Ir o contido principal

Exposición

‘Isidorus relectus, o poder da palabra’

24.04.2025-24.05.2025 | 12.00h-21.30h

Biblioteca da Facultade de Filoloxía

A biblioteca da Facultade de Filoloxía organiza unha mostra bibliográfica para dar a coñecer tanto a obra como o perfil intelectual do autor hispalense.

A mostra poderá visitarse do 24 de abril ao 24 de maio
A mostra poderá visitarse do 24 de abril ao 24 de maio

Coa mostra preténdese divulgar o patrimonio da biblioteca universitaria, exhibindo edicións antigas e modernas, así como traducións a diversas linguas da prolífica produción isidoriana.

A exposición dará comezo cunha mesa redonda na que participarán os profesores Xosé Carracedo Fraga, Joel Varela Rodríguez e Helena de Carlos Villamarín, que actuará como moderadora. Esta terá lugar o día 24 de abril ás 12 h. no auditorio da Facultade de Filoloxía.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2025.