Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 12 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Formar os alumnos nos conceptos teóricos e prácticos relacionados coas producións secundarias (non madeireiras) dos sistemas forestais de cara a complementar a súa formación no campo da xestión dos recursos forestais e o aproveitamento sustentable dos sistemas forestais.
Os contidos que se desenvolverán ao longo das actividades académicas establecidas para esta materia son:
- Principais aproveitamentos tradicionais dos sistemas forestais do norte de España.
- Os sistemas forestais como produtores de setas: estudo morfolóxico, ecolóxico e económico das principais especies.
- Estudo das micorrizas e as súas aplicacións forestais.
- Ecoloxía, distribución e posibilidades de aproveitamento da sobreira en Galicia.
- Caracterización botánica, ecolóxica e utilidades terapéuticas das plantas medicinais presentes nos sistemas forestais do norte de España.
- Cultivo, recolección e procesado de plantas aromáticas e medicinais.
- Estudo e interese do aproveitamento das plantas melíferas presentes nos sistemas forestais no norte de España.
- Estudo das especies autóctonas produtoras de pequenos froitos de interese no norte de España. Árbores forestais de importancia económica como produtores de froitos.
Estes contidos desenvolveránse a traveso do seguinte programa da materia:
Programa teórico
O programa teórico se dividie en 2 bloques temáticos:
Bloque 1: centrado no aproveitamento micolóxico e subericultura. Que se desenvolverá en 9 horas expositivas.
Bloque 2: centrado no aproveitamento das plantas con interese medicinal, melíferas e productoras de pequenos froitos. Que se desenvolverán en 9 horas expositivas.,
Tema 1.- Sistemas forestais: definición e funcións. Sistemas silvopastorais e agro-silvo-pastorais. Producións tanxibles e intanxibles. Producións principais e complementarias. Uso múltiple ou integral dos montes. Uso sostible dos recursos forestais.
Tema 2.- Aproveitamento micolóxico. Introducción aos Fungos. Características xerais. Formas de vida. Reproducción. Sistemática. Organografía dos corpos de froitificación. Características organolépticas. Toxicidade. Lexislación relativa ao aproveitamento micolóxico. Estudo das micorrizas e as súas aplicacións forestais.
Tema 3.- Hábitats fúnxicos ou micotopos de Galicia. Hábitats arborados: carballais, reboleiras, faiais, bosques mixtos, biduedos, soutos, piñeirais, eucaliptais. Hábitats arbustivos: toxeiras, xesteiras, piornais, uceiras, estevais. Hábitats herbáceos: prados e pastizais, turbeiras.
Tema 4.- Ascomycetes. Características xerais. Ecoloxía. Xéneros Morchella, Helvella, Gyromitra: principais especies comestibles. Xénero Tuber (trufas): principais xéneros e especies de interese.
Tema 5.- Basidiomycetes. Características xerais. Ecoloxía. Xéneros Amanita, Agaricus, Lepiota, Coprinus e Clitocybe, Agrocybe, Calocybe, Marasmius, Hygrophorosis, Rhodopaxilus, Pleurotus, Fistulina Lactarius, Russula, Tricholoma, Paxillus, Laccaria, Entoloma, Clitopilus, Hydnum, Sarcodon e Cantharellus, Boletus. Caracteres xerais e identificación das especies de maior interese ou de carácter tóxico.
Tema 6.- Factores que inflúen na produción de cogomelos. Influencia da xestión forestal no aproveitamento micolóxico. Lexislación relativa ao aproveitamento e comercialización de recursos micolóxicos.
Tema 7.- Subericultura. Características botánicas e ecolóxicas de Quercus suber. Área de distribución mundial e galega. Estado actual e grao de aproveitamento dos sobreirais galegos. Lexislación sobre o aproveitamento da sobreira en Galicia.
Tema 8.- Definición de plantas aromáticas, medicinais e condimentares. Principios activos. Aspectos legais sobre recolección e produción de PAM.
Tema 9.- Principais especies aromáticas e medicinais, silvestres e cultivadas, das Familias Asteraceae (Compositae), Apiaceae (Umbelliferae), Lamiaceae (Labiatae) i Ericaceae. Caracteres diferenciais, descrición e importancia económica.
Tema 10.- Outros grupos de plantas silvestres medicinais e aromáticas.
