A cuarta edición do programa Faíscas Culturais profunda, con intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación teatral especial, na vida e obra de Manuela Rey
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
Na faísca 'Manuela Rey is in da USC' abordarase desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.
Era imprescindible contar coa Facultade de Filoloxía, por razóns obvias, desde perspectivas diferentes e tamén complementarias de Portugal e de Lisboa, nun momento de gran transformación urbana e de enorme florecemento cultural, os anos nos que se formou e triunfou Manuela Rey. A vicedecana Alejandra Ulla coordinou a proposta deste centro, e o profesor Carlos Quiroga articulou a proposta a través da materia 'Literatura portuguesa', coa que se aproximarán ao ‘Contexto da Literatura Portuguesa do século XIX, co teatro como fio condutor'.
Poderás ver esta faísca o día 18 de marzo ás 9.00 horas na Aula C06 da Facultade.