pares cunha rúbrica específica.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e a avaliación continua formativa, empregando as ferramentas didácticas máis axeitadas.
Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas e entregables, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións. Estas funcións tamén desenvolveranse a través da avaliación formativa dos traballos e entregables individuais ou grupais.
As titorías grupais programaranse en relación á elaboración do traballo grupal de investigación básica, para a súa planificación, organización, recomendacións metodolóxicas, bibliográficas, resolución de dúbidas e supervisión de borradores. Igualmente estas funcións desenvolveranse a través da avaliación formativa do traballo grupal e dos comentarios formativos na exposición grupal.
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Asistencia e participación nas aulas presenciais expositivas e interactivas – requisito imprescindible para a avaliación.
a) Tarefas e entregables durante o curso: 60%
3 entregables individuais – 30%
Traballo de investigación grupal – 20%
Presentación oral do traballo grupal – 10%
b) Proba final: 40%
Para seguir a avaliación continua a asistencia será obrigatoria. Será preciso aprobar a parte “a” das tarefas e entregables (3/6ptos) que dan conta do aproveitamento e seguimento continuo da materia para poder facer a proba final “b”, complementaria nesta avaliación continua. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes “a” e “b” para facer a media.
Os tres traballos individuais elaboraranse a partir dos materiais que propoñerán as docentes (película, texto, documentais, teatro, etc) e que estarán previamente dispoñibles na aula virtual. Nas aulas traballarase no debate dos materiais, a posta en común, corrección por pares, comentario construtivo entre pares e avaliación formativa dos entregables empregando as ferramentas do campus virtual de forma preferente, coa supervisión puntual da docente nalgunhas destas tarefas.
O traballo grupal de iniciación á investigación básica xirará en torno a unha pregunta de investigación proposta pola docente en relación aos contidos traballados nos temas 3 ou 4. Para familiarizar ao alumnado co tipo de exercicio que se lle esixirá no TFG, este traballo contará cos apartados habituais neste tipo de exercicios: obxectivos, metodoloxía, estado da cuestión, análise e bibliografía (mín. 2-3 referencias). Características formais: min 10 páxinas, TNR12, interlin 1.5. Acompañarase dunha presentación oral grupal que seguirá os mesmos apartados e será avaliada por pares cunha rúbrica específica.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e a avaliación continua formativa, fomentar o comentario e o debate respectuoso entre pares, para isto empregaranse as ferramentas didácticas dispoñibles.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. No caso da avaliación continua a asistencia e participación nas aulas é imprescindible para a avaliación.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuos, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Polo tanto a ausencia de mais de 6 sesións, sexan interactivas ou expositivas, así como o non seguimento do ritmo das tarefas e entregables, supón a perda do dereito á avaliación continua e a aplicación da modalidade de avaliación non continua.
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua deberá facer un traballo de investigación individual, seguindo as características previamente descritas e pautado polos docentes, e mais o exame final. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
a) Traballo individual: 40%
b) Proba final: 60%
3. Avaliación de alumnxs con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar á coordinadora da materia, segundo o indicado na normativa, e poderá preservar o seu dereito á avaliación continua sempre que participe dos procesos de avaliación por pares e seguindo os criterios anteriormente descritos, pero coas seguintes ponderacións:
a) Tarefas e entregables durante o curso: 60%
3 entregables individuais – 30%
Traballo de investigación individual – 30%
b) Proba final: 40%
Tamén poderá optar pola modalidade de avaliación non continua seguindo os criterios e ponderacións xerais. Traballo individual 40% Exame 60%.
Os contidos e estratexia de ensinanza-aprendizaxe desta materia contribúen a acadar as seguintes competencias propias do titulo:
- A elaboración dos entregables individuais en base a distintos materiais así como a súa posta en común, corrección por pares, comentario construtivo entre pares e avaliación formativa permitirán acadar as seguintes as competencia básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, as competencias xerais G3, G4, G5, G6, G7, G8, G10, G12 e as competencias específicas E10, E11, E12, E14, E20, E21, E22.
