Ir o contido principal

Os obxectivos do curso son: impulsar a creación de narrativas alternativas sobre temáticas sociais a partir do patrimonio cultural en colaboración entre departamentos de educación de museos, grupos de investigación universitarios e profesorado innovador de educación secundaria; e presentar situacións de aprendizaxe baseadas en recursos de museos para traballar varios ODS, principalmente os de igualdade de xénero, redución de desigualdades, ou saúde e benestar.