Ir o contido principal

Neste curso preténdense analizar algúns dos desafíos máis relevantes que debe enfrontar a lingua galega na actualidade e no futuro próximo, como a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital e a situación creada pola presenza de poboacións migrantes con diferentes linguas e culturas. Ademais de describir a situación actual, o foco do curso estará na discusión das necesidades e nas estratexias para poder atendelas.