- A elaboración dun traballo de iniciación á investigación básica elaborado de xeito grupal permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3, as xerais G4, G5, G6, G7, G8, G12 e específicas E14, E20, E22.
- A exposición na clase dos resultados do traballo de iniciación á investigación básica elaborado de xeito grupal permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, xerais G10 e específicas E20.
- A exposición dos contidos conceptuais e teóricos e a súa avaliación cunha proba final permitirá acadar especialmente as competencias básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, as xerais G12 e as específicas E11, E14 e E22.
Dacordo coas instrucións recibidas da Reitoría e da Facultade, a distribución dos 6 ECTS será:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estimase que cada alumno deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas 35 corresponden ás tarefas de estudo; 18 á preparación de materiais, busca de información e análise de documentos, 45 a lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais; 19 á lectura de obras recomendadas e á resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Responsabilidad Medioambiental: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia empregaranse preferentemente ferramentas do Campus Virtual para evitar o gasto innecesario de papel e outros materiais.
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de Xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Utilización del móbil na aula: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Tódalas comunicacións realizaranse a través do correo RAI e empregaranse as ferramentas tecnolóxicas institucionais como Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola universidade. Será responsabilidade do alumnado seguir as distintas canles de comunicación.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, comunicacións...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAN DE CONTINXENCIA
ESCENARIO 2 e 3
- Metodoloxía da ensinanza
Aulas expositivas: En función das recomendacións sanitarias as aulas desenvolveranse de xeito presencial, semipresencial ou virtual, en sesións que se desenvolverán preferiblemente a través da plataforma Teams e contando coas ferramentas de apoio no Campus Virtual.
Aulas interactivas: en calquera dos escenarios o obxectivo será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e a avaliación continua formativa. Nos escenarios 2 e 3 traballaranse igualmente na elaboración dos entregables e na realización do traballo de investigación grupal, ben de xeito síncrono/asíncrono a través da plataforma Teams, con ferramentas e materiais de apoio no Campus Virtual.
Actividade titorial: En función das recomendacións sanitarias serán presenciais ou virtuais a través de la plataforma Teams.
- Sistema de avaliación da aprendizaxe
Nos escenarios 2 e 3 a avaliación continua formativa seguirá sendo a modalidade preferente, nos mesmos termos que no escenario 1 pero empregando as ferramentas tecnolóxicas institucionais que faciliten o seu desenvolvemento.
Asistencia e participación nas aulas expositivas e interactivas – requisito imprescindible para a avaliación continua.
a) Tarefas e entregables durante o curso: 60%
3 entregables individuais – 30%
Traballo de investigación grupal – 20%
Presentación oral do traballo grupal – 10%
b) Proba final: 40%
Para seguir a avaliación continua a asistencia presencial ou online será obrigatoria. Será preciso aprobar a parte “a” das tarefas e entregables (3/6ptos) que dan conta do aproveitamento e seguimento continuo da materia para poder facer a proba final “b”, complementaria nesta avaliación continua. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes “a” e “b” para facer a media.
As probas finais nos escenarios 2 e 3 desenvolveranse de xeito presencial ou telemático, tomando a decisión máis axeitada en función da situación sanitaria.
Seguiranse os mesmos criterios que no escenario 1 para a avaliación non continua (a) Traballo individual: 40%; b) Proba final: 60%).
Seguiranse os mesmos criterios que no escenario 1 para o alumnado con dispensa de asistencia (a) Tarefas e entregables durante o curso: 60% - 3 entregables individuais – 30% - Traballo de investigación individual – 30% b) Proba final: 40%) . O alumnado con dispensa de asistencia tamén poderá optar pola modalidade de avaliación non continua seguindo os criterios e ponderacións xerais. Traballo individual 40% Proba final 60%.
Ángel Enrique Carretero Pasín
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- angelenrique.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Guadalupe Jiménez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 Primaria (R - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 Primaria (M - Q) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_06 Infantil (A - López R) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria - Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria (Ferr - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - Ferq) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_07 Infantil (López S - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
19.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
27.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_03 Infantil (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
27.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Primaria (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
27.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 Primaria (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |