Este curso analizará a relación das mulleres medievais co marco espacial no que desenvolveron a súa actividade política e representativa. Entre os seus obxectivos están: ofrecer ferramentas básicas para localizar, interpretar e comprender as sinerxias desenvolvidas entre as mulleres con poder da Idade Media e as escenografías nas que se integran; comprender o valor que ten o espazo no desenvolvemento das relacións entre mulleres e homes na Idade Media e o seu emprego dende o punto de vista do poder; apreciar a construción dos espazos do poder no marco da convivencia nas cidades e no marco da política, en clave de xénero; analizar as estratexias de mobilidade das que se serveron as mulleres poderosas para proxectar a súa imaxe no territorio; coñecer a articulación do territorio a partires das iniciativas desenvolvidas polas mulleres no ámbito laico e espiritual; achegarse ao patrimonio (historiográfico, arqueolóxico, artístico ou librario) para entender as diferentes manifestacións da autoridade feminina e como esta inflúe nun determinado marco espacial e, finalmente, comprender o significado dos lugares simbólicos dos que se servían as mulleres poderosas da Idade Media para construír a súa propia imaxe ou a memoria das súas liñaxes.
Dirección: Diana Pelaz Flores e Miguel García-Fernández
Secretaría: Carla Trincado Rodríguez
Lugar de celebración: Aula 9 - Facultade de Xeografía e Historia - Universidade de Santiago de Compostela
Web propia
Este curso conta cun co-financiamento do proxecto La reginalidad iérica desde/hacia la Europa atlántica. Economías territoriales, escenarios curiales y geografías relacionales (ss. XII-XV) - (Ref. PID2022-141727NB-C22)
PROGRAMA
Día 24
09.30
Inauguración e presentación do Curso de Verán. Miguel García-Fernández (IEGPS) e Diana Pelaz Flores (USC)
10.00-12.00
Os espazos femininos medievais a partir da Cronística de Xoán II e a cultura popular sobre a Idade Media Contemporánea. Israel Sanmartín Barros (USC)
12.00-14.00
Creación de espazos femininos e cultura libraria na Baixa Idade Media. Rosa Rodríguez Porto (USC)
16.00-19.00
(Re)construír os espazos femininos. Tesouros na Biblioteca Xeral. Simon Doubleday (USC)
Día 25
10.00-12.00
Conectar o territorio, configurar a paisaxe histórica. Mulleres e arqueoloxía medieval. José Carlos Sánchez Pardo (USC)
12.00-14.00
Proxección da imaxe feminina no espazo: itinerancia, hospedaxes e padroado das raíñas medievais. Diana Pelaz Flores (USC)
16.00-19.00
Aplicar a perspectiva de xénero á cultura material medieval. Dende o campesiñado ás conexións co poder. Celtia Rodríguez González (USC)
Día 26
10.00-12.00
As mulleres da Rus: dos espazos domésticos ao marco político. Cristian David López Ushakov (USC)
12.00-14.00
Espazos e documentos: reconstruíndo a itinerancia e a proxección espacial das mulleres nobres na Galicia medieval. Miguel García-Fernández (IEGPS)
16.00-19.00
Visibilizar ás damas medievais: estratexias transversais para a valorización social da axencia feminina. Isabel Mellén (UniZar)
Día 27
10.00-12.00
A incardinación das mulleres rexias no control do espazo a través das propiedades patrimoniais. Carla Trincado Rodríguez (USC)
12.00-14.00
Periferia, centralidade e paisaxes femininas. Conclusións dende o Reino de Galicia e as mulleres poderosas. Miguel García-Fernández (IEGPS) e Diana Pelaz Flores (USC)