A actividade estrutúrase en tres sesións presenciais

As Comisións de Normalización Lingüística das Facultades de Ciencias da Comunicación e Filoloxía realizarán entre o 25 de outubro e o 22 de novembro o obradoiro de fanzines 'ma_GA_zine!'
A actividade estrutúrase en tres sesións presenciais. A primeira delas, a cargo de Lourdes Pérez González e Pilar Díez Jambrina, analiza o fanzine como artefacto cultural e realizarase o día 25 de outubro de 16.00 a 18.00 horas.
O ilustrador Tomás Guerrero García e a experta en autoedición Lourdes Rodríguez participan na segunda sesión do obradoiro, que servirá para a posta en marcha dos fanzines e terá lugar o día 8 de novembro das 16.00 ás 19.00 horas. A última sesión chegará o 22 de novembro das 16.00 ás 19.00 e conducirá ao peche dos proxectos, que poderán ser enviados aos repositorios dixitais Solidarity Revolutionary center e a Radical Library, a eFanzines e ao fondo existente na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación.
