Ir o contido principal

Dispoñible a edición 2025 de Journal Citation Reports

Xa está dispoñible a edición 2025 de Journal Citation Reports
Xa está dispoñible a edición 2025 de Journal Citation Reports
O informe anual de Clarivate, que analiza o impacto das citas académicas nas revistas científicas, xa está publicado cos datos correspondentes ao ano 2024. Entre as novidades desta edición destaca o cambio á hora de xestionar as retractacións para protexer o JIF de posibles distorsións.

Clarivate vén de publicar a edición de 2025 de Journal Citation Reports, no que se reflicten os datos correspondentes ao ano 2024. Nesta edición, a número 50, e como se indica na páxina web de Clarivate, continúase coa expansión do Journal Impact Factor (JIF) e as clasificacións combinadas dos últimos anos, de xeito que nesta última edición séguese a proporcionar JIF a todas as revistas elexibles en Web of Science Core Collection. O JIF evoluciona así cara un marcador a nivel revista, tanto de impacto como de fiabilidade en todas as disciplinas.

Outras das novidades destacables é o cambio na xestión das retractacións para evitar distorsións e diminución da fiabilidade dos datos obtidos. Así, as citas cara contidos e desde contidos retractados, non se contabilizan nas métricas deste ano. Este cambio reduce o risco de inflación das métricas debido a traballos defectuosos e fraudulentos, e reforza a responsabilidade na publicación académica. 

Nesta edición de 2025 inclúense máis de 22.000 revistas de 111 países, divididas en 254 categorías.

Podes obter máis información nesta páxina de Clarivate.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2025.