Os obxectivos do curso son reflexionar sobre a importancia do legado do pobo xudeu en Galicia e no resto do Estado español; ofrecer unha aproximación informativa sobre a evolución histórica dos sefardís e as súas contribucións culturais, sociais, económicas e políticas á nosa historia; e identificar os puntos de contacto entre o legado sefardí e as nosas culturas, analizando o presente desas relacións e as súas posibles evolucións futuras.
Dirección: Xosé A. Neira Cruz
Secretaría: Xian Lois Alcayde Dans e Juan Andrés Pérez Ingelmo
Lugar de celebración: Casa da Cultura de Ribadavia (Ourense)
2 créditos ECTS
Expulsados, esquecidos, borrados da nosa historia... Porén, os xudeus foron e seguen a ser parte do tecido cultural da Península ibérica. Probablemente ningún outro pobo poida demostrar unha permanencia tan continuada nun territorio que, así e todo, persiste en vivir de costas a esas raíces, das cales beben tradicións que chegan ata os nosos días na arte, na lingua, na literatura, na música, na ciencia, no pensamento e ata na culinaria.
Vén a Ribadavia, unha das xudarías históricas de Galicia, e mergúllate durante catro días nun curso de verán con vocación de recuperar e visibilizar parte do noso.
PROGRAMA
15 de xuño
9:00 Entrega de documentación
9:45 Inauguración
Participantes: Alcaldesa de Ribadavia, ou persoa na que delegue, concelleira de Cultura de Ribadavia, ou persoa na que delegue, presidente da Deputación de Ourense, ou persoa na que delegue, embaixadora de Israel en España e Andorra, ou persoa na que delegue, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, ou persoa na que delegue, e director do curso
10:30 Conferencia inaugural
As pegadas das comunidades xudías en Sefarad
José Hinojosa Montalvo, catedrático emérito de Historia Medieval da Universidade de Alacante e fundador da revista Anales.
12:00 Pausa
12:30 Conferencia
A presenza xudía en Galicia
María Gloria de Antonio Rubio, doutora en Historia e investigadora do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia).
17 horas
Proxección cinematográfica e Mesa redonda: Facer presente Sefarad
17:00-17:15: presentación da película e dos membros da mesa redonda.
17:15-18:45 Proxección cinematográfica:
Título orixinal: Ha-Bilti Rishmi'im (The Unorthodox)
Israel, 2018, 92 min. Comedia/drama.
Dirección: Eliran Malka
Guión: Eliran Malka
Música: Ophir Leibovitch
Fotografía: Yaron Scharf
Reparto: Shuli Rand, Yakov Cohen, Yoav Levi, Golan Azulai, Shifi Aloni, Or Lumbrozo, Tzahi Grad, Yigal Naor
Sinopse: 1983. Yaakov Cohen, o propietario dunha imprenta en Xerusalén, está canso de ser segregado. Ao parecer el naceh da banda equivocado, coa familia e os apelidos equivocados. Nunha arroutada decisiva, Yaakov decide establecer unha fronte sefardí ultra ortodoxa para competir pola municipalidade de Xerusalén. Cun par de amigos improvisan unha campaña sen medios, conexións, nin diñeiro, mais con moita coraxe, paixón e sentido da xustiza.
18:45 Pausa
19:00 Mesa redonda
Participantes: Noa Hakim, voceira da Embaixada de Israel en España; María Royo, responsable de comunicación da Federación de Comunidades Judías de España (FCJE); Marta Puig, xerente da Red de Juderías de España; Walter Wasercier, fundador de Háblame de Sefarad.
Moderador: Xosé A. Neira Cruz, escritor e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, director do curso de verán «As palabras perdidas: vixencia de Sefarad. Pegadas xudías entre nós».
20:30
Inauguración da exposición Benjamín de Tudela. Un viajero en el tiempo, da Red de Juderías de España.
16 de xuño
9:30 Conferencia
Recuperar as pegadas sefardíes: unha aposta cultural e turística
Walter Wasercier, fundador de Háblame de Sefarad.
11:00
As xuderías españolas como valor cultural e turístico
Marta Puig, directora xerente da Red de Juderías de España
12:30 Pausa
13:00 Conferencia
O panorama cultural israelí actual e a súa expansión polo mundo
Noa Hakim, voceira da Embaixada de Israel en España.
16:00 Obradoiro
Entre oralidade e escritura. Entre tradición e modernidade. Xéneros tradicionais e adoptados sefardíes. Unidade 1
María Sánchez Pérez, profesora de IEMYRhd-Universidade de Salamanca.
18:00 Pausa
18:30 Conferencia
Sefarad hoxe. As comunidades xudías na España actual
María Royo, responsable de comunicación da Federación de Comunidades Judías de España (FCJE)
20:00 Concerto de música sefardí e recital poético en xudeuespañol
17 de xuño
9:30 Conferencia
A lingua e a literatura dos sefardíes
Paloma Díaz-Mas, ex-catedrática da Universidade do País Vasco, especialista en estudos sefardíes no CSIC, novelista e membro da Real Academia Española.
11:00 Conferencia
Escribir Sefarad
Esther Bendahan Cohen, escritora, gañadora do XXIII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá da Deputación da Coruña (2011) e responsable do departamento de Cultura do Centro Sefarad-Israel (Madrid)
12:30 Pausa
13:00 Conferencia
Sefarad: onde hai atención non hai esquecemento
Sebastián de la Obra, director da Casa de Sefarad (Córdoba)
16:00 Obradoiro
Entre oralidade e escritura. Entre tradición e modernidade. Xéneros tradicionais e adoptados sefardíes. Unidade 2
María Sánchez Pérez, profesora de IEMYRhd-Universidade de Salamanca.
18:00 Pausa
18:30 Conferencia
Memoria pasada e presente das xuderías europeas
Assumpció Hosta, secretaria xeral de AEPJ, Association of European Jewish Heritage.
20:00 Dramatización teatral
18 de xuño
9:30 Conferencia
Os xudaizantes de Ribadavia
José Ramón Estévez Pérez, escritor, investigador e experto na historia de Ribadavia
10:30 Conferencia
Vestixios xudeus en Monforte de Lemos
Felipe Aira Pardo, escritor, investigador e experto na historia de Monforte de Lemos
11:30 Conferencia
Raíces xudías nunha xenealoxía ribeirana
Xosé Ramón Pousa Estévez, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, ex decano da dita facultade, Universidade de Santiago de Compostela.
12:30 Paseo guiado polo barrio xudeu de Ribadavia
16:00 hora: Obradoiro
A cociña xudía na Idade Media
Obradoiro de cociña xudía-medieval a cargo de Álvaro López Asensio, historiador, teólogo, escritor e experto en culinaria sefardí.
18:30 Pausa
19:00 Conclusións do curso