Ir o contido principal

Seminario web con inscrición previa

Identificar os documentos máis importantes con Web of Science (nivel básico)

21.10.2025 | 14.00h-15.00h

O II Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science, organizado pola FECYT xunto con Clarivate, terá lugar durante o segundo semestre do ano (xullo-decembro), co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos, por medio de varias sesións gratuitas, en español, de 60 minutos de duración.

Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de outubro
Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de outubro

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión son:

  • Usar filtros para identificar os resultados máis relevantes
  • Aprender a identificar os documentos máis citados segundo o contexto
  • Exportar unha lista de publicacións

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Podes inscribirte picando aquí.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2025.