Tema 11.- Técnicas de cultivo das especies aromáticas e medicinais, silvestres e introducidas, de maior importancia económica. Aspectos ecolóxicos, multiplicación, preparación do terreo, cuidados culturais, produción e recolección. Procesado e comercialización de plantas aromáticas e medicinais. Preparación para infusións/dietética: secado ou deshidratación, clasificación e troceado, limpeza e acondicionamento, selección e envasado, conservación.
Tema 12.- Plantas entomófilas: xeneralidades. Factores que inflúen na produción de néctar. O pole. As melazas ou melatos. Os propóleos. Flora espontánea ou subespontánea da España atlántica de elevado interese apícola.
Tema 13.- Especies vexetais produtoras de pequenos froitos de importancia económica. Características botánicas. Ecoloxía. Variedades. Técnicas de cultivo. Produción. Recolección. Procesado. Comercialización.
Programa práctico
Prácticas de laboratorio:
Identificación de "visu" e mediante claves de cogumelos, plantas medicinais, aromáticas, melíferas e produtoras de pequenos froitos. Cálculo da capacidade e velocidade de xerminación de plantas medicinais e aromáticas. Procesado post-colleita de plantas medicinais.
Estas prácticas realizaranse nos laboratorios de prácticas de Botánica Forestal e nas inmediacións do Campus Universitario.
Os alumnos terán que entregar informes de prácticas razoando os resultados. Nalgunhas das prácticas, os resultados se comentarán de forma colectiva buscando xustificacións razoadas sobre os resultados obtidos.
Total de horas: 6
Prácticas de campo:
Realizaránse dúas prácticas de campo:
- Práctica de avaliación de potencialidade para o aproveitamento micolóxico dun monte, a realizar nun monte veciñal próximo á capital lucense.
- Viaxe de prácticas consistente na visita a unha industria familiar de procesado de cogumelos (Champivil) en Vilalba (Lugo) e a unha pequena cooperativa de procesado de plantas aromáticas e mediciñais (Milhulloa) en Orosa (Palas de Rei, Lugo).
Con estas prácticas de campo pretendense reforzar os coñecementos adquiridos nas aulas identificando ambientes micolóxicos reais e comprobando qué especies de cogumelos, plantas medicinais e froitos silvestres son os máis demandados, cómo se procesan e comercializan.
Os alumnos terán que entregar informes das prácticas de campo, salientando os aspectos relacionados co aproveitamento e rendemento das producións vistas en cada caso.
Total de horas: 6
Desglose das actividades académicas por horas:
Clases téoricas (expositivas): 18 horas (100% presencial)
Titorías en grupos reducidos: 2 horas (100% presencial)
Clases prácticas: 18 horas (100% presencial
Actividades de avaliación: 4 horas (100% presencial)
Bibliografía básica.
- Castro, M., Justo, A., Lorenzo, P. & Soliño, A. (2005). Guía micolóxica dos ecosistemas galegos. Coleción Natureza verde, nº 17. Baía Edicións. A Coruña. 445 pp.
- Coque, M., Díaz, Mª.B., Ciordia & M., García, J.C. (1994). El cultivo del frambueso y la zarzamora. Principado de Asturias. Consejería de Medio Rural y Pesca.
- De Diego Calonge, F. (1990). Setas. Guía ilustrada. Ed. Mundi-Prensa.
- Fernández de Ana-Magán, F. & Rodríguez, A. (2000). Os cogumelos nos ecosistemas forestais galegos. Ed. Xerais.
- Fernández Pola, J. (1996). Cultivo de plantas medicinais, aromáticas e condimentarias. E. Omega. Barcelona.
- Font Quer, P. (1990). Plantas medicinais. El Dioscórides renovado. Editorial Labor. S.A.
- Fundación Alfonso Martín Escudero. (1999). Las plantas con extractos. Bases para un plan de desarrollo del Sector. Ed. Melissa S.A.
- Hornok, L. (1992). Cultivation and processsing of medicinal plants. Wiley and Sons. Bruneton, J. (1979). Plantas tóxicas. Ed. Acribia. S.A.
- Romo, A., Stubing, G. & Peris, J.B. (2002). Plantas medicinales de la Península Ibérica e Islas Baleares. Ed. Jaguar.
