Ir o contido principal

Proxección do filme 'O auto das ánimas', de Pablo Lago Dantas

14.05.2025 | 19.30h

Lugo
Salón de Actos da Casa do Saber

O auto das ánimas
O auto das ánimas

O mércores 14 de maio, ás 19.30 horas, proxectarase no Salón de Actos da Casa do Saber o filme 'O auto das ánimas' de Pablo Lago Dantas (España, 2023,  VOG, 73 mns), que estivo nominado á mellor película na sección Retueyos do Festival de Xixón de 2023.

O filme sitúase nunha aldea de Redondela onde a familia de Pablo vive apegada ás súas antigas tradicións e crenzas. Sentindo que non cadraba neste mundo, Pablo marchou hai vinte anos para comezar outra vida lonxe de todos eles. Mais, a medida que tanto el coma a familia van envellecendo, unha sensación inquieta nel comeza a se facer máis forte. No tempo da augardente, a familia reúnese e intúe que quizais xa non lle queda moito tempo. Unha historia de memorias, identidade, rituais e reencontros.

Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e desenvólvese polo Club Cultural Valle-Inclán segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Cartel do filme
Cartel do filme
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2025.