Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Proporcionar unha formación fundamental (teorías, métodos e aplicacións) en Filosofía Política
- Xenerar no/na estudante a capacidade de análise e de crítica que lle permita resolver problemas e formular alternativas
- Profundar nos conceptos e problemas fundamentais da Filosofía Política a través do coñecemento directo das obras.
- Analizar, interpretar e criticar textos filosófico-políticos relevantes.
- Desenvolver a capacidade de construir argumentos e defendelos.
- Coñecer e avaliar críticamente os debates filosófico-políticos contemporáneos.
1. Introdución: A Filosofía Política nun mundo global
2. Cidadanía
2.1. Historia e modelos de cidadanía
2.2. Cidadanía e xénero
2.3. Cidadanía: multiculturalismo e cosmopolitismo
2.4. Cidadanía e ecoloxía
3. Xustiza social e política
3.1. Pobreza e desigualdades
3.2. Dereitos, bens, recursos, capacidades
3.3. Teorías da xustiza
3.4. Xustiza Global e Dereitos Humanos
4. Democracia
4.1. Participación, representación, inclusión
4.2. Modelos de democracia
4.3. Xustiza e democracia
4.4. A crise da democracia, transformacións na política e novas perspectivas
Álvarez Yágüez, J., Individuo, Liberdade e Comunidade. Liberalismo e Republicanismo, dous modos de entender a cidadanía. A Coruña, Editorial Ludus, 2000.
Arendt, H., La condición humana. Barcelona, Paidós, 1993.
Aguila, R. del, et alia, La democracia en sus textos. Madrid, Alianza, 1998.
Bernini, Lorenzo, Las teorías queer; una introducción. Barcelona-Madrid, Editorial Egales, 2019.
Bermudo, J.M., Adiós al ciudadano. Pluralismo, consumo, globalización. Barcelona, Horsori, 2010.
Campbell, T., La justicia. Los principales debates contemporáneos. Barcelona, Gedisa, 2002.
Cavarero, A., Horrorismo. Nombrando la violencia contemporánea. Barcelona, Anthropos, 2009.
Dunn J., (Ed.), Democracia. El viaje inacabado (508 a.c.-1993 d.c.). Barcelona, Tusquets, 1995.
Fernández Buey, F./J. Mir García/ E. Prat Carvajal (eds.), Filosofía de la paz. Barcelona, Icaria, 2010.
Foucault, M., Hay que defender la sociedad. Madrid, Akal, 2003.
Fraisse, G., Los dos gobiernos: la famillia y la ciudad. Madrid, Catedra/Feminismos, 2003.
Fraser, N., Escalas de la justicia. Barcelona, Herder, 2008.
---Dilemas de la justicia en el siglo XXI: género y globalizacio. Ma A. Carbonero/J. Valdivieso (eds.). Universitat de les Illes Balears, 2011. ---“Sobre la justicia”, en New Left Review, 74 (2012): 37-46
Habermas, J., La inclusión del otro. Barcelona, Paidós, 1999
Máiz, R. (Coord.), Teorías políticas contemporáneas. Valencia, Tirant lo blanch, 2009
Marshall, T. H., Ciudadanía y clase social. Madrid, Alianza Editorial, 1992
Marx k., Critica al Programa de Gotha. K. Marx/F. Engels, Obras Escogidas. Vol. 2. Madrid, Akal, 1975
Nussbaum, M., Fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión. Barcelona, Paidós, 2006
---Crear capacidades. Propuesta para el desarrollo humano. Barcelona, Paidós, 2011
Pateman, C., El contrato sexual. Madrid, Ménades, 2019
Pogge, Th., Hacer justicia a la humanidad. México, F.C.E., 2009
Quesada, F. (Ed.), Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política. Madrid, Trotta, 2008
Rawls, J., Teoría de la justicia. Madrid, F.C.E., 1979
---Liberalismo Políico. Barcelona, Critica, 1996
---Lecciones sobre la historia de la filosofía políica. Barcelona, Paidós, 2009
Rendueles, C./J. Subirats, Los bienes comunes. ¿Oportunidad o espejismo?. Barcelona, Icaria, 2016
Rosas, Joao Cardoso, Concepçoes da Justiça.Lisboa, Ediçoes 70, 2011
Sen, Amartya, La idea de justicia. Madrid, Taurus, 2010
Shiva, V., Manifiesto para una democracia de la tierra: justicia, sostenibilidad y paz. Barcelona, Paidós, 2006.
Standing, Guy, Precariado. Una carta de derechos. Madrid, Capitán Swing, 2014
Young, I. M. La justicia y la política de la diferencia. Madrid, Cátedra, 2000
--- Responsabilidad por la justicia. Madrid, Morata, 2011
Walzer, M. Guerras justas e injustas. Barcelona, Paidós, 2001
--- Reflexiones sobre la guerra. Barcelona, Paidós, 2004
Wollstonecraft, M., Vindicació;n de los derechos de la mujer. Madrid, Feminismos-Cátedra, 1994
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
- Coñecer os campos máis avanzados da investigación actual nas principais áreas de coñecemento relativas á Filosofía.
- Empregar estratexias combinadas de interpretación histórica e de análise conceptual ao enfrentarse a un problema filosófico.
- Adquisición de experiencia na presentación oral e escrita das ideias proprias.
- Desenvolvemento das capacidades de comprensión e análise, xulgando de forma reflexiva e sólidamente informada as diferentes perspectivas dende as que poderían seguirse a dar respostas aos problemas filosóficos.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
- Coñecer con rigor conceptual e apoio documental as teorías, os métodos, as aplicacións e as corrrentes propias da Filosofía Política, seguindo a súa historia e nas suás formulacións contemporáneas.
