29.04.2025 | 16.00h-17.00h
A editorial Wiley organiza varios seminarios para dar a coñecer as claves da produción editorial entre bibliotecarios e investigadores. As formacións terán lugar entre os meses de abril e xuño.

Nesta sesión proporcionarase unha visión xeral sobre o proceso de revisión bibliográfica, que consiste no estudo das publicacións académicas sobre un tema determinado.
Para inscribirte, pica aquí.