Ir o contido principal

Seminario web con inscrición previa

Descubre o novo EBSCOhost

06.02.2025 | 16.00h-17.00h

EBSCO organiza unha sesión formativa para a USC co fin de dar a coñecer as novas funcionalidades e melloras da plataforma.

A formación do 6 de febreiro está destinada tanto a estudantes como a PDI
A formación do 6 de febreiro está destinada tanto a estudantes como a PDI

A plataforma de consulta de bases de datos EBSCO vén de realizar unha actualización na súa interfaz de usuario. Con este motivo, o día 6 de febreiro impartirase unha formación online dunha hora de duración, destinada tanto a estudantes como PDI, na que se darán a coñecer os cambios introducidos e as novas funcionalidades.

A sesión será gravada e enviarase un certificado de participación.

Podes inscribirte no seguinte enlace: https://ebsco-spanish.zoom.us/webinar/register/WN_9oLcmpCNSxGM2p_oL_y-NQ

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2025.