Facultade de Formación do Profesorado
A instalación proxecta imaxes extraídas dunha escolma de álbumes ilustrados infantís. Os libros escollidos teñen por denominador común a natureza e a idea é convidar ao alumnado e profesorado a xogar coas distintas posibilidades narrativas de luz e sombra, abrindo as expectativas e fomentando tamén a reflexión sobre a nosa relación co medio ambiente.

Co gallo do Día do Libro, dende a área de Educación Visual e Plástica, en colaboración coa Biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado, preséntase a instalación "Narrativas de luz", ubicada na entrada da Facultade. O alumnado de Educación Infantil traballou no desenvolvemento de imaxes seleccionadas de oito libros ilustrados que forman parte do fondo da nosa biblioteca e nos que a natureza- bechos, flores, árbores- ten unha forte presenza.
A escolla baseouse no extraordinario compoñente visual deses álbumes, propoñendo un xogo no que esvaece o texto orixinal para abrirse a outras narrativas: as imaxes, nunhas transparencias que se proxectan sobre a parede, permiten que o público interactúe e cree a súa propia historia, explorando novas formas de contar, incorporando luz, sombras e reflexos como metáforas do cambio e da fraxilidade, a que habita na natureza, permanentemente ameazada pola acción humana.
Os álbums utilizados son:
- Un becho estraño Mon Daporta e Oscar Vilán
- Todos menos uno Éric Battut
- Nadarín Leo Leonni
- Cornelio Leo Leonni
- Un globo vermello Iela Mari
- A mazá e a bolboreta Iela Mari
- Por que Nicolai Popov
- Quen é ese becho? Carmen Queralt