O obxectivo do curso é explorar de maneira integral a realidade das mulleres migrantes que participan no sistema de traballo en España, centrándose nos aspectos relacionados coa inclusión e as dinámicas laborais (ademais dunha actualización do convenio 189 OIT para as empregadas do fogar. A través dun enfoque interdisciplinario, abordaranse temas como a migración, o xénero, o traballo doméstico, os coidados e as estruturas sociais que impactan na experiencia laboral destas mulleres.
Dirección: Cristina Botana Iglesias
Secretaría: Zinthia Álvarez Palomino
Lugar de celebración: Salón de Graos. Facultade de Socioloxía. Universidade da Coruña
PROGRAMA
Martes día 03
10:00 a 10:30
Inauguración do curso
Benvida por parte da directora Cristina Botana Iglesias e a secretaria Zinthia A. Palomino
Benvida ás participantes e explicación xeral do programa.
10:30 - 12:30
Relatora: Zinthia Álvarez
Introdución nas dinámicas da Migración Femenina
Antecedentes sobre a migración en Galicia.
Contexto sobre a migración femenina actual en Galicia.
Analizar os múltiples factores que impulsan a migración de mulleres a Galicia.
12:30 - 14:00
Relatora: Yosehanna Ledesma
Cómo os factores que impulsan a migración das mulleres afectan a súa inserción no mercado laboral español?
14:00 a 16:00 Pausa para xantar
16:00 a 19:00
Relatora: Zinthia Álvarez
Análisis específico das experiencias e circunstancias da migración femenina en España desde unha perspectiva personal e feminista.
Mércores día 04
10:00 a 10:30 Benvida e presentación da xornada
10:30 a 12:30
Relatoras: Zinthia Álvarez, Cristina Botana, Carlos Diz, Yosehanna Ledesma
Mesa redonda: Contextualización das dinámicas de xénero no traballo
12:30 a 14:00
Relatora: Asociación Servicio Doméstico Activo (SEDOAC)
Análisis das estructuras de xénero presentes no ámbito laboral español/galego e cómo estas afectan ás mulleres migrantes, tanto en termos de oportunidades como de desigualdades.
14:00 a 16:00 Pausa para xantar
16:00 a 19:00
Relatora: Zinthia Álvarez
Migración, vellez e traballo Doméstico e dos Coidados
Aproximación ao papel realizado polas mulleres no traballo doméstico e de coidados, destacando a carga adicional que a miúdo levan e o seu impacto na inclusión laboral.
Xoves día 05
10:00 a 10:30 Benvida e presentación da xornada
10:30 a 12:30 Obradoiro Sector de los cuidados: situación actual, retos e propostas
Facilitadoras: Zinthia Alvarez, Yosehanna Ledesma, Asociación Movilidad Humana
12:30 a 14:00
Relatora: Asociación Movilidad Humana
Inclusión Perversa e Precariedade Laboral: Análisis crítico das prácticas e políticas que poden perpetuar a exclusión ou a precariedade laboral das mulleres migrantes, a pesar da súa participación activa no sistema de traballo español.
14:00 a 16:00 Pausa para xantar
16:00 a 19:00
Relatora: Yosehanna Ledesma
Políticas Gubernamentais: Evaluación das políticas gubernamentais e empresariais que afectan ás mulleres migrantes, incluíndo a Lei de Extranxeiría, leis laborais, programas de integración e medidas de igualdade de xénero.
Venres día 06
10:00 a 10:30 Benvida e presentación da xornada
10:30 a 12:30
Relatora: Asociación Movilidad Humana
Construcción de mecanismos de resistencia ante o Estado: Exploración das diferentes accións e organizacións creadas polas mulleres migrantes para enfrentarse a un sistema laboral perverso, mercantilista e excluínte.
12:30 a 14:00 Mesa de debate e reflexión sobre o curso
Relatoras: Asociación Movilidad Humana, Yosehanna Ledesma, Cristina Botana, Zinthia Álvarez, Carlos Diz
14:00 a 15:00 Clausura