Os obxectivos xerais deste curso de verán son (i) dar a coñecer enfoques alternativos para transmitir coñecementos básicos sobre incendios forestais, (ii) intercambiar estratexias pedagóxicas e enfoques anovadores para mellorar a educación do persoal profesional e en formación, (iii) introducir metodoloxías educativas innovadoras para proxectos ambientais como o Aprendizaxe-Servizo, e (iv) favorecer a transferencia de coñecementos sobre incendios forestais á sociedade.
Dirección: Otilia Reyes Ferreira, Pablo Souza Alonso
Secretaría: Beatriz Omil Ignacio, Agustín Merino García
Lugar de celebración: O curso celebrarase entre a Facultade de Bioloxía (Santiago de Compostela) e o concello de Chantada-Taboada (posibilidade de cambio en función da situación de incendios do verán 2023).
1 crédito ECTS
Este curso conta co apoio da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia
Este curso conta cun co-financiamento de ABANCA
Este curso conta cun co-financiamento dos proxectos Plantando Cara al Fuego e Facing Fire
PROGRAMA
Día 12 de Xullo (Mércores)
9:00 a 9:30 Inauguración do curso.
Benvida e presentación a cargo de diferentes autoridades e representantes de: Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Plantando Cara al Fuego e do proxecto Internacional Facing Fire, representantes de estudantes.
9:30 a 10:00 Charla plenaria
Laura Bertha Reyes Sánchez - Presidenta da International Union of Soil Sciences (IUSS)
10:00 a 11.00 Flash presentations (sesión I)
Presentacións breves de proxectos educativos sobre incendios e dos proyectos ApS/ S-L levados a cabo no marco dos proxectos Facing Fire e Plantando cara al Fuego (I).
Participación aberta a diferentes perfís (profesores secundaria, universidade, comunidades, asociacións, ONGs, etc.).
11:00 - 11:15 Pausa descanso
11:15 a 13.30 I sesión de workshops (I parte)
Workshop Aprendizaxe-Servizo - Innovación educativa en temas medioambientais con especial énfase en incendios forestais. Proxectos de aprendizaxe-servizo (ApS) na aula.
Workshop Estratexias educativas - Elaboración de materiais educativos relacionados cos incendios forestais.
Workshop Gamificación - Elaboración de propostas baseadas en xogos para mellorar os contidos educativos ambientais.
Workshop Ferramentas audiovisuais - Como elaborar materiais audiovisuais efectivos no ámbito educativo.
13:30 a 15:00 Almorzo
15:00 a 17:30 II sesión de workshops (II parte)
Continuación dos workshops iniciados na mañá
Día 13 de Xullo (Xoves) SAIDA DE CAMPO
08:30. Saída de Santiago en dirección á zona de traballo. Os workshops levados a cabo no primeiro día van a ter unha aplicación práctica no campo
10:00 a 11:00. Andaina interpretativa con contidos relacionados ca problemática dos incendios forestais, liderada por estudantes ApS.
11:00 a 13:30. Actividades prácticas relacionadas cos contidos dos workshops
Demostración práctica das actividades desenvolvidas nos diferentes proxectos educativos nacionais e internacionais de Aprendizaxe-Servizo e aplicación práctica no campo dos contidos dos workshops.
13:30 a 15:30. Almorzo no campo (música e tradición)
15:30 a 18:00. Ruta interpretativa pola Ribeira Sacra. Descubrimento da biodiversidade e do patrimonio etnográfico e vitivinícola da comarca.
Campfire session I. Ideas que dinamicen a actividade económica no medio rural.
Día 14 de Xullo (Venres)
9:00 a 10:50 Flash presentations (sesión II)
Presentacións breves de proxectos educativos sobre incendios e dos proxectos ApS/ S-L levados a cabo no marco dos proxectos Facing Fire e Plantando cara al Fuego (I).
Participación aberta a diferentes perfís (profesores secundaria, universidade, comunidades, asociacións, ONGs, etc.).
Presentación do grupo Ibérico de Educación sobre incendios forestais.
10:50 a 11:10 Pausa descanso
11:10 a 13:30. Mesa redonda interactiva. As profesión do futuro.
Esta actividade estará dividida en dúas partes. Por unha banda, unha mesa redonda interactiva dirixida por estudantes, propietarios, comunidades, administración e empresa onde se debatirá sobre as profesións do futuro, a carreira profesional en temas de xestión ambiental forestal; habilidades e destrezas requeridas a día de hoxe e perspectivas de futuro.
Por outra banda, organizarase unha Campfire sesion (campfire sesion II), na que os participantes, organizados en pequenos grupos de traballo formados por persoas con diferentes perfiles identificarán necesidades e oportunidades respondendo a diferentes cuestións actuais
13:30 a 15:00 Almorzo
15:00 a 16:30. Sesión de reflexión e interacción acerca dos principais resultados do curso e a súa posible aplicación. Dinámica con enquisas e traballo activo.
Enquisa final.
16:30 a 17:00 Entrega de diplomas e premios ao mellores proxectos de ApS nacional e internacional.
17:00 Despedida e peche do curso de verán.