Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Coñecer as funcións fisiolóxicas dos diferentes órganos, aparellos e sistemas do corpo humano como base dos coidados xerais.
- Comprender os mecanismos de integración e como o organismo se comporta como unha unidade funcional.
Os obxectivos descritos lograranse mediante a impartición dos seguintes contidos da materia:
- MODULO1. INTRODUCIÓN.
Tema 1. Concepto de Fisioloxía. Concepto de medio interno. Homeostase e mecanismos homeostáticos. Introdución á fisioloxía celular.
Tema 2. Líquidos corporais. Composición, propiedades e funcións dos líquidos corporais.
- MÓDULO 2. SISTEMA HEMATOPOIETICO.
Tema 3. O sangue: Funcións. Composición.
Tema 4. Fisioloxía do eritrocito.
Tema 5. Hemostasia fisiolóxica.
Tema 6. Fisioloxía dos leucocitos.
Tema 7. Fisioloxía do sistema inmune.
- MÓDULO 3. SISTEMA RENAL.
Tema 8. Anatomía funcional do ril. Funcións.
Tema 9. Formación dos ouriños.
Tema 10. Mecanismos renais de de regulación.
Tema 11. Vías urinarias. Eliminación de ouriños.
- MÓDULO 4. SISTEMA CARDIOVASCULAR.
Tema 12. Xeneralidades do sistema circulatorio.
Tema 13. Corazón: Propiedades. Orixe e propagación do ritmo cardíaco.
Tema 14. Ciclo cardíaco. Cambios de presión e volume. Apertura e peche de válvulas. Ruídos cardíacos. Electrocardiograma.
Tema 15. Gasto cardíaco. Concepto, factores que o determinan, cuantificación.
Tema 16. Regulación da actividade cardíaca.
Tema 17. Circulación maior: Arterial, venosa e capilar.
Tema 18. Circulación linfática.
- MÓDULO 5. SISTEMA RESPIRATORIO.
Tema 19. Anatomía funcional do aparello respiratorio.
Tema 20. Intercambio e transporte de gases.
Tema 21. Regulación da respiración.
- MÓDULO 6. SISTEMA DIXESTIVO.
Tema 22. Salivación: secreción, composición e funcións. Mecanismos de control da súa secreción. Mastigación e deglución.
Tema 23. Motilidade gástrica. Secrecións gástricas. Regulación.
Tema 24. Motilidade do intestino delgado. Fisioloxía de: Páncreas exocrino, zume biliar e secrecións intestinais. Regulación.
Tema 25. Motilidade do intestino groso. Secrecións do intestino groso. Formación de materias fecais. Microbiota intestinal. Defecación.
Tema 26. Absorción dos nutrientes.
MÓDULO 7. SISTEMA ENDOCRINO.
Tema 27. Sistemas de control endocrino. Hormonas.
Tema 28. Hipotálamo – Hipófise.
Tema 29. Tiroide.
Tema 30. Paratiroide e metabolismo de calcio e fósforo.
Tema 31. Funcións endocrinas do páncreas.
Tema 32. Funcións da cortiza e medula renal.
Tema 33. Sistemas endocrinos vasoactivos.
MÓDULO 8. SISTEMA REPRODUTOR.
Tema 34. Estructura e funcións do sistema reprodutor.
Tema 35. Fisioloxía da fecundación, embarazo, parto e lactancia.
MÓDULO 9. SISTEMA NERVIOSO.
Tema 36. Organización xeral do sistema nervioso. SNC e SNP.
Tema 37. Fundamentos de neurofisioloxía celular. Excitación e condución.
Tema 38. Fisioloxía xeral da sinapse.
Tema 39. A glándula Pineal.
Tema 40. Arco reflexo-acción reflexa e Fisioloxía xeral dos receptores sensoriais.
Tema 41. Fisioloxía da cortiza motora e o cerebelo.
Tema 42. Sistema Nervioso Autónomo. Simpático e Parasimpático.
Bibliografía básica:
Constanzo, L S. Fisiología. Elsevier, 2018.
Fox, Stuart Ira. Fisiología Humana. McGraw-Hill, 2017.
Guyton, AC. Tratado de fisiología médica. (13ªed). Ed. Elsevier, 2016.
Guyton e Hall: Compendio de fisiología médica. (13ªed). Ed. Elsevier, 2016.
Silverthorn. Fisiología humana: un enfoque integrado. Médica panamericana, 2014.
