Ir o contido principal

Os obxectivos do curso son dar a coñecer obras de non ficción para familiarizarse coas potencialidades didácticas que ofrecen no ensino de diferentes disciplinas na educación infantil, primaria e secundaria; presentar estratexias didácticas que partan dos libros ilustrados de non ficción nas diferentes disciplinas e niveis educativos; deseñar propostas didácticas que empreguen estes libros como recursos; e afondar na importancia da lectura como estratexias para crear cidadás e cidadáns críticos.