Ir o contido principal

Exposición. Biblioteca Intercentros de Lugo

‘Patrimonio vivo’

16.10.2022-02.11.2025 | 08.30h-21.30h

A mostra recolle imaxes sobre os bens españois que forman parte do patrimonio cultural inmaterial inscritos na UNESCO. Ademais da exposición fotográfica, o vestíbulo da biblioteca acollerá o centro de interese ‘A Galicia intanxible’, unha pequena escolma de obras centradas no patrimonio inmaterial galego.

A inauguración da mostra terá lugar o 16 de outubro ás 12 horas na Biblioteca Intercentros de Lugo
A inauguración da mostra terá lugar o 16 de outubro ás 12 horas na Biblioteca Intercentros de Lugo

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!, única entidade galega acreditada pola UNESCO para o patrimonio cultural inmaterial, propón nesta segunda conmemoración reivindicar a riqueza e diversidade cultural do Estado cunha mostra fotográfica cos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos pola Organización das Nacións Unidas para a Cultura, as Ciencias e a Educación.  
A inauguración da da exposición terá lugar o 16 de outubro ás 12 horas no vestíbulo da Biblioteca Intercentros e estará acompañada dunha actividade de narración oral no que participará alumnado do IES San Xillao, a cargo de Celso Sanmartín, na Sala de Investigadores.  

Ademais da exposición fotográfica, o vestíbulo da biblioteca acollerá o centro de interese ‘A Galicia intanxible’, unha pequena escolma de obras centradas no patrimonio inmaterial galego. 

A mostra poderá visitarse desde o 16 de outubro ata 2 de novembro no horario habitual de apertura da Biblioteca Intercentros: luns a venres de 8:30 a 21:30 e fins de semana e festivos de 10 a 19:30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2025.