Sánchez González, M, Calama, R, Bonet, J.A. (2020). Los productos forestales no madereros en España: Del monte a la industria. Monografia INIA: Serie Forestal, nº 31.
Bibliografía complementaria
- Bruneton, J. (1979). Plantas tóxicas. Ed. Acribia. S.A.
- Jones, E.T., McLain, R.J. & Weigland, J. (2002): Nontimber Forest Products in the United States. 443 pp. Univeristy Press of Kansas.
- Vallés, J.M. (2012). El huerto urbano: plantas aromáticas: Manual de cultivo de plantas medicinales y aromáticas en terrazas y balcones. Ediciones del Serbal. Barcelona. 288 pp.
Coa superación da materia, os estudantes adquirirán as seguintes competencias xerais, transversais e específicas, establecidas dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación:
Competencias xerais
CG1: Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamento no ámbito forestal.
Competencias Transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade para o traballo individual con actitude autocrítica.
CT4:Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para a realización de unha exposición pública de forma clara, concisa e coherente.
CT8:Compromiso de veracidade da información ofrecida
CT11: Utilización de información en lingua extranxeira
Competencias específicas:
CETEIF6: Materias primas forestais non madeireiras.
Mediante estas competencias, os estudantes acadarán unha visión xeral dos aproveitamentos secundarios potenciais e con maior rendemento económico dos sistemas forestais existentes no NW Ibérico.
De acordo coas bases e directrices establecidas pola USC para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021, exponse a continuación a metodoloxía docente a aplicar en cada un dos 3 escenarios establecidos.
3.1. Escenario 1: normalidade adaptada
Neste escenario, a totalidade das actividades docentes desenvolvidas dentro desta materia considéranse de carácter presencial. A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais), clases interactivas (práticas de laboratorio e viaxe de prácticas) e o esforzo individual relacionado coa elaboración dun traballo individual obrigatorio. O traballo consistirá na identificación e valoración das posibilidades de aproveitamento de recursos forestais non madeirables nun área xeográfica determinada, a escoller polo estudante. O traballo deberá de elaborarse seguindo un guión que se deixará a disposición dos estudantes no Campus Virtual. O traballo presentarase en soporte dixital (arquivo pdf) e será exposto de xeito resumido nas datas oficiais de exame de 1ª e 2ª oportunidade.
De acordo coas bases e directrices establecidas pola USC para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2021-2021, expóñense a continuación os sistemas de avaliación a aplicar en cada un dos 3 escenarios posibles.
Os sistemas de avaliación serán idénticos para as avaliacións de primeira e segunda oportunidade e para os estudantes repetidores.
3.1. Escenario 1: normalidade adaptada
A avaliación será continua e escalar. Os criterios de avaliación terán en conta a asistencia (pasarase diariamente á sinatura un listado dos estudantes matriculados) e participación nas clases teóricas e prácticas, así como a entrega dos informes de prácticas e a redacción e exposición do traballo individual obrigatorio da materia. Este consistirá na inventariación e valoración económica dos aproveitamentos non madeirables dun área de traballo proposta polos propios estudantes. Establécese a seguinte relación entre modalidades de avaliación, competencias avaliadas e ponderación sobre a cualificación final da materia:
Modalidade de avaliación Competencias avaliadas Ponderación mín.(%) Ponderación máx. (%)
Participación nas actividades da aula CT1/CT2/CT3/CT5/CG1/CETEIF6 0 5
Presentación de informes de prácticas (laboratorio, campo e viaxes):
CG1/ /CT1/CT2/CT3/CT4/CT5/CT6/CT7/CT8/CETEIF6 0 25
Elaboración e presentación do traballo obrigatorio CG1/CETEIF6/CT1/CT2/CT6/ 0 70
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades interactivas (prácticas de laboratorio, viajes de prácticas) que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como a presentación do traballo individual.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Estímase que para a superación da materia os estudantes deberían dedicar semanalmente a seguinte programación de traballo autónomo:
Tipo de traballo persoal Horas/semana
Lectura e preparación de temas 0,5
Elaboración de informes/traballos 0,5
Elaboración de traballos de curso 3
O estudo debe realizarse de xeito regular e apoiándose en libros e revistas especializadas. Recoméndase asistir as titorias para resolver as dúbidas e, na medida do posible, acostumarse a sair ó campo (complementando as saídas realizadas cos profesores) para identificar e valorar "in situ" os distintos aproveitamentos.
