Web of Science crea automaticamente un perfil de investigador para cada autor que publica nunha revista da Colección Principal. Este perfil inclúe información como as súas publicacións, afiliacións e revisións por pares realizadas. Cada investigador pode validar o seu contido e os indicadores bibliométricos asociados.

Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.
Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión serán:
- De onde proceden as ligazóns de acceso aberto?
- Ligazóns ao texto completo mediante suscrición institucional
- Instalación, configuración e uso de EndNote Click
Apúntate ao webinar picando nesta ligazón.
As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.