Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Psicoloxía Preventiva impártese en cuarto curso dá titulación de Grao en Psicoloxía. As clases teóricas son sesións expositivas, explicativas e demostrativas dos contidos. Os seminarios procuran construír coñecemento a través da interacción profesor-alumno e a actividade dos propios estudantes; son sesións monográficas supervisadas polo profesor con participación compartida dos estudantes. A través das clases prácticas preténdese que os estudantes aprendan como se debe actuar, especificamente para deseñar programas de prevención.
O obxectivo xeral da materia céntrase en que os alumnos adquiran coñecementos e habilidades para levar a cabo programas de prevención en distintos contextos.
Este obxectivo xeral se concreta no logro dunha serie de obxectivos específicos en relación cos con-tendidos, as destrezas prácticas e as actitudes
a) En relación cos coñecementos
. Adquirir os conceptos fundamentais para entender o ámbito da prevención.
. Coñecer as fases e procesos necesarios para desenvolver un programa de prevención.
. Coñecer as modalidades de programas de prevención mais eficaces para distintos problemas e o seu emprego en diferentes contextos.
. Coñecer o proceso e procedementos de programas preventivos en diferentes contextos.
. Saber avaliar e interpretar as variables psicosociais relevantes no campo da prevención.
. Poder analizar programas de prevención segundo os estándares internacionalmente admitidos como boas prácticas.
b) En relación coas destrezas prácticas
. Ter a capacidade de realizar a análise de necesidades e identificar os factores de risco e protección presentes nun contexto determinado.
. Ser capaz de buscar información relevante, organizar a información obtida e xerar documentos aproveitando as vantaxes das Tics.
. Saber analizar e interpretar os resultados dos programas de prevención.
c) En relación coas actitudes
. Valorar os puntos fortes e limitacións dunha intervención preventiva.
. Desenvolver actitudes éticas e profesionais no campo da práctica da prevención.
. Desenvolver un pensamento crítico e construtivo sobre práctica de prevención.
Clases expositivas
Tema 1. - Marco conceptual da prevención.
Fundamentos da prevención. Prevención e currículo de Psicoloxía. Interdisciplinariedad e prevención. Prevención na sociedade do risco. Cultura, contextos de conduta e prevención (antropoloxía cultural, ou psicoloxía cultural, da prevención). Socioloxía e prevención: aceleración social. Clase social, saúde, e factores de risco.
Tema 2. -Invulnerabilidade e modelos teóricos en prevención.
Clases de prevención. Modelos de prevención: modelo do déficit, modelo de competencia.
Tema 3.- Achegas da Psicoloxía positiva. Invulnerabilidade. Personalidade saudable.
Tema 4. - Epidemiología e factores de risco
Concepto de epidemiología e tipos. Correlación vs. causalidade? Factores de risco e de protección. Vulnerabilidade e resiliencia.
Tema 5. - Prevención na práctica. Deseño, aplicación e avaliación de programas de prevención.
Avaliación de necesidades e recursos. Selección e adaptación de programas. Avaliación de programas. Proceso de implementación e diseminación.
Tema 6. - Programas empíricamente validados. Ámbitos da intervención preventiva. Que funciona en prevención. Características dos programas de prevención exitosos. Un exemplo de boa práctica: O programa Construíndo Saúde
Tema 7. -. Futuro da prevención. Psicoloxía crítica.
Clases interactivas
. Cultura, contextos de conduta e prevención: conducta preventiva como actos de significado.
. Avaliación do risco
. A personalidade saudable.
. Políticas preventivas e condicionantes políticos e sociais da prevención.
. Exemplos de programas de prevención empíricamente validados.
Básica
Fernández-Ríos, L. y Gómez-Fraguela, J.A. (2007). La psicología preventiva en la intervención social. Madrid. Síntesis.
Luengo, A., Gómez-Fraguela, J.A., Garra, A. Romero, E., y Lence, M. (1999) La prevención del consumo de drogas y la conducta antisocial en la escuela: análisis y evaluación de un programa. Madrid: Ministerio de Educación y Cultura, Ministerio de Sanidad y Consumo y Ministerio del Interio.