Bibliografía complementaria:
Berne R. e Levy M. Fisiología. (7ªed). Ed. Elsevier, 2018.
Best – Taylor. Bases fisiológicas de la práctica médica. Ed. Panamericana, 2010.
Boron, Walter F. Fisiología Médica. Elsevier, 2017.
Dubin, D. Dubin: Interpretación de ECG. (6ª ed.). Covee, 2011.
Netter. Fundamentos de Fisiología. (1ªed). Ed. Elsevier,2011.
Thibodeau GA, Patton KT. Anatomía y Fisiología. 6ª ed. Barcelona: Elsevier-Mosby; 2007
Tresguerres, S. A. F. Fisiología humana (4ªed). Ed. Interamericana 2010.
Tortora, J.; Grabowski. Principios de anatomía y fisiología. (13ed). Ed. Panamericana, 2013.
*Garantirase a accesibilidade aos materiais que constitúan a bibliografía básica e complementaria de acordo ás condicións de cada escenario de docencia.
**A equipa docente proporcionará materiais complementarios/de apoio ao estudantado coa vontade de mellorar o acceso aos mesmos segundo o escenario de docencia o requira.
- RECURSOS WEB:
Universidade de Santiago de Compostela (catálogo bibliográfico, revistas electrónicas e libros electrónicos). http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/
Mapas del cuerpo humano 3D. http://www.healthline.com/human-body-maps/
Webfisio. http://www.webfisio.es/.
Segundo a orde ministerial CIN 2134/2008, que regula as titulacións universitarias que habilitan a profesionais para o exercicio da Enfermaría.
Plantéxase a adquisición das seguintes competencias, recollidas na memoria do Título do grao en Enfermería da USC (2ªEd.) e tendo en conta como se priorizan no Libro Branco da ANECA.
Básicas
CB2: que o estudantado saiba aplicar os coñecementos ao seu traballo dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse mediante a defensa e elaboración de argumentos e a resolución de problemas dentro dunha área de estudo.
Xerais
CG1: ser quen, no eido da Enfermería, de prestar una atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, dacordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos do momento e con niveis de calidade e seguridade que se establecen en normas legais e deontolóxicas aplicabeis.
CG3: coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da Enfermería.
CG17: realizar os coidados de Enfermería baseándose na atención integral á saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración de procesos e a conitunidade asistencial.
Transversais
CT01: capacidade de análise e síntese.
CT02: capacidade de organización e planificación.
CT05: resolución de problemas aplicando o pensamento crítico.
CT08: traballo en equipa, multidisciplinar e multilingüe.
Específicas
CE01: coñecer e identificar a estructura e funcionamento do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
2. RESULTADOS DA APRENDIZAXE:
(Alén dos resultados estritamente relacionados coas competencias que se procuran trasmitir no desenvolvemento desta materia).
1) Coñece e aplica ciencias naturais e da vida.
2) Recoñece e utiliza con propiedade a terminoloxía de uso común relativa á estrutura e función do corpo humano de aplicación non seu campo profesional, a nivel de órgano, sistemas e aparellos.
3) Utiliza de xeito coherente vos coñecementos adquiridos sobre a función dous diferentes órganos e sistemas, así como vos mecanismos de regulación e control correspondentes.
4) Utiliza as bases morfolóxicas e funcionais para realizar unha exploración enfermeira eficaz.
A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas xerais, que se aplicarán diferencialmente segundo as características propias da materia.
- Docencia expositiva. Non se ofertará docencia expositiva por tratarse dunha materia en extinción.
- Docencia interactiva. Polo mesmo motivo citado anteriormente, actuarase do seguinte xeito:
a) Eximirase ao estudantado de realizar estas clases interactivas, cando xa as teñan feitas e superadas en cursos pasados.
b) Permitirase a incorporación dos estudantes que non realizaron as clases interactivas da materia en extinción ás da materias correspondentes do novo plan de estudos (aínda que o estudante permanecerá matriculado na materia en extinción). Os seminarios consistirán na realización de traballos escritos en grupo e a súa posterior exposición oral por parte de todo o estudantado. Ademais plantexarase o debate sobre os contidos tratados na materia. Desenvolveranse análise e resolución de casos/supostos prácticos, así coma simulacións ou actividades performativas que integren a aprendizaxe dos contidos da materia.
-Titorías: o estudantado poderá solicitar titorías, de xeito individual, de acordo ao horario planificado para tal cometido na presente programación docente, de maneira presencial.
