Ir o contido principal

Seminario web con inscrición previa

Que hai de novo en Web of Science? (nivel avanzado)

18.09.2025 | 14.00h-15.00h

Web of Science crea automaticamente un perfil de investigador para cada autor que publica nunha revista da Colección Principal. Este perfil inclúe información como as súas publicacións, afiliacións e revisións por pares realizadas. Cada investigador pode validar o seu contido e os indicadores bibliométricos asociados.

Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de setembro
Aberta a inscrición nas formacións de Web of Science de setembro

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse cun correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.  

Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión serán:

  • Busca intelixente
  • Nova colección: Research Commons
  • Colección Principal conectada con Retraction Watch Database

Apúntate ao webinar picando neste enlace.

As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2025.