Os contidos da materia facilitaranse en soporte papel o primeiro día de clase, ou ben, se existen circunstancias especiais, poñeranse en acceso online. Será o material para avaliar xa ben sexa a través de exame ou por medio de traballos.
Complementaria
Acero, A. Guía práctica para una prevención eficaz. ADES (Asociación de Técnicos para el Desarrollo de Programas Sociales) PNSD. Madrid-
Andrade Seidi, M.L.y Pereira, S. (2011). Resiliencia familiar.nuevas perspectivas en la promoción y prevención en la salud. Perspect. Psicol. 7,1 43-45
Bloom, M. (1996). Primary prevention practices. London: Sage Publications.
Breakwell, G. M. (2007). The psychology of risk. Cambridge: Cambridge University Press.
CSAP (2002). ACHIEVING OUTCOMES: A Practitioner’s Guide to Effective Prevention. Substance Abuse and Mental Health Services Administration SAMHSA..
CSAP (2009). Identifying and selecting Evidence-Based Interventions, Substance Abuse and Mental Health Services Administrativo SAMHSA.
Goldstein, S., & Brooks, R. B. (Eds.). (2005). Handbook of resilience in children. New York: Kluwer Academic/Plenum Publishers.
Gómez-Fraguela, J.A. et al. (2002). Prevención del consumo de drogas en la escuela: cuatro años de seguimiento de un programa. Psicothema, 14, 685-692.
Guidelines for Prevention in Psychology . APA. 2014. http://www.apa.org/pubs/journals/features/amp-a0034569.pdf
Gullotta, T.P. y Bloom, M. (Eds.) ( 2003). Encyclopedia of Primary Prevention and Health Promotion. New York: Springer.
Hage, S. M., Romano, J. L., Conyne, R. K., Kenny, M., Matthews, C., Schwartz, J. P., & Waldo, M. (2007). Best practice guidelines on prevention practice, research, training, and social advocacy for psychologists. The Counseling Psychologist, 35, 493–566.
Jeniccek, M y Feinstein, M.D . (1996) Epidemiología. La lógica de la medicina moderna. Barcelona. Masson, S.A.
Lemos, S. (1996) Factores de riesgo y protección en psicopatología en niños y adolescentes en: Buendía, J. Psicopatología en niños y adolescentes. Desarrollos actuales. Madrid: Pirámide.
O’Connell, M. E., Boat, T., and Kenneth E. Warner, K. E. (Eds.) (2009) Preventing Mental and emotional and Behavior Disordes Among Young People. Wasington . The National Academic Press
Park, N, Peterson, Ch. y Sun J.K. (2013) La psicologia postitiva : Investigación y aplicaciones. Terapia Psicologica, 31, 1, 11-19.
Sloboda, Z., & Bukoski, W. J. (Eds.). (2006). Handbook of drug abuse prevention : Theory, science, and practice. New York: Springer.
Slovic, P. (2000). The perception of risk. London ; Sterling, VA: Earthscan Publications.
Tortella-Feliu, M. (2002) La nueva prevención: Programas específicos para los trastornos de ansiedad y depresión. En: Servera Barceló, M. (2002). Intervención en los trastornos del comportamiento infantil. Una perspectiva conductual de sistemas. Madrid. Pirámide.
Vazquez, C. y Hervas, G. Eds. (2008). Psicología positiva aplicada. Desclée de Brouwer. Bilbao.
Competencias específicas da titulación:
. Identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica
. Identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
. As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía
. Os principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións
. Os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo
. Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
. Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
. Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados
. Transmitirlles aos destinatarios, de forma adecuada e precisa, os resultados da avaliación
. Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
. Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía
Competencias específicas da materia:
. Coñecer os termos e conceptos fundamentais da prevención.
. Ser capaz de identificar as necesidades, os factores de risco e protección presentes nun contexto determinado.
. Poder analizar e seleccionar programas de prevención que se axusten aos estándares internacionais admitidos como boas prácticas
. Poder deseñar, aplicar e avaliar programas de prevención en diferentes contextos e para distintas poboacións.
Metodoloxía de ensino
No espazo europeo de educación superior, o profesorado resalta o proceso de aprendizaxe que permitan ao alumno desenvolver estratexias críticas e reflexivas en cada contexto cultural.
A dinámica desta materia basearase en clases teóricas, clases interactivas, titorías e a aula virtual. Nas clases teóricas expoñeranse os principais contidos da materia, fomentando o debate e discusión cos alumnos sobre os temas tratados. Estes debates adquiren máis importancia nas clases interactivas, nas que se levaron a cabo debates sobre lecturas, presentación de programas concretos, exposición de traballos, etc.
Esas dinámicas veranse complementadas polas titorías, onde os alumnos poderán expor as súas dúbidas e cuestións sobre a materia. A realización destas titorías poderán realizarse de forma presencial ou de forma virtual. Un complemento importante desta materia tamén será a aula virtual creada no campus virtual da USC. Nesta aula os estudantes matriculados na materia poderán acceder a materiais e actividades complementarias do traballo realizado de forma presencial.
A metodoloxía de enseñanza será a través de lecturas, realización de traballos, e o deseño dun programa de prevención, con todos os seus pasos.
En función da situación sanitaria a metodoloxía da ensinanza pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver observacións).
Avaliaranse as competencias de coñecemento e destrezas ou habilidades e actitudes incluídos na materia. Propóñense dous modos de avaliación posible, a elección do/a estudante:
1. Combinación dunha proba específica, correspondente a exame escrito con preguntas a desenvolver (tipo tema), que representa o 70% da puntuación, coa realización e presentación dun traballo sobre o deseño dun programa de prevención, que supón o 30% restante da nota da materia.
2. Avaliación continua formativa, a través de tarefas e traballos e o deseño dun programa de prevención.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptacións a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver observacións).
As horas presenciais da materia distribúense da seguinte forma: 26 horas de sesións expositivas, 11,5 h. sesións interactivas e 1 hora de titoría. O tempo de traballo non presencial estímase nunhas 72 horas. Isto inclúe a lectura e preparación de material de apoio, a elaboración de traballos e as horas de estudo.
Recomendacións previas: Coñecer os procesos básicos de de a psicoloxía da aprendizaxe e de psicoloxía evolutiva, avaliación e tratamentos, os mecanismos de influencia social, psicoloxía de grupos; metodoloxía básica de investigación social tanto cuantitativa, como cualitativa; interese por coñecer os principios básicos de antropoloxía cultural e socioloxía cultural.
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Metodoloxía da ensinanza:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, poderá ter lugar a substitución de algunha (o toda a) docencia presencial por docencia telemática. Ademáis, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia.
Sistema de avaliación:
Dependendo das circunstancias sanitarias, se a docencia debe impartirse nun escenario 2 (semipresencialidade) ou escenario 3 (docencia en remoto) o sistema de avaliación será, exclusivamente, a avaliación continua formativa.
Calquera cuestión imprevista que poida xurdir será solucionada en diálogo cos representantes dos alumnos.
Luis Fernandez Rios
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- luis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:25 | I1 I3.2 | Castelán | Aula 11 |
10:35-12:00 | I3.1 I4 | Castelán | Aula 11 |
12:10-13:30 | GRUPO B (M-Z) | Castelán | Aula 11 |
13:40-15:00 | GRUPO A (A-L) | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
12:10-13:30 | GRUPO A (A-L) | Castelán | Aula 10 |
13:40-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Castelán | Aula 11 |
Mércores | |||
09:00-10:25 | I5 I6 | Castelán | Aula 11 |
10:35-12:00 | I2.2 I7 | Castelán | Aula 11 |
Venres | |||
09:00-10:25 | I2.1 I8 | Castelán | Aula 11 |
23.03.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 1 |
23.03.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 1 |
23.03.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 3 |
23.03.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 3 |
23.03.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 6 |
23.03.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 6 |
22.06.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 1 |
22.06.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 1 |
22.06.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 3 |
22.06.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 3 |
22.06.2021 12:30-15:00 | GRUPO A (A-L) | Aula 2 |
22.06.2021 12:30-15:00 | GRUPO B (M-Z) | Aula 2 |