O impulso á economía circular e os novos obxectivos máis ambiciosos de recuperación de materias primas definidos pola Unión Europea derivan en múltiples oportunidades para emprender iniciativas eficientes e sostibles para a sociedade. Neste sentido o sistema alimentario desempeña un papel estratéxico.
Dirección: Sara González García
Secretaría: Rosa Mª Arcos Añón
Lugar de celebración: Salón de Actos. Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). Campus Vida. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. 15782 Santiago de Compostela
2 créditos ECTS
Obxectivos do Curso:
O impulso á economía circular e os novos obxectivos máis ambiciosos de recuperación de materias primas definidos pola Unión Europea derivan en múltiples oportunidades para emprender iniciativas eficientes e sostibles para a sociedade. Neste sentido o sistema alimentario desempeña un papel estratéxico. O concepto de sistema alimentario engloba en si todos os actores -e as relacións que se establecen entre eles-, todos os recursos, todos os procesos e todas as actividades relacionadas coa produción, a elaboración, a distribución, a preparación e o consumo de alimentos, así como os impactos sociais, económicos e ambientais deses procesos e actividades. Para que un sistema alimentario sexa sostible ten que garantir a seguridade alimentaria e a nutrición para todas as persoas no momento presente de tal forma que non se poñan en risco as bases económicas, sociais e ambientais que permitan proporcionar seguridade alimentaria e nutrición ás xeracións futuras. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) desenvolvidos polas Nacións Unidas xeraron o máximo consenso na sociedade sobre a súa relevancia para o futuro do planeta, onde o sistema alimentario e en concreto o sector agroalimentario desempeña un papel moi importante. O curso proposto céntrase na transformación que ten que experimentar o sistema alimentario e en concreto o sector agrícola para acadar os ODS onde a perspectiva de Economía Circular achega solucións de gran interese.
Público a quen vai dirixido:
Licenciados, graduados, diplomados e estudantes de disciplinas técnicas, ambientais e ciencias (e áreas afíns), responsables e técnicos do ámbito ambiental e toda persoa interesada na temática do curso.
Breve descrición de contidos:
O curso desenvolverase mediante a impartición de 4 bloques temáticos (Bloque 1: Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector agroalimentario; Bloque 2: Economía circular; Bloque 3: Binomio alimentación - impacto ambiental; Bloque 4: Talleres) desenvolvidos en xornadas diferentes e interconectados, centrados por unha banda na realización de ponencias de tipo científico-divulgativas, que desenvolverán os contidos fixados e completaranse coa realización dunha visita técnica para visualizar in situ algúns dos casos de estudo que serán expostos nas sesións expositivas así como con cinco talleres onde participarán empresas do sector que teñen unha forte aposta pola sustentabilidade e a economía circular nos seus procesos produtivos. Ao termo de cada sesión realizaranse pequenos debates (brainstorming) entre os participantes e os conferenciantes/poñentes, con obxecto de comentar aspectos relacionados cos relatorios impartidos (dúbidas, comentarios, ...).
PROGRAMA
Mércores 12 de xullo
09:00-09:30 Recepción e acto de apertura do Curso. Prof. Dr. Gumersindo Feijoo.
Vicerrector de Planificación y Proyección Estratégica. Universidade de Santiago de Compostela.
9:30-10:30 Retos e oportunidades da economía circular. Prof. Dr. Gumersindo Feijoo. Universidade de Santiago de Compostela.
10:30-11:30 Axenda 2030 e ODS ¿É posible un sistema alimentario sostible?. Prof. Dr. Silvana Longueira Matos. Universidade de Santiago de Compostela.
11:30-12:00 Pausa café.
12:00-13:00 Dieta Atlántica: características, beneficios e sustentabilidade ambiental Prof. Dr. Mª Rosaura Leis Trabazo. Universidade de Santiago de Compostela.
13:00-14:00 A xestión óptima dos residuos agroalimentarios: clave para alcanzar os ODS. Prof. Dr. María Teresa Barral Silva.
Universidade de Santiago de Compostela.
14:00-15:00 Comida.
15:00-16:00 Evitando rural-washing: Economía circular no sector agroalimentario dende o rural para o rural. Dr. Leticia Regueiro. Consultora de proxectos de sustentabilidade en Medrar Smart Solutions.
16:00-17:00 O uso de restos de louseiras para o control da vexetación en viñedos galegos. Prof. Dr. Javier J. Cancela Barrio. Universidade de Santiago de Compostela.
17:00-18:00 Prácticas vitícolas sostibles e calidade de uva e viño. Mar Vilanova de la Torre. CSIC no Instituto de Ciencias da Vide e do Viño (ICVV)-Logroño
18:00-19:00 Produción do bioplástico polihidroxibutirato (PHB) a partir de auga de cocción de mexillón utilizando unha bacteria halófila. Prof. Dr. Thelmo Lu Chau. Universidade de Santiago de Compostela
Xoves 13 de xullo
9:00-14:30 Visita técnica ao centro loxístico de Vegalsa-Eroski en A Sionlla (Santiago de Compostela).
- Economía circular en VEGALSA-EROSKI. D. Ricardo Castro Santa Cruz.
- Alimentos de proximidade e de estación na Dieta Atlántica: O rol de VEGALSA-EROSKI. Dna. Gabriela González Márquez.
14:30-15:30 Comida.
15:30-17:15 Taller 1: A perspectiva ambiental no concepto de biorrefinería de biomasa lignocelulósica. O potencial da palla de trigo. Ricardo Rebolledo Leiva. Universidade de Santiago de Compostela.
17:15-19:00 Taller 2: ¿Coñecemos a pegada ambiental da nosa dieta? Cristina Cambeses Franco. Universidade de Santiago de Compostela.
Venres 14 de xullo
9:00-11:00 Beneficios ambientais da proteína vexetal. Dr. Laura Batle. Senior Sustainability Manager Heura Foods.
11:00-11:30 Pausa café.
11:30-13:30 FOOD UPCYCLING: Innovando a partir de desperdicio alimentario. Cerveza con pan. Taller 4: Cata de la Cerveza Larger Pan Líquido. José Luis Olmedo Nadal. Gestor de Proyectos I+D+i. HIJOS DE RIVERA INVERSIONES CORPORATIVAS, S.L. Estrella Galicia.
13:30-15:00 Taller 3: Panduru, unha iniciativa de repostería circular. Panduro Economía Circular SLL.
15:00-15:30 Comida.
15:30-17:30 Avaliación do trigo autóctono panificable dentro dun sistema de rotación sostible. Taller 5: Cata de mostras de pan con diferentes proporcións de trigo galego. Dr. Fernando Almeida García. SEMENTARES, S.L. e Panadería Da Cunha.
17:30-18:00 Clausura do Curso.