A cuarta edición do programa Faíscas Culturais profunda, con intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación teatral especial, na vida e obra de Manuela Rey
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Na faísca 'Manuela Rey is in da USC' abordaranse desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.
Para estudar e coñecer o momento histórico da vida de Manuela Rey, un grupo de investigación sobre a ‘Emigración galega a Portugal nos séculos XVIII e XIX’ da Facultade de Xeografía de Historia, dirixido por Camilo Fernández Cortizo, propuxo a Domingo González Lopo, gran coñecedor de todo o proceso migratorio dos galegos a Portugal, programar unha conferencia baixo o título ‘As migracións urbanas: Lisboa como destino na época moderna’. A relevancia da migración galega a Portugal nesa época é realmente importante, e no século XIX, o papel que xogou no mundo económico, social e cultural foi moi destacada.
Poderás ver esta faísca o 4 de marzo en dous horarios, ás 17.00 horas na aula 8 e ás 18.00 horas na aula 6 da Facultade de Xeografía e Historia.