O terrestre virou un actor político e a habitabilidade do planeta xa non parece estar garantida. Afeitos a tratar a Terra como un pano de fondo, a incursión do terrestre nas nosas formas de vida constitúe un desafío colectivo que remarca a nosa vulnerabilidade e, ao mesmo tempo, abre outras posibilidades de existencia terrestre. Partindo da noción do raro (Preciado, 2002; Fisher, 2016), neste curso indagaremos sobre esas condicións de habitabilidade emerxente: xeografías raras.
Dirección: Brais Estévez
Secretaría: Iago Carro
Lugar de celebración: Facultade de Xeografía e Historia - Santiago de Compostela
PROGRAMA
Día 8
10:30 a 14:00
O novo réxime climático
Brais Estévez, Universidade de Santiago de Compostela
16:00 a 19:30
O xenérico
Iago Carro, Ergosfera
Día 9
10:30 a 14:00
Os saberes subalternizados
Cristina Botana, Universidade de Santiago de Compostela
16:00 a 19:30
Os feminismos
María Novas, Universidade de Leiden
Día 10
10:30 a 14:00
O poder
Antonio Giráldez, Universidade de Santiago de Compostela e Bartlebooth
16:00 a 19:30
O conflito
Glória Cecília dos Santos Figueiredo, Universidade Federal da Bahia
Día 12
10:00 a 15:00
Deriva en común desde a Facultade de Xeografía e Historia ata o barrio do Sar