Este curso, organizado pola BUSC, ofrece a oportunidade de adquirir habilidades e capacidades para obter unha información de calidade, fiable, adecuada e útil aos intereses e necesidades do PTXAS da USC. Entre as persoas destinatarias da formación non se atopa o persoal da BUSC, que conta co seu propio curso de competencias informacionais.

Este curso, realizarase na modalidade en liña a través do Campus Virtual da USC. O número de prazas dispoñibles é de 50. Entre os destinatarios da formación non se atopa o persoal da BUSC, que conta co seu propio curso de competencias informacionais.
Nun momento de saturación de información, este curso:
- Ofrece a oportunidade de adquirir habilidades e capacidades para obter unha información de calidade, fiable, adecuada e útil aos intereses e necesidades do PTXAS da USC.
- Permite aprender a discernir cal é a fonte e o recurso máis apropiado, así como avaliar a súa idoneidade e darlle o uso axeitado, ético e legal.
- Mostra as ferramentas básicas para a edición de contidos dixitais e para protexer a identidade dixital.
Podes inscribirte ata o 12 de maio nesta ligazón: https://www3.usc.es/formacionpas/wCursosConvocados.asp
Precisase conexión a internet e acceso remoto aos recursos da Biblioteca a través do proxy autenticado da USC.
Para atopar máis información, consulta a ficha do curso.