Afondar en aspectos fundamentais sobre a fisioloxía do exercicio. Adquirir coñecementos sobre as técnicas clásicas e os últimos avances na valoración do estado nutricional do/a deportista, a nutrición personalizada, as axudas ergoxénicas, e a cronobioloxía no deporte. Aprender a trasladar estratexias nutricionais e consello dietético personalizados, co obxectivo de optimizar o rendemento e a recuperación do deportista e previr lesións.
Dirección: Asteria Mª Luzardo Álvarez
Secretaría: Patricia Regal López
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias, Lugo
2 créditos ECTS
PROGRAMA
Día 11 de xullo
8:30 a 9:00
Rexistro e entrega de documentación.
9:00 a 9:15
Inauguración do curso.
9:15
Fisioterapia e nutrición deportiva, parella de ases na recuperación de lesións?
Luisa Ignacia Ibáñez Martín, médico traumatóloga especialista en medicina deportiva, membro do equipo médico do equipo Leche Río Breogán (Lugo).
10:00
Situación nutricional e fisiolóxica no deportista: cara unha nutrición de precisión.
Javier Amezaga Mariezcurrena, investigador doutor en Nutrixenómica e Nutrición personalizada, AZTI (Bizkaia).
11:00
Pausa-café e acceso a aula de Valoración do Estado Nutricional.
12:00
Papel do nutricionista nun equipo de fútbol profesional.
Daniel Pedrosa Loureiro, graduado en Nutrición Humana e Dietética, nutricionista no primeiro equipo do Club Deportivo Lugo (Lugo).
13:00
Resposta inflamatoria e axudas ergoxénicas en deporte: o rol dos ácidos graxos.
Javier Amezaga Mariezcurrena, investigador doutor en Nutrixenómica e Nutrición personalizada, AZTI (Bizkaia).
14:00
Horario libre (xantar)
16:00 a 18:00
Taller de técnicas de bioimpedancia (BIA) para valoración da composición corporal no deportista.
Javier Amezaga Mariezcurrena, investigador doutor en Nutrixenómica e Nutrición personalizada, AZTI (Bizkaia).
Día 12 de xullo
9:00
O papel da xenética no adestramento de alto rendemento.
Nacho Esteban, fundador de 24Genetics e CoFundador de CrossDNA.
10:00
Probióticos e deportes de resistencia, poden realmente axudar?
Alejandra Cardelle Cobas, doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e profesora na área de Nutrición e Bromatoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (Lugo).
11:00
Pausa-café e acceso a aula de Valoración do Estado Nutricional.
12:00
Nutrición deportiva en feminino.
Amil López Viéitez, doutora en Farmacia e Dietista Nutricionista en Dieta Coherente (Vigo), especialista en obesidade, trastornos da alimentación e nutrición deportiva.
13:00
Gastronomía científica e espazos de restauración colectiva para deportistas.
Sergio Brisa e Emanuela Gornati, CEO e chef deportiva en MIOBIO (Valencia). Conferencia impartida a distancia.
14:00
Horario libre (xantar)
16:00
Importancia da antropometría na abordaxe nutricional do deportista profesional.
Alexandre Santiso Seoane, graduado en Nutrición Humana e Dietética, nutricionista deportivo no Real Club Deportivo de A Coruña (A Coruña).
17:00
Binomio fármaco-nutriente no deporte.
Adrián Pereiro, graduado en Farmacia e Nutrición Humana e Dietética, nutricionista deportivo en Nutriciona (A Coruña)
Día 13 de xullo
9:00
Aplicacións informáticas para a valoración nutricional e de composición corporal.
José Miguel Martínez Sanz, diplomado en Nutrición Humana e Dietética e especialista en cineantropometría e nutrición deportiva, profesor titular e investigador no grupo ALINUT na Universidade de Alicante (Alicante).
10:00
Protocolo de valoración nutricional en deportistas.
Francisco Miguel Tobal, médico especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte, Director da Escola de Medicina do Deporte de Madrid na Universidade Complutense (Madrid).
11:00
Pausa-café e acceso a aula de Valoración do Estado Nutricional.
12:00 a 14:00
Taller “Sport-Chef” batidos recuperadores post-exercicio.
José Miguel Martínez Sanz, diplomado en Nutrición Humana e Dietética e especialista en cineantropometría e nutrición deportiva, profesor titular e investigador no grupo ALINUT na Universidade de Alicante (Alicante).
14:00
Horario libre (xantar)
16:00
Claves para a planificación dietético-nutricional de competicións de resistencia.
José Miguel Martínez Sanz, diplomado en Nutrición Humana e Dietética e especialista en cineantropometría e nutrición deportiva, profesor titular e investigador no grupo ALINUT na Universidade de Alicante (Alicante).
17:00
Importancia dunha boa historia clínico-nutricional.
Francisco Miguel Tobal, médico especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte, Director da Escola de Medicina do Deporte de Madrid na Universidade Complutense (Madrid).
Día 14 de xullo
9:00
Técnicas de ergoxenia.
Francisco Miguel Tobal, médico especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte, Director da Escola de Medicina do Deporte de Madrid na Universidade Complutense (Madrid).
10:30
Pausa e acceso a aula de Valoración do Estado Nutricional.
Proba final mediante cuestionario online (a realizar antes da clausura)
12:00
Clausura oficial do curso.