Ir o contido principal

Exposición. Biblioteca Concepción Arenal

Exposición da reprodución da obra de Castelao ‘A derradeira lección do mestre’

20.05.2025-30.05.2025 | 08.30h-21.30h

A Biblioteca Concepción Arenal acolle na súa sala de lecer unha reprodución da obra de Castelao "A derradeira lección do mestre" ata o día 30 de maio

A reprodución da obra de Castelao pode visitarse na sala de lecer da biblioteca ata o 30 de maio
A reprodución da obra de Castelao pode visitarse na sala de lecer da biblioteca ata o 30 de maio

A Biblioteca Concepción Arenal acolle na súa sala de lecer, ata o vindeiro 30 de maio, unha reprodución da obra de Castelao "A derradeira lección do mestre". A proposta do grupo Chévere é animar a intervir nunha conversa aberta co cadro, sobre como se constrúe a narrativa da memoria, e na que podes participar a través deste cuestionario: https://acortar.link/cjTpMf.

A actividade está vencellada ao proceso de creación da nova obra de teatro da compañía que se estreará en febreiro do 2026.

Podes atopar máis información no perfil de Facebook da biblioteca Concepción Arenal e na páxina deste proxecto do grupo Chévere.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2025.