Día das Escritoras 2025

O luns 13 de outubro celebrarase a X edición do Día das Escritoras baixo o lema: 1975: ¡Escribid, compañeras! Con esta iniciativa preténdese reivindicar o labor e o legado literario das mulleres, tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia. A actividade principal terá lugar no salón de actos da BNE e consiste nunha lectura continuada de varios textos escritos por mulleres e seleccionados por unha comisaria, que este ano é a escritora, crítica literaria e académica Anna Caballé
A primeira edición levouse a cabo en 2016, e desde entón, a data elixida é sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús.
A BNE invita as bibliotecas a organizar actividades en homenaxe ás escritoras e comunicarllo a diaescritoras [at] bne.es (diaescritoras[at]bne[dot]es), desde onde recopilarán a información sobre as actividades programadas para publicala na súa web.
Podes atopar máis información sobre o Día das Escritores na páxina web da Biblioteca Nacional e na da asociación Clásicas y Modernas.