Os obxectivos do curso son estudar os diferentes significados que se asocian á idea de progreso e prosperidade; analizar as políticas socioeconómicas que procuran o progreso e a prosperidade; estudar o impacto da desmaterialización, o do desacoplamento na realidade enerxética actual; e analizar os principais modelos enerxéticos verdes en España desde unha perspectiva multidisciplinar, tanto teórica como práctica: socioeconómica, normativa, ambiental, técnico, administrativo.
Dirección: Rosa Mª Regueiro Ferreira
Secretaría: Pablo Alonso Fernández
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago
2 créditos ECTS
PROGRAMA
Día 4
9:00-9:30 Recollida de documentación
9:30-10:00 Presentación oficial
10:15 Poñer a vida no centro: cara unha antropoloxía dos límites e da vulnerabilidade
Yayo Herrero, directora xeral de FUHEM
12:00 Mais aló do decrecemento económico.
Xosé Manuel Beiras Torrado, catedrático emérito do departamento de Economía Aplicada Universidade de Santiago de Compostela
16:00 Proxección de documental sobre a alteración do medio natural en Galicia
17:30 Mesa redonda: O custe global da explotación do entorno
Moderada por Rosa Mª Regueiro Ferreira, profesora de Economía Aplicada da USC.
Participan: Bocixa, activista e documentalista; Xoán Ramón Doldán García, profesor de Economía Aplicada da USC; Begoña de Bernardo, experta en temas ambientais.
Día 5
9:00 Claves termodinámicas para entender e cuantificar o agotamento dos recursos do Planeta
Alicia Valero, directora do grupo de Ecoloxía Industrial do Instituto CIRCE.
10:45 Seminario teórico-práctico O metabolismo socioeconómico en España (I)
Óscar Carpintero, profesor de Economía Aplicada da Universidad de Valladolid
12:00 Seminario teórico-práctico O metabolismo socioeconómico en España (II)
Mónica Didonato, profesora de Economía Aplicada da Universidad de Valladolid
16:00 A pegada material como indicador da política ambiental
Pablo Piñero, doutor en Economía Ecolóxica
18:00 O intercambio ecolóxicamente desigual a través dos diferentes enfoques da contabilidade de fluxos materiais
Pablo Alonso Fernández, doutorando de Economía Aplicada da USC
Día 6
9:00 Presentación do libro “Guía sobre la sostenibilidad de la energía eólica en España” Ed.: Paraninfo
Rosa María Regueiro Ferreira, Teresa Gómez Vilariño e Julia Gómez Catasús, coeditoras do libro
10:00 Enerxía, solidariedade e vida. Leccións a partires das iniciativas internacionais
Guadalupe Rodriguez, membro da Organización Salva la Selva/Rettet den Regenwald
12:00 O marco legal da transición enerxética: iniciativas no ámbito local
Alba Nogueira, catedrática de dereito administrativo da USC
16:00 A solución á crise enerxética e a desmaterialización da economía
Antonio Turiel, investigador Científico no Instituto de Ciencias del Mar do CSIC
17:30 A normativa na realidade eólica mariña: cuestións prácticas
Torcuato Teixeira, abogado especialista en economía pesqueira
Día 7
09:30 Mesa redonda: Galicia, tractor en tramitacións de proxectos eólicos. Vagón de cola en protección de hábitats.
Modera Juan José Verdes Gómez.
Participan Ana Martina Varela (Asociación Petón do Lobo), Belén Rodriguez (Adega), Isable Vilalba (Sindicato Labrego Galego)
12:00 Decrescimento e colapso
Carlos Taibo, escritor e editor, profesor xubilado de Ciencia Política e da Administración na Universidad Autónoma de Madrid
14:00 Clausura