Ir o contido principal

Faíscas Culturais

Charla de Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego

19.02.2024 | 11.00h-13.00h

Santiago de Compostela
Campus Norte - Aula 13

A cuarta edición do programa Faíscas Culturais profunda, con intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación teatral especial, na vida e obra de Manuela Rey

Faísca Manuela Rey is in da USC
Faísca Manuela Rey is in da USC

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Na faísca 'Manuela Rey is in da USC' abordarase desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.

Para motivar, para aprender e para coñecer quen era Manuela Rey, a Muller-Lirio, con todo o que era e representaba, como actriz, como autora, como migrante e tamén coa idea de identidade, retrato, icono, xénero, era imprescindible a participación da Facultade de Ciencias da Educación, da didáctica das Artes, de didácticas específicas. Todo o traballo que se desenvolverá nas aulas cristalizará en diferentes actos, comezando pola charla de Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego.

Poderás ver esta faísca o día 19 de febreiro ás 11.00 horas na aula 13 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2024.