A cuarta edición do programa Faíscas Culturais profunda, con intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación teatral especial, na vida e obra de Manuela Rey
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
Na faísca 'Manuela Rey is in da USC' abordarase desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.
Despois de varias hipóteses sobre a prematura morte de Manuela Rey, parece acreditado que faleceu como consecuencia dunha tuberculose, a denominada daquela ‘peste branca’, por esa cor branquecíña que producía. Manuela Rey era coñecida coma a ‘muller lirio’, supostamente por esa razón. Mónica Pérez Ríos, profesora titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, será a encargada de falar das grandes epidemias, das crises sanitarias dese século en Europa en xeral e en Portugal en particular, do coñecemento científico e das medidas sanitarias aplicadas daquela. O título das clases será ‘O impacto das pandemias na mortalidade do século XIX’, e Terán lugar os días 6 e 15 de febrero
Poderás ver esta faísca os días 6 e 15 de febreiro ás 15.30 horas na aula 3 da Facultade de Medicina e Odontoloxía.