A hemeroteca da Biblioteca Xeral permanecerá pechada por obras desde o 3 de novembro
 
            Os fondos poderán consultarse na sala de lectura da propia biblioteca 
      
  
    
  
  
  A hemeroteca da Biblioteca Xeral permanecerá pechada por obras desde o vindeiro luns 3 de novembro. Os fondos poderán consultarse na sala de lectura da propia biblioteca, incluídos os fondos en formato microficha.
Dende a BUSC comunicaremos cando este espazo volva a estar dispoñible.