A avaliación será realizada de forma global e continua, de acordo ao que se sinala a continuación:
- Docencia expositiva: realización dunha proba escrita onde se valorarán os coñecementos adquiridos en todas as actividades desenvolvidas polo estudantado. Representa el 60% da nota final. A proba desenvolverase de xeito presencial.
- Docencia interactiva (seminarios):
Representa o 40% da nota final da materia. Consistirá na realización de traballos en grupo. Realizarase unha avaliación en base a criterios que o alumnado coñecerá ao inicio dos seminarios. No caso de realizar supostos prácticos, simulacións, etc... estes representarán a metade da calificación final da docencia interactiva, valorando o traballo individual de xeito que se fará unha avaliación continuada de cada estudiante, na que se recollerán ítems de valoración das competencias seguintes: CB2, CG3, CG17, CT01, CT02, CT05, CT08 e CE01.
Consideracións xerais do sistema de avaliación:
A asistencia á docencia interactiva é obrigatoria. O estudantado que non supere a parte interactiva da materia, non poderá superar a materia no presente curso académico. Non se admitirán novos traballos ou exposicións para a edición de xuño/xullo.
Valoración continuada da actitude do estudantado, interese, participación, capacidade de traballo en equipa, cumprimento dos horarios establecidos, o bo comportamento e respecto á equipa docente, así coma á totalidade de resto de estudantes.
A falta de asistencia non xustificada, na docencia interactiva, traducirase na non superación da materia. En caso de falta por causa maior, deberá ser debidamente xustificada. É preciso entregar ao profesor ou á profesora responsáble da materia un documento que acredite a falta á maior brevidade posíble.
Para superar a materia será preciso ter superada tanto a docencia interactiva coma a expositiva.
Para superar a docencia expositiva é preciso obter unha nota mínima de cinco na primeira ou na segunda oportunidade.
Cabe a posibilidade de realizar unha proba escrita ao remate do primeiro semestre. De realizarse, quen a supere non se terá que examinar deses contidos na primeira oportunidade. Quen non supere esta proba, na primeira oportunidade examinarase dos contidos do primeiro e do segundo semestre, sendo preciso acadar unha nota mínima de 5 en cada unha das probas para superar a materia.
Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nunha proba única que se superará cunha nota mínima de 5.
O estudantado que tendo superada a parte interactiva da materia, suspendese un ou ambos exames parciais durante o curso, poderá examinarse en 2ª oportunidade na convocatoria de Xullo, manténdoselle a calificación obtida na docencia interactiva do presente curso académico.
Considerarase Non Presentado o estudantado que non realice o exame escrito.
A nota obtida na docencia interactiva manterase na avaliación de Xullo.
A materia ten una carga lectiva de 9 ECTS. Cada ECTS equivale a 25 h, das cales 16,5 corresponden a traballo autónomo do estudantado, 7,5 h a docencia presencial e 1 h a titoría .
Horas na aula: 36 h
Horas seminarios: 43 h
Titorías: 9 h e avaliación: 2h
Horas traballo persoal do estudantado: 135 h
Seguimento diario das actividades, lecturas e resumos dos contenidos desenvolvidos coa finalidade de concretar os contidos obxecto de estudo no programa.
Establecer nexos entre os contidos teóricos das aulas expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas aulas interactivas.
Seguimento das novas e dos materiais que se faciliten ao estudantado, coa vontade de facilitar e coñecer os diferentes escenarios docentes e os mecanismos precisos para o seu correcto desenvolvemento.
Facer uso do Campus Virtual da materia para o desenvolvemento das actividades programadas pola equipa docente, así como vía de comunicación de preferencia cara ao profesorado.
Utilizar as titorías, ben de xeito presencial, ben de xeito virtual a través de ferramenta Microsoft Teams e a través do foro de titorías que se habilite no campus virtual cando o escenario docente dificulte o desenvolvemento das mesmas.
Carlos Rodriguez Abad
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- carlosrodriguez.abad [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
23.05.2023 09:00-11:00 | Grupo de exame | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
23.05.2023 09:00-11:00 | Grupo de exame | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
04.07.2023 09:00-11:00 | Grupo de exame | Aula 2.01 |
04.07.2023 09:00-11:00 | Grupo de exame | Aula 2.02 |
04.07.2023 09:00-11:00 | Grupo de exame | Aula 2.03 |
04.07.2023 09:00-11:00 | Grupo de exame | Aula 3.01 |