Ao longo do período docente da materia se colocarán no Campus Virtual diferentes documentos que serán utilizados durante as clases para ser debatidos. Recoméndase aos estudantes que visiten periódicamente o Campus Virtual para acceder a esta información para que o seu aproveitamento das actividades académicas sexa o mellor posible.
Calquera dúbida relativa aos contidos teóricos, o desenvolvemento das prácticas ou a elaboración do traballo obrigatorio da materia poderán ser resoltos dentro do horario de titorías dos profesores responsables da materia ou ben, mediante consulta telemática a traveso de correo electrónico dirixido a:
rosa.romero [at] usc.es (rosa[dot]romero[at]usc[dot]es)
manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es).
Plan de Continxencia:
Adaptacións da metodoloxía da ensinanza previstas para os escenarios 2 e 3.
3.2. Escenario 2: distanciamento
Neste escenario, a metodoloxía de ensinanza sustentarase no desenvolvemento de clases teóricas (maxistrais) en remoto fancendo uso da Plataforma Ms Teams, manténdose a presencialidade nas clases interactivas (viaxe de prácticas), e na realización do traballo obrigatorio que sera presentado a traveso dunha presentación en format ppt. Realizaráse un seguimento titorial personalizado dos estudantes a traveso do correo electrónico, o Campus Virtual e sesions de titorización mediante a Plataforma Ms Teams.
3.3. Escenario 3: peche das instalacións
Neste escenario, a metodoloxía de ensinanza sustentarase no desenvolvemento de clases teóricas (maxistrais) en remoto fancendo uso da Plataforma Ms Teams, a realización de pequenos traballos que sustituirán á viaxe de prácticas e a realización do traballo obrigatorio que sera exposto a traveso dunha presentación en formato ppt. Realizaráse un seguimento titorial personalizado dos estudantes a traveso do correo electronico, o Campus Virtual e sesions de titorización mediante a Plataforma Ms Teams.
Adaptacións do sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3.
3.2. Escenario 2: distanciamento
A avaliación manterá o carácter continuo e escalar. Os criterios de avaliación terán en conta a asistencia e participación nás actividades en remoto, a asistencia ás prácticas de laboratorio e a entrega dos correspondentes informes, a asistencia á viaxe de prácticas e a redacción e entrega do traballo individual obrigatorio da materia. A aportación de cada un dos sistemas de avaliación citados á cualificación final da materia seguirá o seguinte reparto:
Modalidade de avaliación Competencias avaliadas Ponderación mín.(%) Ponderación máx. (%)
Participación nas actividades en remoto CT1/CT2/CT3/CT5/CG1/CETEIF6 0 5
Entrega de informes de prácticas CG1/ /CT1/CT2/CT3/CT4/CT5/CT6/CT7/CT8/CT11/CT12/ CETEIF6 0 25
Elaboración e presentación do traballo obrigatorio CG1/CETEIF6/CT1/CT2/CT6/ 0 70
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades interactivas (prácticas de laboratorio, viajes de prácticas) que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como a presentación do traballo individual.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3.3. Escenario 3: peche das instalacións
A avaliación manterá o caracter continuo e escalar. Os criterios de avaliación terán en conta a asistencia e participación nás actividades en remoto, a entrega de pequenos exercicios ou traballos e a redacción e exposición do traballo obrigatorio da materia. A aportación de cada un dos sistemas de avaliación citados á cualificación final da materia seguirá o seguinte reparto:
Modalidade de avaliación Competencias avaliadas Ponderación mín. (%) Ponderación máx. (%)
Participación nas actividades en remoto CT1/CT2/CT3/CT5/CG1/CETEIF6 0 5
Entrega de informes de prácticas CG1/ /CT1/CT2/CT3/CT4/CT5/CT6/CT7/CT8/CT11/CT12/ CETEIF6 0 25
Elaboración e presentación do traballo obrigatorio CG1/CETEIF6/CT1/CT2/CT6/ 0 70
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades interactivas (prácticas de laboratorio, viajes de prácticas) que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como a presentación do traballo individual.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Rosa Romero Franco
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- rosa.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
Martes | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
25.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |
21.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |