Ir o contido principal

Novo servizo de consulta de postos libres nas bibliotecas

O número de postos libres nas bibliotecas actualízase cada hora
O número de postos libres nas bibliotecas actualízase cada hora
A BUSC pon a disposición da comunidade universitaria un novo servizo a través do cal se pode consultar a porcentaxe de ocupación das bibliotecas e o número de postos libres periodicamente.

A BUSC vén de incluír dentro dos servizos que oferta a través da súa páxina web, a consulta da porcentaxe de ocupación dos distintos puntos de servizo, así como o número de postos libres dispoñibles periodicamente. Para acceder a esta información, é necesario entrar na páxina da biblioteca universitaria e picar no recadro Postos de lectura. Esta información tamén está dispoñible desde a app oficial da USC, no apartado Postos na BUSC da lapela Destacado.
 

Para consultar os postos libres, pica na lapela de Destacado e selecciona Postos na BUSC
Para consultar os postos libres, pica na lapela de Destacado e selecciona Postos na BUSC


A información actualízase aproximadamente cada dúas horas, prazo que pode reducirse nas horas de máxima ocupación. O horario de cobertura vai de luns a venres, entre as 9 e as 21 horas, e as fins de semana e festivos de 9 a 19 horas, nas bibliotecas que abren nesta quenda. Así, este servizo amplía o xa existente en período de horarios extraordinarios, permitindo que a consulta poida realizarse en calquera época do ano.

Ademais, a páxina web da BUSC cambiou a súa interface coa incorporación dun acceso directo ás Coleccións e outro á Oferta de cursos que a BUSC organiza ao longo do ano académico.

A BUSC vén de actualizar a interface da súa páxina web
A BUSC vén de actualizar a interface da súa páxina web
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2025.