- Profundizar nos conceptos básicos da filosofía política.
- Desarrollar as capacidades de análise, reflexión e diálogo sobre os problemas da política no mundo contemporáneo.
- Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar e deliberar en términos éticos e políticos.
- Saber expoñer e aplicar esos coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate. Dedicaranse 6 sesións para os tres temas centrais.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alumnado dos temas nas distintas sesións. Estas faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e de textos complementarios, dispoñíbeis no campus virtual ou achegados nas aulas. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alumnas ou alumnos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles preguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia.
(3) Tanto para as aulas expositivas como para as interactivas serán textos de lectura obrigatoria:
J. Locke: Segundo Tratado sobre el gobierno civil
J.J. Rousseau.: Discurso sobre el origen de las desigualdades entre los hombres
I. Kant: La paz perpetua
Plan de continxencia
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Ver apartado de “Observacións”
É posible superar a materia mediante avaliación continua ou, excepcionalmente, indo ao exame final
Para a avaliación continua contarán:
(1) Interactivas
O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o alumnado presentarán e discutirán este. Neste sentido, as presentacións valoraranse como parte da nota.
Realizarase unha proba escrita (comentario de texto) por cada un dos textos de lectura obrigatoria.
(2) Expositivas
Realizarase unha proba escrita sobre os contidos dados nas aulas expositivas que consistirá nun comentario de texto e dúas cuestións.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
As probas escritas, valoraranse de 0 a 10 puntos, aportarán o 60% da cualificación. Xunto a esta, a participación activa comentando o traballo realizado sobre os textos na aula aportará o 10%. As presentacións temáticas, o traballo sobre os textos, resumos e comentarios o restante 30%.
As e os alumnas e alumnos que conforme a este método de avaliación non superen a materia ou que desexen mellorar a nota acadada poderán concorrer ao exame final.
EXAME FINAL
As persoas que concorran ao exame final terán que dar conta do conxunto da materia impartida no curso así́ como dos textos de lectura obrigatoria e de apoio empregados nas aulas expositivas e interactivas. O exame final consiste nunha proba escrita: un comentario de texto (4 puntos) e dúas cuestións (3 puntos cada unha).
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Quen teña dispensa de asistencia a clase será́ avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará́ conta dos textos de lectura obrigatoria (Comentario de texto dun dos tres obrigatorios; 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, ca/co alumna/alumno (dúas cuestións: 3 puntos cada unha).
O tempo total de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas
TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Clases expositivas: 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Titorías de grupo 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/a estudante
- Horas non presenciais semanais, recomendadas para o traballo con textos: 2 horas.
Aproximadamente, 32 horas no semestre.
- Horas de estudo semanais (para alén das non presenciais): documentación, probas, traballos etc. 4 horas semanais. Aproximadamente, 67 horas no semestre.
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUNADO
(1) Preparación das presentacións nas sesións prácticas.
(2) Leitura de textos e traballo sobre estes.
(3) Preparación probas escritas
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
Participación activa e asistencia
A materia require necesariamente da participación activa do alunado. Non se limitará a un grupo reducido de persoas, todo o mundo terá que participar.
Ao longo do curso darase bibliografía específica e complementaria dos temas do programa nas aulas ou a través da Aula virtual.
PLAXIO: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2:
En función do número de estudantes, de non ser posible a presencialidade gardando ás medidas sanitarias de seguridade, manterase un mínimo do 50% de presencialidade para as aulas expositivas e interactivas, atendendo ao número de estudantes; e sempre e cando a organización do centro o permita (dispoñibilidade de aulas segundo os requirimentos de seguridade sanitaria) e se dispoña tamén de medios tecnolóxicos axeitados e suficientes.
A avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas, procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual:
1. As probas escritas correspondentes ás aulas interactivas faranse vía Aula virtual: proba non presencial sincrónica.
2. A proba escrita correspondente ás aulas expositivas será substituída pola elaboración individual dun ensaio relacionado cos contidos desarrollados durante o curso. Non debe ser un mero resumo de textos.
Debe cumprir os seguintes requisitos:
• Consistirá na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
• Terá unha estrutura ordenada. Constarán de resumo inicial; introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo; estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
• Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algún dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está dispoñíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384.
• Seguirá o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, entreliñado 1,5, parágrafo xustificado, sen portadas).
• Terá unha extensión de 10 -15 páxinas.
Con isto avaliarase, alén da adquisición de coñecementos, a capacidade de lectura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados.
O exame final será excepcional e, de ser o caso, non presencial sincrónico
Escenario 3:
A avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas, procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual:
1. As probas escritas correspondentes ás aulas interactivas faranse vía Aula virtual: proba non presencial sincrónica.
A proba escrita correspondente ás aulas expositivas, será substituída pola elaboración individual dun ensaio relacionado cos contidos desarrollados durante o curso. Non debe ser un mero resumo de textos.
Debe cumprir os seguintes requisitos:
• Consistirá na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
• Terá unha estrutura ordenada. Constarán de resumo inicial; introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo; estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
• Incluirá as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algún dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está dispoñíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384.
• Seguirá o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, entreliñado 1,5, parágrafo xustificado, sen portadas).
• Terá unha extensión de 10 -15 páxinas.
Con isto avaliarase, alén da adquisición de coñecementos, a capacidade de lectura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados.
O exame final será excepcional e, de ser o caso, non presencial sincrónico
En ningún dos escenarios se subirán aulas previamente gravadas pola profesora. Nos escenarios 2 e 3 empregaranse, dentro das posibilidades e medios, aulas expositivas por sistema remoto.
Maria Jose Agra Romero
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812527
- Correo electrónico
- mx.agra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
19.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
19.01.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
06.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
06.07.2021 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |