Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender a perspectiva da neuropsicoloxía no estudo do comportamento humano, os seus presupostos, a contribución dos seus principais autores, as súas posibilidades e limitacións.
- Coñecer os campos de aplicación científica e profesional da neuropsicoloxia ea súa relación con outras disciplinas psicolóxicas e neurocientíficas.
- Proporcionarlle ao alumno coñecementos que lle permitan identificar os principais trastornos neuropsicolóxicos, etioloxía coñecida e correlatos anatómicos e funcionais.
- Coñecer a un nivel básico as técnicas xerais de avaliación neuropsicolóxica máis comunmente usadas, e os principios da interpretación dos resultados e elaboración de informes.
Programa teórico
1. Introdución á Neuropsicoloxía: Delimitación conceptual e relación con outras disciplinas afíns. Antecedentes e desenvolvemento da Neuropsicoloxía actual.
2. Principios da función cerebral: Funcións corticais e especialización hemisférica. Implicacións neuropsicolóxicas da patoloxía neurolóxica.
3. Afasias e trastornos relacionados: Definición, tipos e avaliación.
4. Apraxias: Definición, tipos e avaliación.
5. Agnosias: Definición, tipos e avaliación.
6. Amnesias: Definición, tipos e avaliación.
7. Trastornos da atención: Definición, tipos e avaliación.
8. Neuropsicoloxía do lóbulo frontal: Neuroanatomía e organización funcional. Síndromes frontais.
Programa de prácticas
1. Principios da avaliación neuropsicolóxica.
2. Avaliación neuropsicolóxica das afasias.
3. Avaliación neuropsicolóxica das apraxias.
4. Avaliación neuropsicolóxica das agnosias.
5. Avaliación neuropsicolóxica das amnesias.
6. Avaliación neuropsicolóxica dos trastornos de atención.
7. Avaliación neuropsicolóxica de funcións frontais.
8. Elaboración do informe neuropsicolóxico.
9. Casos clínicos.
Bibliografía básica
Arnedo, M., Bembibre, J. e Triviño, M. (2013). Neuropsicología: a través de casos clínicos. Madrid: Médica Panamericana.
Junqué, C. e Barroso, J. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología. Madrid: Síntesis.
Kolb, B. e Whishaw, I.Q. (2017). Neuropsicología humana (7 ª ed.) Madrid: Médica Panamericana.
Bibliografía Complementaria
Barrio Alba del, A. (2018). El informe neuropsicológico. Madrid: Síntesis.
Corral Varela, M. (2018). Evaluación neuropsicológica de la memoria. Madrid. Síntesis.
Gil, R. (2019) Neuropsicología (7ª ed.). Barcelona: Elsevier.
Goddglass, H. e Kaplan, E. (2005). Evaluación de la Afasia y Trastornos Relacionados (3 ª ed.) Buenos Aires: Panamericana Médica.
Junqué C., Bruna, O. e Mataró, M. (2004). Neuropsicología del lenguaje. Barcelona: Masson
Lezak, M.D., Howieson, D.B, Bigler, E.D. e Tranel, D. (2012). Neuropsychological Assessment. New York: Oxford University Press.
Luria, A.R. (1983). Las funciones corticales superiores del hombre y sus alteraciones por lesiones locales del cerebro. Barcelona: Fontanella.
Maestú Unturbe, F., Ríos Lago, M. e Cabestrero Alonso, R. (2008). Neuroimagen: Técnicas y procesos cognitivos. Barcelona: Elsevier Masson.
Mitrushina, M.N., Boone, K.B., Razani, J. e D’Elia, L.F. (2005) Handbook of normative data for neuropsychological assessment (2ª Ed). New York: Oxford University Press.
Mora, F. e Sanguineti, A.M. (1994). Diccionario de Neurociencias. Madrid: Alianza.
Peña- Casanova, J., Gramunt Fombuena, N, e Gich Fullá, J. (2005). Test Neuropsicológicos: Fundamentos para una neuropsicología clínica basada en evidencias. Barcelona: Masson.
Peña-Casanova,J. (2007). Neurología de la Conducta y Neuropsicología. Madrid: Médica Panamericana.
Pérez García, M. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide.
Portellano Pérez, J.A. e García Alba, J. (2014). Neuropsicología de la atención, las funciones ejecutivas y la memoria. Madrid: Síntesis.
Purves,D., Agustine, G.J., Fitzpatrick, D., Hall, W.C., La Mantia, A, e White, L.E. (2016). Neurociencia (5ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
Rains, G.D. (2004). Principios de Neuropsicología Humana. Mexico: McGrawHill.
Ropper, A.H. e Samuels, M. (2017) Adams y Victor. Principios de Neurología (10ª ed) México: McGraw-Hill Interamericana de España.
Springer, S.P. e Deutsch, G.(2004). Cerebro izquierdo, Cerebro derecho. Barcelona: Ariel.
Strauss, E, Sherman, E.M.J. e Spreen, O. (2006). A compendium of neuropsychological tests. Administration, norms and comentary (3ª Ed.) New York: Oxord University Press.
Tirapu Ustárroz, J., Rios-Lago, M. e Maestú, F. (2011). Manual de Neuropsicología (2ª edición). Barcelona: Viguera Editores.
Young, P.A. e Young , P.H. (2004). Neuroanatomía Clínica Funcional. Barcelona: Masson.
Sitios web de interese:
División de Neuropsicoloxía Clínica APA: http://www.div40.org/
Das competencias específicas da titulación, nesta materia abórdanse as seguintes:
Relacionadas con coñecementos:
- Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Coñecer e comprender os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
- Coñecer e comprender os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-
Relacionadas con habilidades e destrezas:
- Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
- Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
- Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da súde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
- Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
- Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
- Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
- Coñecer e comprender a perspectiva da Neuropsicoloxía no estudo do comportamento, as súas posibilidades e limitacións.
- Coñecer os campos de aplicación científica e profesional da neuropsicoloxia ea súa relación con outras disciplinas psicolóxicas e neurocientíficas.
- Coñecer os principais trastornos neuropsicolóxicos, a súa etioloxía e caracterización diagnóstica.
- Desenvolver a capacidade de medir e describir variables relacionadas co funcionamento neuropsicolóxico.
- Familiarizarse co proceso de avaliación, corrección, interpretación e diagnóstico neuropsicolóxico.
- Coñecer e saber como aplicar, nun nivel básico, os principais test específicos para a avaliación de trastornos neuropsicolóxicos, con respecto aos principios éticos e deontoloxícos da profesión.
- Saber diseñar unha avaliación neuropsicolóxica adecuada ás características dos destinatarios/as, para niveis de intervención que no requiran dunha cualificación especializada.
- Comprender os principios da interpretación dos resultados da avaliación neuropsicolóxica e aprender a organizar os informes.
- Impulsar o pensamento crítico, promover actitudes positivas en relación á discapacidade, así como a tolerancia e o respecto da diversidade.
(1) A docencia expositiva está programada para levarse a cabo en 24 sesións de 55 minutos (contemplando o tempo necesario para cumplir as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura). Nelas se introducen e explican os principais temas do programa teórico, e estarán ilustradas con presentacións audiovisuais. Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o/a alumno/a disporá con antelación -a través do Campus Virtual da USC- do material de apoio audiovisual e calquera outro complementario empregado nas clases.
(2) As sesións interactivas, impartiranse en 9 grupos no Laboratorio de Neuropsicoloxía, (planta -2, módulo A) en sesións de aproximadamente 85 minutos (contemplando o tempo necesario para cumplir as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura). Para lograr o máximo aproveitamento do tempo no laboratorio, o estudante deberá estudar previamente os contidos da sesión correspondente recollidos no Cuaderno de prácticas (dispoñible no Campus Virtual e no servizo de reprografía da Facultade). Se solicitará a realización e entrega programada de actividades, con retroalimentación ou autoavaliación, a través do Campus Virtual, onde haberá material de apoio audiovisual adicional, para realizar a evaluación continua formativa.
IMPORTANTE:
-Os estudantes deben asistir necesariamente no día e hora que lles corresponde según a asignación feita pola Facultade.
-Para o desenvolvemento do traballo no Laboratorio por parellas, estas se establecerán de antemán e manteranse ao longo de todalas prácticas.
-Non se aceptarán cambios de grupo e/ou parella, salvo os establecidos previamente ao inicio das prácticas
-Cada estudante debe acudir ás sesións co seu propio Caderno de prácticas e traballar así cada un/unha co seu.
(3) Os grupos reducidos de titorías, van permitir revisar o seguimento do curso e o grao de cumprimento das actividades previstas con indicacións correctoras da aprendizaxe. Organizaráse unha sesión despois da finalización das sesións expositivas. O horario de cada grupo farase público tralo inicio do curso.
(4) Titorías individuais: As profesoras da materia están dispoñibles nos horarios de titorías para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos. O horario de titorías está publicado na páxina web da Facultade, e na porta do despacho das profesoras responsables.
(5) Traballo autónomo do estudante: Ademáis da asistencia ás actividades presenciais, o estudante deberá adicar un tempo á lectura de materiais complementarios e ao estudo dos contidos. Ao longo do curso se recomendarán lecturas complementarias á bibliografía básica de estudo.
* O Campus Virtual da USC será a ferramenta que se utilice para deixar calquera dos materiais relacionados coa docencia da materia, que terán por defecto formato dixital. Adicionalmente poderá dispoñerse de materiais no servizo de reprografía da Facultade.
* Crearanse dous foros específicos no Campus Virtual da USC para atender dúbidas relacionadas coa docencia expositiva e interactiva respectivamente.
* En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A avaliación dos coñecementos e competencias adquiridas realízase de acordo cos seguintes criterios:
(1) Realizarase un exame final escrito, na data oficialmente marcada pola Facultade, do programa teórico completo. Esta proba pesará ata un 70% na cualificación final, e para aqueles estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade, contará cunha segunda oportunidade no mes de xullo. O exame consistirá nunha proba obxectiva de preguntas de múltiple elección (con catro alternativas das cales só unha é correcta), e unha pregunta curta a desenvolver. A puntuación na proba obxectiva terá un máximo de 5 puntos, e a pregunta curta un máximo de 2 puntos. A nota final é o resultado da suma de ambalas dúas partes.
(2) Mediante a entrega programada de actividades con retroalimentación ou autoavaliación, ben presencialmente ou ben a traves do Campus Virtual, levarase a cabo unha avaliación continua formativa da docencia interactiva. Esta avaliación terá un peso do 30% na cualificación final.
* Para que calquera dos dous elementos nos que descansa a avaliación (interactivas, exame) sume na cualificación final debe acadarse un nivel mínimo en cada un deles que represente un 45% da puntuación máxima.
* Os estudantes que cursasen unha materia equivalente noutra universidade no marco de programas de intercambio poderán examinarse na "segunda oportunidade" ao abeiro da Resolución Reitoral de 14 de maio de 2012 (DOG de 28 de maio) pola que se publica a modificación do Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes
* En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
- Asistencia ás actividades presenciais: 40,5 horas (expositivas: 24 h; interactivas: 13,5 h; titorías en grupos reducidos: 1 h; Avaliación: 2 h)
- Traballo non presencial: 72 horas (preparación previa das clases: aprox.12 h, lectura e estudo de materiais: aproximadamente 60 h).
Para un correcto seguimento desta materia recoméndase:
(1) Ter conseguidos os obxectivos establecidos no plan de estudos para o 1º e 2º curso do Grao, nomeadamente no relativo ás materias máis directamente relacionadas con esta: Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Condutual; Neurociencia Cognitiva, Avaliación Psicolóxica I e Psicometría.
(2) Levar ao día as restantes materias de 3º curso, con especial atención tamén a máis vinculada a esta: Avaliación Psicolóxica II.
(3) Seguimento continuado da materia: asistencia regular ás clases expositivas e interactivas; participacón activa nas clases; aproveitamento das tutorías para solucionar dúbidas ou orientar o proceso de aprendizaxe; lectura dos materiais e estudo de contidos conforme se desenvolve o programa. É necesaria a lectura do Caderno de Prácticas antes de asistir ás sesións interactivas.
- Idioma: As clases impartiranse en español.
-A coordinadora da materia é a profesora Dolores Rodríguez Salgado; sen embargo, para as cuestións relacionadas coas sesións interactivas as primeiras persoas de contacto serán as profesoras Montserrat Corral Varela e Sonia Doallo Pesado.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Escenario 2 (docencia semipresencial)
Seguindo o mesmo calendario e distribución horaria se realizarán as seguintes adaptacións:
-As sesións expositivas impartiranse presencialmente para a metade dos contidos, con asistencia alterna dos subgrupos nos que se dividan os grupos de expositivas (A1/A2; B1/B2). Os restantes contidos impartiríanse mediante actividades non presenciais. Coma no escenario 1 o alumnado terá dispoñible con anticipación -a través do Campus Virtual da USC- todo o material de apoio audiovisual e calquera outro complementario empregado para a docencia.
-As sesións interactivas, utilizarán a mesma metodoloxía que no escenario 1
-As titorías de grupo reducido levaranse a cabo igual que no escenario 1
-As titorías individuais poderán levarse a cabo ben de modo presencial ou telemático (a través de Teams).
Escenario 3 (docencia telemática)
Seguindo o mesmo calendario e distribución horaria se realizarán as seguintes adaptacións:
-As sesións expositivas levaranse a cabo en sesións virtuais a través do equipo da materia en Teams. Coma nos escenarios 1 e 2, o alumnado terá dispoñible con anticipación -a través do Campus Virtual da USC- todo o material de apoio audiovisual e calquera outro complementario empregado para a docencia.
-As sesións interactivas se impartirán en 9 grupos en sesións virtuais síncronas a través do equipo da materia en Teams. O material necesario para a realización das actividades previstas estará dispoñible no Campus Virtual con antelación para que o/a estudante poida familiarizarse con él antes da sesión interactiva. Se solicitará a realización e entrega programada de actividades, con retroalimentación ou autoavaliación, a través do Campus Virtual, onde haberá material de apoio audiovisual adicional, para realizar a avaliación contínua formativa.
-As titorías, tanto de grupos reducidos como individuais se levarán a cabo no mesmo horario que no Escenario 1 pero exclusivamente a través de medios telemáticos dende o equipo da materia en Teams.
*Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos da docencia expositia e/ou interactiva poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación da aprendizaxe será o mesmo nos tres escenarios, pero dependendo das circunstancias sanitarias tódalas actividades contempladas para a avaliación contínua e as titorías poderán pasar a ser telemáticas. De igual modo, a proba final poderá ter lugar de maneira telemática. En calquera caso, se terá en conta que “para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Montserrat Corral Varela
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813885
- Correo electrónico
- montse.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Dolores Rodríguez Salgado
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813917
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sonia Doallo Pesado
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813916
- Correo electrónico
- sonia.doallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Leiros Lorenzo
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Correo electrónico
- maria.leiros [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Alba Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Correo electrónico
- alba.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Uxía Ferreiro Caneiro
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Correo electrónico
- uxia.ferreiro [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:35-15:00 | I9 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
Mércores | |||
10:00-10:50 | GRUPO B (M-Z) | Galego | Aula 9 |
11:00-11:50 | GRUPO A (A-L) | Galego | Aula 8 |
Venres | |||
10:00-10:50 | GRUPO B (M-Z) | Galego | Aula 9 |
11:00-11:50 | GRUPO A (A-L) | Galego | Aula 8 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 1 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 1 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 5 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 5 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 6 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 6 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 7 |
31.05.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 7 |
07.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 4 |
07.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 4 |
07.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 5 |
07.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 5 |
07.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO B (M-Z) | Aula 6 |
07.07.2021 16:30-18:30 | GRUPO A (A-L) | Aula 6 |