Este curso de verán está orientado cara estudantes universitarios/as de grao e posgrao, docentes e profesionais relacionados cos campos da Bioloxía e da Biotecnoloxía. Abordaranse diversas cuestións novidosas dende a perspectiva da saúde humana e o concepto one health ata a perspectiva ambiental, pasando por aspectos da biotecnoloxía. Os contidos teóricos completaranse cunha mesa redonda e con unha visita técnica de 2h de duración á Bodega Mar de Envero.
Dirección: Jesús López Romalde
Secretaría: Otilia Reyes Ferreira
Lugar de celebración: Facultade de Bioloxía - Campus vida. Santiago de Compostela
1 crédito ECTS
Web propia
Este curso conta cun co-financiamento de Celta Ingenieros, S.L., Proquinorte S.A. y Scharlab S. L.
PROGRAMA
Día 19
9:00 a 9:30
Recepción e benvida aos participantes Inauguración do curso
Decano Jesús López Romalde
Sesión 1. Bioloxía, saúde humana e concepto One Health
9:30-10:30
Conferencia 1-1: Terapias innovadoras fronte a bacterias resistentes aos antimicrobianos. Dna. María del Mar Tomás Carmona.
10:30-11:30
Conferencia 1-2: Epixenómia, Epitranscriptómica e Envellecemento. Dna. Diana Guallar Artal
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00
Conferencia 1-3: Vacinas. D. Federico Martinón Torres
13:00-14:00
Conferencia 1-4: Terapias avanzadas. Dna. Alicia Piñeiro Redondo e Dna. Mariona Baliu Piquei
14:00-16:00
Descanso para comer
16:00-18:00
Mesa redonda: Unha soa saúde.
Relatores: D. Jesús Aboal Viñas, D. Antonio Aguilera Guirao, D. Daniel Franco Ruiz, Dna. Vanesa García Menéndez.
Día 20
Sesión 2: A Bioloxía no eido medioambiental
9:30.10:30
Conferencia 2-1: A importancia dos organismos pequenos: declive de polinización e saúde ambiental. Luís Navarro Echeverría
10:30-11:30
Conferencia 2-2: Solos e saúde ambiental. D. Xosé Lois Otero
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00
Conferencia 2-3: Os efectos do “Prestige” sobre os ecosistemas mariños. D. Victoriano Urgorri
13:00-14:00
Conferencia 2-4: Efectos dos incendios forestais na saúde dos ecosistemas. Dna. Leonor Calvo
14:00-16:30 Descanso para comer
16:30-18:30
Visita á Bodega Mar de Envero
Día 21
Sesión 3: Arcos da vella en Biotecnoloxía
9:30-10:30
Conferencia 3-1: Biotecnoloxía gris e azul: A Biotecnoloxía aplicada ás augas residuais para a protección medioambiental e dos ecosistemas mariños. Dna. Anuska Mosquera Corral
10:30-11:30
Conferencia 3-2: Biotecnoloxía branca: A Biotecnoloxía nos procesos industriais. Dna. Gemma Eibes.
11:30-12:00 Descanso
12:00-13:00
Conferencia 3-3:
Biotecnoloxía vermella: A Biotecnoloxía na medicina e saúde humana. D. José Manuel Brea Floriani
13:00-14:00
Conferencia 3-4: Biotecnoloxía verde e amarela: A Biotecnoloxía na agricultura e nutrición. Dna. Mª Pilar Soengas Fernández
14:00-14:30
Clausura do Curso